Amosando publicacións coa etiqueta Liutprando. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Liutprando. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de decembro de 2015

744

dirham de Marwan II
febreiro: morre Liutprando por causas naturais; sucédeo Hildeprando o Inútil, sobriño seu.

Abd al-Rahman ibn Habib, neto de Uqba ibn Nafi, gobernador de Ifriqiya, proclámase independente de Túnez.

marzo, 2: sínodo de Soissons para toda a igrexa franca, que acaba coa condena de Adalberto a instigación de Pipino e Bonifacio. Adalberto sementara de cruces de madeira o territorio e animara a xente a rezar onda elas. O sínodo condénao ao silencio e a arrancar todas as cruces sementadas.

abril, 17: al-Walid II é asediado e asasinado na súa fortaleza de Bakra, cerca de Palmira, por forzas xiítas baixo Sulayman ibn Hisham. O seu sucesor é Yazid III, curmán seu.

xullo: turcos baixo Uyghur, Karluk e Basmyl, con axuda Tang, non membros do clan de Ashina, perpetran un golpe e matan ao último kaghan Ozmich e acaban co citado clan fundando o imperio Ouigour.

setembro, 25: morre Yazid III dun tumor cerebral, sucedido polo seu irmán Ibrahim, quen so é recoñecido en partes de Syria. Contra el álzase Marwan II, umayyad, que se considera vingador de al-Walid II.

o conde alamano Theudebald rebélase en Alsacia mais Pipino recobra o control da rexión.

outubro: Hildeprando é derrocado por un concilio de nobres debido á súa incompetencia, sendo sucedido polo duque de Friuli, Ratchis, que asina un tratado de paz con Zacarías. Duque de Friuli é agora Aistulfo.

o bérber Salih ibn Taif proclámase profeta e funda o reino de Bargawata (oeste de Marrocos).

constrúese o 'wat's dyke' con terra, que será fronteira entre Mercia e Powys.

outubro: revolta xií en Kufa por parte de Abd Allah ibn Muawiya que se estende a outras zonas.

novembro, 18: vitoria de Marwan II en Anjar sobre as forzas de Ibrahim, quen se somete.

decembro, 7: Marwan II entra en Damasco, sendo recoñecido como califa. Instálase en Harran.

martes, 8 de decembro de 2015

742

reconstrución de Chang'an
www.city-data.com
Liutprando segue ameazando Roma pero Zacarías pacta con el e ofrécelle a súa axuda contra os duques de Spoleto e Benevento.

a situación de Pipino en Neustria é precaria debido á súa orixe austrasiana.

marzo: Hunald I, duque de Aquitania e Vasconia, en rebeldía dende a morte de Carlos, é atacado por Pipino e Carlomán en Bourges; destrúen tamén o castelo de Loches. Hunald non se somete mais non é quen de evitar que arrasen o país.

derrotado Hunald, Pipino e Carlomán atacan e someten os alamanos, dirixidos polo duque Theudebald.

abril - maio: o gobernador de Exipto Handhala ben Safwan intervén no Maghreb contra os bérberes kharidjitas rebeldes e derrótaos en dúas batallas en al-Qarn e el-Asnam (Chlef en Alxeria) despois de ser atacada a propia Kairouan polos rebeldes.

maio: vitoria de Constantino V sobre Artabasdos, que se refuxia en Constantinopla.

agosto: tratado de Terni entre Zacarías e Liutprando, polo que o lombardo retorna posicións conquistadas en 739.

outubro, 1: Chrodegang, vello chanceler de Carlos Martelo, é nomeado bispo de Metz.

Teodato Ipato, dogo de Venecia, logo da morte de seu pai Orso, transfire a sé ducal de Eraclea a Malamocco.

os eslavos combaten os francos, aliados cos bávaros.

Trasamundo é desposuído por Liutprando e recluído nun mosteiro.

Xisulfo II, duque de Benevento.

Hisham permite ocupar a sé de Antioquía logo de corenta anos vacante; o elixido leva o nome de Estevo IV.

Abd al-Malik ibn Katan al-Fihri, wali de al-Andalus, suprime a rebelión bérber na rexión de Mértola.

Xuan Xong comeza a favorecer o taoísmo en detrimento do budismo, adoptando o título de tianbao ('tesouros celestiais'); o número total de homes alistados no exército medra ata medio millón debido ás reformas militares efectuadas.

o censo conservado para Chang'an e a súa área metropolitana de Jingzhou indica 362921 familias rexistradas cun total de 1960188 persoas.

xoves, 17 de setembro de 2015

739

representación de Afonso I
el.tesorodeoviedo.es
Fafila morre atacado por un oso durante unha cacería. É sucedido por Afonso I, cuñado seu, quen é citado coma rei da Gallaecia nas crónicas musulmás.

Hisham ibn Abd al-Malik reúne unha gran forza expedicionaria baixo o seu fillo Sulayman ibn Hisham. Unha parte do exército, baixo Abdallah al-Battal (20000 homes), é derrotado en Akroinon polo propio emperador León III e o seu fillo Constantino. Uns 6800 musulmás logran retirarse ordenadamente e chegar a Synnada (Phrygia).

Carlos Martelo ataca a Maurontus de Provenza e os seus aliados musulmáns. Seu irmán Childebrando captura Marsella, en mans musulmás. Maurontus refúxiase nos Alpes.

xuño, 16: Liutprando instala en Spoleto a Hilderico. Trasamundo foxe a Roma, onde Gregorio III.

Liutprando saquea o exarcado e logo asedia Roma. Gregorio III solicita a axuda franca (tamén envía embaixadas a bizantinos e musulmáns): entre outras cousas, ofrece a Carlos o título de cónsul durante as negociacións mais petición e oferta son rexeitadas.

Gregorio asina un pacto cos lombardos e Liutprando regresa a Ticinum.

estallan revoltas no califato ummayad ante o descontento pola presión fiscal: Khorassan (na fronteira coa Sogdiana), Berbería (norte de Ifriqiya), Arabia e Mesopotamia.

Ato, abade do mosteiro de Volturno.

morre Willibrord en Echternach.

Ratchis, duque de Friuli, logo da deposición de Pemmo por Liutprando.

Aed sucede a Eogans como rei de Dál Riata.

Godescalcus sucede a Gregorius como duque de Benevento, mais non logra o recoñecemento real.

domingo, 6 de setembro de 2015

738

ruínas de Quiriguá
www.trifiniotours.com
Carlos Martelo comeza unha campaña na fronteira NE, na zona do Wesel, contra os saxóns onde moitos son executados ou subxugados e sometidos a tributación.

Carlos ataca, xunto con Liutprando, as posicións musulmás en Provenza.

derrota musulmá en Narbo.

Kormesiy, khagan búlgaro, é deposto pola nobreza; é substituído no trono por seu fillo Sevar; descenden do clan Dulo.

abril, 29: a cidade-estado maia de Xukpi (Copán) é derrotada por Quiriguá, baixo a dirección de Butz' Tiliw; o xefe xukpi Uaxaclajuun Ub'aah K'awiil ('18 coellos') é deposto e feito prisioneiro acto seguido.

Felice Cornicola é nomeado hypatos (cónsul bizantino) e magister militum de Venecia.

Swaefberht de Essex morre logo de reinar 23 anos, sendo sucedido por Saelred, un membro menor da familia real.


Bonifacio visita Roma, sendo nomeado legado papal para o reino franco. Establece moitos bispados en Baviera.

venres, 4 de setembro de 2015

737

www.snipview.com
danevirke
batalla de Avignon: Carlos Martelo envía a seu irmán Childebrando I, duque de Burgundia, a asediar a cidade; cando chega, Carlos mesmo participa no asalto aos muros usando esqueiras de cordas e arietes.

batalla de Narbo: Carlos é incapaz de tomar a cidade. Un exército lombardo baixo Liutprando cruza os Alpes para axudar os francos e expulsar os musulmáns de Septimania. Mentres, Maurontus, duque de Provenza, rebélase dende Marsella, ameazando a retagarda franca.

Carlos Martelo derrota os musulmáns en Arelate.

batalla do Berre: forzas francas baixo Carlos Martelo interceptan un enorme exército musulmán provinte de al-Andalus dirixido por Uqba ibn al-Hajjaj para liberar Narbo. Os francos derrótano na boca do río Berre, ao NO de Marsella, e conducen aos superviventes cara unhas marismas, facendo numerosos prisioneiros. A expansión umayyad en Gallia sofre un golpe definitivo.

Orso Ipato é asasinado a instigación de Eutychius, exarca de Ravenna; sendo sucedido por Domenico Leoni, cuarto dogo de Venecia.

Ongendus, rei dos daneses, reforza o danevirke, fortificación en Schleswig-Holstein.

morre Theuderico IV pero Carlos Martelo non considera preciso nomear sucesor, e impide que reine o fillo de Theuderico, Childerico III, a quen fai profesar nun mosteiro. Tampouco asume el o trono, nun xesto de prudencia.

morre Paio, sucedido por Fafila.

Walprando, bispo de Lucca; é fillo de Walperto, duque da cidade. Cada cidade lombarda, co seu goberno e tribunais locais, e tamén coas súas estruturas episcopais, é o centro da actividade política da elite do seu territorium. Tamén son centro da identidade militar local (como en Sienna, 730, no caso do exercitus Senensium civitatis).

Trasamundo II de Spoleto ocupa Gallese, cortando o paso entre Roma e Ravenna. Gregorio III ofrece unha forte suma ao duque de Spoleto para recuperar a praza. O duque de Benevento, que tamén pretende independizarse do seu rei, únese á alianza. Liutprando reacciona declarando traidor a Trasamundo.

Ceolwulf de Northumbria profesa nun mosteiro e é sucedido por Eadberht.

os cristiáns invaden Exipto dende o sur coa finalidade de protexer o patriarca de Alexandría.

Theodobald é duque dos alamanos.

os xázaros dirixidos por Hazer Tarkhan derrotan os musulmáns nas proximidades do río Volga e obríganos a retroceder.

setembro, 30: os turgesh fan retroceder os musulmáns dende Khuttal, fanos cruzar o río Oxus cara o sur e capturan o seu tren de subministracións. En inverno, os turgesh e os seus aliados en Transoxiana lanzan unha gran contraofensiva pero son detidos.

Xuan Zong amplía o período de estancia dos homes no exército para que a maior experiencia faga máis eficientes as tropas.

amaina a epidemia de varíola en Xapón, que durou tres anos e reduciu a poboación nun terzo.

en China, na actual Yunnan, Piluoge unifica o reino de Nanzhao coa axuda dos Tang.

os musulmáns do Sind fundan unha nova capital, Mansura.

venres, 28 de agosto de 2015

735

Abkhazia
en.wikipedia.org
Carlos Martelo invade Burgundia novamente.

Hunald de Aquitania rexeita recoñecer a autoridade dos francos e Carlos decide atravesar o Loira, capturando Burdigalia e Blaye.

Liutprando enferma e fai correxente ao seu sobriño Hildeprando.

iníciase unha tremenda epidemia de varíola en Xapón.

maio, 26: morre Beda.

Eboracum recibe o pallium de Gregorio III, sendo dende agora sé arcebispal, con Ecgbert como primeiro arcebispo.

o xeneral Okba logra vencer os francos en Arelate, Avignon e Lugdunum pero logo é feito retroceder por Carlos Martelo.

o xeneral Marwan derrota os xázaros.

León I é o primeiro monarca dunha Abkhazia independente do que se ten testemuña escrita.

Silla logra expulsar as últimas tropas chinesas asentadas no seu territorio.

o gobernador de Narbo, Jussef ibn Abd al-Rahman apodérase de Arelate aproveitando complicidades internas; tamén ameaza Burgundia.

expedición musulmá contra Sardeña.

luns, 29 de xuño de 2015

730

Xoán Damasceno
xaneiro, 17: León III reitera a destrución das iconas. Germanos, patriarca de Constantinopla, é deposto por negarse a refrendar os edictos imperiais e retírase a un mosteiro. As escolas eclesiásticas son clausuradas e os bens da igrexa romana confiscados. Xoán Damasceno, oposto a que o basileus decida cuestións teolóxicas, é reducido ao silenzo. Moitos monxes foxen a Grecia e Italia, e ás covas de Capadocia levando agochadas pequenas iconas.

Carlos Martelo anula a autonomía do ducado alamano, vencendo a Lantfrido.

Abd al-Rahman, emir efémero de al-Andalus logo da morte de al-Samh, volve selo.

Gregorio II solicita axuda franca contra os lombardos pero Carlos Martelo declina inmiscirse.

a igrexa prohibe as peregrinacións femininas; supostamente por haber moitos casos de prostitución encuberta.

a etnia lolo, ao SO de China, ameaza coa secesión, o que obriga a Xuan Zong a intervir.

Liutprando alíase con Eutychius, exarca de Ravenna, e concorda en atacar Roma e restar autonomía aos ducados de Benevento e Spoleto. Os exércitos de Eutychius e Liutprando marchan sobre Roma pero Gregorio convence a Liutprando para abandonar o asedio. O exarca entra en Roma e restablece a legalidade imperial. O bispo, sen embargo, segue opóndose á iconoclastia.

Tiberius Petasius proclámase emperador en Tuscia, mais é derrotado por Eutychius, co apoio de Gregorio II en Monterano, sendo enviada a súa cabeza a León III.

setembro/ outubro: tropas umayyad saquean a fortaleza de Charsianon, en Anatolia.

decembro, 9: batalla de Marj Ardabil, onde os jázaros baixo Barjik invaden as provincias de Jibal e Adharbaydijian e derrotan a 25000 homes en Ardabil (Persia), matando a al-Jarrah ibn Abdallah.

León III demanda unha princesa jázara para o seu fillo Constantino.

mércores, 17 de xuño de 2015

729

Northumbria
en.wikipedia.org
Ceolwulf de Northumbria nomea sucesor a Osric, parente e irmán de Coenred.

batalla de Ravenna: tropas ao mando de Eutychius son derrotadas por tropas pagadas por Gregorio II.

Eudes de Aquitania e Munuza, gobernador musulmán de Cerdaña, alíanse ao casar este coa filla bastarda de Eudes, Lampegia.

batalla de Baykand: tropas umayyad escapan por pouco á derrota total ao ser illadas das fontes de subministracións e auga potable polos turgesh; conseguen chegar a Bukhara, na Transoxiana.

asedio de Kamarja: un pequeno destacamento árabe defende esta fortaleza contra os turgesh durante 58 días, logrando negociar unha retirada cara Samarcanda.

abril: al-Haytham ibn Ubayd al-Kilabi chega a emir de al-Andalus e envía unha expedición contra Munuza, que rexeita participar en operacións contra a Gallia. Munuza é vencido e morto no seu propio castelo e Lampegia é enviada cautiva ao califa.

á segunda tentativa a flota bizantina ao mando de Eutychius logra recuperar Ravenna coa axuda de Venecia e Gregorio II, que teme o poder excesivo de Liutprando. Hildeprando, sobriño do rei lombardo, é apresado. Un contixente lombardo de refresco é derrotado e os lombardos evacúan o exarcado e a Pentápole.

proclámase un emperador en Toscana, Tiberius Petasius, pero é derrotado, decapitado e enviada a súa cabeza a Bizancio.

luns, 15 de xuño de 2015

728

cidade de Sutri
gl.wikipedia.org
Liutprando ocupa o exarcado de Ravenna e avanza cara Roma pola vía Casia, atopando a Gregorio II en Sutri. Liutprando asina a ‘doazón de Sutri’, pola que partes de Latium (embrión dos ‘estados pontificios’) pasan a mans do bispo de Roma.

en Sicilia os musulmáns tentan entrar en Siracusa pero deben deterse ante un brote de peste e retirarse.

Carlos Martelo non é capaz de someter totalmente Baviera, que queda baixo a autoridade de Hugbert, que debe aceptar a soberanía franca sobre Ingolstadt e Lauterhofen e a parte occidental do Nordgau.

Yahyá, emir de al-Andalus, é substituído por Hudayfa, á súa vez substituído pouco despois por Utmán.

León III nomea novo exarca de Ravenna a Eutychius para pacificar Italia coa propia Ravenna en mans lombardas. Chega a Neapolis pero non dispón de tropas. Fracasa un complot seu para asasinar a Gregorio II mediante un sicario.

Thrasamundo II de Spoleto e Romualdo II de Benevento están en aberta rebelión contra Liutprando.

Wasil ibn Ata, discípulo de Hasan al-Basri, funda o mutazilismo, rompendo co islam ortodoxo: nega a concepción divina do Corán e condea como politeísmo o dogma da trindade. Defende o libre albedrío en contraposición á crenza divina na providencia.

domingo, 14 de xuño de 2015

727

tremises de Liutprando
www.datuopinion.com
revolta en Grecia que remata coa proclamación de Cosmas como basileus. Parte unha flota cara Constantinopla ao mando de Agallianos Kontoskeles, mais o exército imperial odia os monxes e é maioritariamente partidario da iconoclastia. A marina imperial e o lume grego acaban de xeito doado coa flota rebelde e León III redobla o impulso da reforma en Grecia e Asia Menor; de paso, confisca moitas riquezas dos mosteiros, derrogando os seus privilexios.

Theudebaldo acosa a Pirmin, por odio a Carlos Martelo, protector seu.

asedio musulmán de Nicaea: forzas baixo Mu'awiya ibn Hisham, fillo do califa, penetran en Asia Menor e saquean a cidade fortaleza de Gangra, mais non poden con Nicaea.

tamén se producen revoltas en Italia contra a iconoclastia. O resultado é a independencia do exarcado, logo de que unha forza imperial se perde nunha tormenta no Adriático e o resto das forzas son vencidas.

Liutprando aproveita os problemas imperiais para conquistar Bologna e outras cidades no val do Po, incluso Classis, porto de Ravenna, e saquea a Pentapolis.

os jázaros rexeitan a invasión musulmá de Maslama ibn Abd al-Malik en Mesopotamia; mais reforzado por tropas sirias, Maslama contraataca e toma Xeorxia, establecendo a fronteira norte no Cáucaso.

Gregorio II condea a iconoclastia, e Italia rompe co imperio, converténdose no gobernante temporal da maioría das posesións bizantinas.

inicio de ataques musulmás contra Sicilia.

sábado, 13 de xuño de 2015

725

Beda o Venerable
www.
Carlos Martelo inicia unha campaña contra Baviera: mata o duque Grimoaldo en batalla e o fillo deste, Hugbert, sométese á soberanía franca. Carlos captura a princesa axilolfinga Swanachild, que se converte nunha das súas concubinas.

Anbasa ibn Suhaym al-Kalbi, emir de al-Andalus, inicia unha campaña contra os francos. Apodérase de Carcassona e Nimes.

sublevación abásida no califato umayyad.

morre Wihtred de Kent, sucedido polos seus fillos Aethelberht II, Eadberht I, e Ealric.

verán: Anbasa penetra nos vales do Ródano e do Saona, arrasando Lugdunum e saqueando Autun.

os coptos rebélanse contra os musulmáns en Exipto a causa da jizya (impostos).

Eudes de Aquitania busca unha alianza con Munuza, gobernador de Sardeña, en rebelión contra os umayyad.

Liutprando pon Córsega, nominalmente bizantina, baixo a súa autoridade e deféndea contra os ataques musulmáns.

Ealdbert, príncipe de Wessex e sobriño de rei Ine, busca refuxio en Sussex, mais é vencido e morto.

Beda, monxe de Northumbria, escribe de temporum ratione, explicando como calcular a pascua medieval.

domingo, 7 de xuño de 2015

720

vista aérea de Carcassone
analitica.com
febreiro, 10: morre Umar II, envelenado por un servente, en Aleppo; sucedido polo seu curmán Yazid II.

a extensión do califato supera a calquera imperio precendente. Despois dun século de expansión, os árabes xa non son bárbaros do deserto, mais absorben as culturas dos pobos conquistados. Os califas promoven un sistema xurídico tolerante que permite a prosperidade do califato.

o islam tamén absorve a cultura hindú, especialmente a ciencia e as matemáticas. Os hindús reciben o trato de dhimmi (protexidos) e poden seguir practicando os seus cultos a condición de pagar o imposto especial.

al-Samh conquista Narbo, na Septimania, usando a cidade como base para facer incursións na zona. Morre Ardon, último vestixio da autoridade real goda. Moitos godos néganse á conversión e a submisión e trasládanse ao norte, a Aquitania.

en al-Andalus os postos relevantes da administración repártense entre aristócratas árabes, mais os bérberes de Ifriqiya forman a meirande parte do exército. Logo chegarán sirios, persas, ... En xeral, coñecéselles como mouros (nome dun pobo bérbere que os romanos denominaban mauri).

a poboación cristiá divídese entre mozárabes (conservan a súa relixión) e muladís (conversos ao islam, tamés escravos que gañan así a súa liberdade). Tamén están os xudeus, protexidos polos xefes musulmáns, e agora ne moito mellor situación que cos godos. Os mozárabes gozan de total liberdade de culto, coa única restrición de non tocar as campás durante o Ramadán.

al-Samh asedia Carcassona.

en Xapón remátase a nihon shoki ou nihongi (Crónica de Xapón), unha historia nacional escrita por mandato imperial, elaborada por unha comisión presidida polo príncipe Toneri. Consta de trinta volumes e narra dende a idade dos deuses ata o reinado da emperatriz Jito (finais do século VII). Baséase en lendas e o seu obxectivo é lexitimar a dinastía reinante.

a corte de Xuan Zong é frecuentada por grandes pintores e poetas como Du Fu, Li Bo, Han Yu ou Bo Juyi. Invéntase a xilografía. Así como Wu protexera o budismo, Xuang Zong inclínase polo confucianismo e o taoísmo. Os exércitos chineses ocupan boa parte de Bactriana (os últimos restos do imperio Persa) e así China absorbe elementos da cultura indo-irania. Sen embargo, xorden problemas internos. Existe unha forte rivalidade entre a clase dos funcionarios, ben preparados, que ascenden a través de concursos e exames, e a antiga nobreza, que ve cada vez máis minguadas as súas oportunidades. Por iso, moitos nobres comezan a armarse.

Liutprando conquista Baioariorum plurima castra aproveitándose das dificultades internas do ducado bávaro.

verán: o emperador León III usa colonos eslavos para poboar o thema de Thracesia (Asia Menor) e así afortalar as fronteiras da zona. Asocia ao trono ao seu fillo co nome de Constantino V (cinco anos) e cásao con Tzitzak, filla do khagan jázaro Bihar.

agosto, 25: Yazid ben al-Muhallab rebélase contra Yazid II, sendo derrotado entre Wasit e Kufa por forzas ao mando de al-Abbas ibn al-Walid e Maslama ibn Abd al-Malik, que o reempraza como gobernador de Irak e Khorassan. Yazid é decapitado e a súa familia declarada proscrita: os homes morren, as mulleres e os nenos feitos escravos.

os Tang e os seus aliados Basmil e Khitans atacan os turcos orientais. Bilge Kaghan pode deter o seu avance.

Ine de Wessex constrúe unha igrexa en pedra na abadía de Glastonbury.

último contacto testemuñado entre a igrexa galesa e Yvi, en Bretaña.

luns, 1 de xuño de 2015

718

representación do asedio de Constantinopla
versión búlgara da Crónica de Manasses, s. XIV
en.wikipedia.org 
primaveira: un flota de subministración baixo as ordes de Sufyan chega ás costas bizantinas procedente de Exipto e Tunis, tratando de camuflarse na costa. Os bizantinos averiguan a localización da flota por medio de mariñeiros exipcios cristiáns. León III envía a flota imperial e destrúen co lume grego os barcos inimigos no mar de Mármara e capturan as subministracións na costa, negándolle algo vital ao exército invasor. En terra, os bizantinos destrúen un exército árabe nunha emboscada nas colinas arredor de Sophon, ao sur de Nicomedia. Os árabes inda sofren pestes e fame.

xuño, 3: eclipse solar total visible en Hispania, Tunis e Exipto.

agosto, 15: León III alíase co khan búlgaro Tervel e derrota os musulmáns no lado occidental do Bósforo. Morren entre 22000 e 32000 musulmáns durante os ataques. Umar II é obrigado a levantar o asedio despois de 13 meses. O exército musulmán intenta retirarse a través de Anatolia mentres o resto escapa por mar nos barcos que quedan. A flota árabe sofre baixas ante as tormentas e a erupción do volcán do Thera. Segundo fontes árabes, morren 150000 musulmáns na campaña.

batalla de Soissons: Chilperico II de Neustria e o seu mordomo Ragenfrido alíanse con Eudes, duque de Aquitania, e marchan cara Soissons, na Picardía. Un exército de veteráns francos ao mando de Carlos Martelo derrota os neustrios, que se renden. Chilperico II foxe ao sur do Loira e Ragenfrido a Angers. Carlos decide diplomaticamente non executar os líderes inimigos e convértese no dux francorum indiscutido, finalizando a guerra civil franca.


Paío négase a pagar tributo aos musulmáns. Al-Hurr envía un continxente contra el comandado por al-Kamma. Ten lugar, ao parecer, a ‘batalla de Covadonga’, que remata coa derrota musulmá, nun lugar de difícil acceso. Debeu ser unha escaramuza menor, mais posteriormente magnificada. Paío casa a Ermesinda, filla súa, con Afonso, fillo de Pedro de Cantabria, forxando unha alianza contra os musulmáns.

Fernando Arias, quizás compañeiro de Paío en Covadonga, é señor de Deza e destacado nobre galego.

traslado das escolas cristiás de filosofía e medicina de Alexandría, que xa perderan a súa anterior potencia e preponderancia dende o momento en que se fundou a islámica cidade de Cairo. Isto causará a perda de moitas lembranzas e a confusión de Xoán o Gramático (s. VI), a quen se lle deben importantísimos Comentarios a Aristóteles, co médico homónimo do s. VII.

Carlos Martelo penetra en Saxonia ata o Weser, arrasando todo ao seu paso, en resposta ao ataque saxón aos hatuari. En Colonia, Plectruda cédelle o tesouro de seu pai e retírase a un convento. Despois de vencer ao seu medio irmán Theodebaldo, Carlos faise mordomo de palacio de Austrasia e goberna en nome de Clotario IV.

Osric, rei de Northumbria, logo da morte de Coenred.

compílase o código Yoro, que da nome á era actual.

Liutprando forxa unha alianza con Carlos Martelo e ataca os castelos bávaros no río Adige, mantendo o control estratéxico dos pasos alpinos.

inicios da loita inconoclasta entre León III e o patriarca Germanos I.

o sushi é mencionado por primeira vez nun documento oficial xaponés.

Bonifacio, misioneiro nado en Wessex, chega a Roma, onde Gregorio II o manda a Saxonia para tentar converter aos saxóns.

Hugh de Champaña, curmán de Carlos Martelo, profesa como abade no mosteiro de Jumièges, en Normandía.

Bilge Kaghan envía unha embaixada para negociar a paz con China. Xuan Zong rexeita a demanda e ordena atacar.

os reis de Boukhara, Samarcanda, e Balkh solicitan axuda chinesa ante o avance musulmán.

venres, 3 de abril de 2015

716

León III o Isaurio
teocraciaecumenica.blogspot.com
Abd al-Azid ibn Musa avanza cara o norte e chega a Narbonne, onde é asasinado por orden do califa. É elixido wali Ayyub ibn Habib al-Lakhmi, curmán seu, ata que chega al-Hurr ibn Abd al-Rahman al-Thaqafi, nomeado polo gobernador de África, que traslada a súa base a Corduba.

Akhila réndese e recibe salvagarda do seu patrimonio na zona de Toletum. Os godos elixen a Ardon.

escapan ao control musulmán zonas en Callaecia, territorios vascos e Septimania.

Wynfreth, saxón orixinario de Wessex marcha a Frisia para continuar o labor de Willibrord pero ten que regresar a Nursling porque Radbod é pagán e contrario dos francos.

Próspero, bispo de Tarraco, foxe a Italia coas reliquias e os libros litúrxicos da bispado e Tarraco deixa de existir como tal.

marzo: na batalla de Colonia, Carlos Martelo, mordomo de Austrasia, é derrotado por Chilperico II e Raganfrid, mordomo de Neustria que invaden Austrasia para impoñer a súa vontade ás dúas faccións en Austrasia; Theudoaldo e Plectruda.

simultaneamente Radbod penetra con barcos ata Colonia e alíase con Neustria e Carlos ten que fuxir ás montañas das Ardenas.

abril: na batalla de Amblève, Carlos Martelo derrota a frisios e neustrios cerca de Amel. Ataca os seus inimigos cando estes regresan de Colonia. Segundo os ‘anais de Metz’, Carlos pretende retirarse para destruír os seus inimigos mentres estes descansan e recupera gran parte do rescate pagado por Plectruda a Chilperico.

abril, 18: León III o Isaurio, que dirixe o thema de Anatolia é proclamado basileus coa axuda de Artavasdos, comandante do thema de Armenia, parente seu.

abril, 19: Iona adopta os ritos romanos e abandona os propios do cristianismo celta, que persisten durante tres séculos máis no norte de Inglaterra, pero sen influencia algunha.

abril 29: Chilperico II asina un documento no que se menciona unha relación comercial entre Marsella e oriente. Última mención escrita por longo tempo.

Aethelbald regresa dos Crowland Fens a Mercia e apodérase da coroa logo da morte de seu curmán Ceolred, que o relegara ao exilio. Logra imponer o seu dominio sobre Londres, Essex e todos os ‘midlands’.

Osred I de Northumbria cae en loita contra os pictos en Manau Gododdin. Sucédeo Cenred.

xullo, 22: revolta entre os turcos orientais; morre Qapaghan Khan morre durante unha emboscada organizada polos Bayirku, dirixidos polo seu rival Toquz Oghuz. A súa cabeza acaba en Chang’an, capital Tang.

segue un periodo de anarquía. O seu sobriño Kül Tegin, fillo de Qutlugh, faise co poder logo de matar a Bögü e toda a súa familia. Coloca a seu irmán Bilge Kaghan no trono.

Taquz Oghuz sepárase do khanato turno, iniciando a súa decadencia.

Faramundus, bispo de Colonia.

bizantinos e búlgaros asinan un tratado que recoñece as fronteiras e acordan un tributo anual.

Faroald II de Spotelo apodérase de Classis, o porto de Ravenna pero Liutprando ordena a súa devolución.

mércores, 25 de marzo de 2015

713

'sólido' coa efixie de Anastasio II, emperador
febreiro, 18: primeiras leis de Liutprando.

febreiro, 28: tremor de terra en Syria.

os árabes dominan o sur de Hispania, excepto a zona controlada por Teodemir (actuais provincias de Alicante e Murcia aproximadamente), que pacta en Orihuela (abril, 5) unhas capitulacións con Abd al-Azid, fillo de Musa, conservando autonomía política a cambio de pagar tributos.

xuño, 3: Philippicus Bardanes perde o seu prestixio e é capturado por soldados do Opsikion en Thracia, cegado e abandonado no hipódromo baleiro. Elixen basileus a Anastasius II, un alto funcionario, que restaura a orden e executa a todos os oficiais sospeitosos de participar na conxura contra o seu antecesor.

Ealdwulf sucede a Aelfwald en East-Anglia.

xuño, 30: ocupación de Emerita. O emir Musa ibn Nusayr, marcha cara Toletum, onde conflúe con Tariq ibn Ziyad.

morre o cuarto imam, Ali Zain al-Abidin e os xiítas divídense: os zaiditas elixen a Zaid ibn Ali e os ismailitas a Muhammad al-Baqir.

tropas baixo al-Abbas ibn al-Walid, fillo do califa al-Walid I, saquean Antioquía en Pisida, que nunca se volve recuperar.

tropas godas (quizás ao mando de Roderico, reaparecido) son derrotadas na batalla de Segoyuela.

as revoltas nas cidades do sur de Hispania son reprimidas sen problemas.

Xuan Zong vence unha loita de poder contra súa irmá, a princesa Taiping, executa moitos partidarios dela e obrígaa a suicidarse.

publicación do primeiro xornal do que se ten constancia escrita, en seda, o Kaiyuan Za Bao (‘boletín da corte’).

luns, 23 de marzo de 2015

712

moeda de Liutprando
www.deamoneta.com
xaneiro, 28: componse Kojiki, a crónica escrita máis antiga de Xapón.

marzo: Ariperto II é vencido cerca de Ticinum por Ansprando, que volve do exilio. Ariperto II morre afogado mentres tenta fuxir a Gallia co seu tesouro.

xuño, 10: batalla de Raor.

xuño, 12: morre Ansprando e é sucedido polo seu fillo Liutprando.

Musa ibn Nusayr desembarca en Hispania con 18000 homes (bérberes e árabes) e, ao comprobar os problemas internos do reino godo decide conquistarlo. Rompe a alianza con Akhila, ataca cidades da Baetica teóricamente aliadas. Conquista Hispalis logo dun duro asedio de tres meses e asedia Emerita.

Pipino de Heristal derrota os alamanos.

Philippicus Bardanes vence os búlgaros, que baixo Tervel chegan ata os muros de Constantinopla.

Qutayba ibn Muslim inicia a conquista definitiva de Transoxiana: Samarcanda, Khârezm. Os T’ou-kiue interveñen. Ocupan Sogdiana. Ataca e ocupa Tachkent e Fergana, de onde foxe o rei e solicita o auxilio chinés.

Philippicus Bardanes transfire armenios a Melitene, Anatolia.

setembro, 8: Rui Zong abdica no seu fillo Xuan Zong (27 anos). Establece o seu control sobre os vales do Oxus e o Jaxarte. Durante o seu reinado derrota os exércitos árabes invasores nunha serie de campañas en Fergana.

Dae Jo-yeong de Balhae volve a pagar tributo aos Tang. Os pobos Tai son obrigados a aceptar a soberanía chinesa.

Johannes VI, patriarca de Constantinopla, sucedendo a Kyros.

Paio, fillo dun alto dignitario de Exica é capturado en Corduba.