Amosando publicacións coa etiqueta De Zong. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta De Zong. Amosar todas as publicacións

sábado, 18 de maio de 2019

779

Offa de Mercia
libro de benefactores de St. Albans
wikipedia.org
marzo: capitularia de Herstal, con varias estipulacións, 1/ imposto sobre a décima parte das propiedades, percibido pola igrexa; 2/ prohibición de ataques aos viaxeiros; 3/ establecemento de penas contra os ladróns e compensacións para os asasinatos; 4/ prohibición do comercio con escravos, con centro en Verdún (que continúa a pesar das instrucións do rei); 5/ establecemento dun sistema de axudas para os afectados polas secas; 6/ aparecen os missi dominici (un conde e un bispo que viaxan xuntos) para supervisar o cumprimento das ordes e estipulacións reais por todo o reino; 7/ establecemento de dúas asembleas anuais (marzo e outono), onde se poden apelar á xustiza do rei; 8/ creación e reorganización administrativa dos reinos de Italia e Aquitania, para os fillos máis novos de Carlos, Pipino e Luís.

maio: Carlos convoca un exército en Düren, cruza o Rhin en Wesel e derrota os saxóns nas proximidades de Bocholt, sendo capturados case todos os líderes excepto Widukindo. Carlos cruza o Weser, Oker e Ohre e os líderes locais xúranlle lealdade e entregan reféns. Widukindo refúxiase no norte e usa tácticas de guerrilla.

batalla de Bensington: Offa de Mercia derrota a Cynewulf de Wessex, toma Berkshire e probabelmente Londinium, e titúlase 'rei de toda Inglaterra'. Carlos escríbelle e noméao 'querido irmán', mais cando Offa rexeita un casamento entre os seus fillos, Carlos ameaza con impedir o comercio nos portos que el controla.

Aethelred I de Northumbria é deposto por Aelfwald, fillo de Oswulf, que toma o trono.

xuño, 12: De Zong sucede a Dai Zong, no trono Tang. Yang Yan, experto financeiro, é nomeado chanceler e suprime todos os impostos e obrigas especiais, introducindo o chamado 'sistema de dobre imposición', un imposto pola terra que todos os propietarios deben pagar, que difire segundo os ingresos e o distrito.

Trisong Detsen, rei de Tibet, decreta o budismo relixión oficial. o mestre hindú Padmasambhava funda o primeiro mosteiro budista tibetano en Samye, que se constrúe baseándose en modelos bengalíes.