Amosando publicacións coa etiqueta Tarik. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tarik. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xullo de 2013

ix. dominación musulmá

batalla do Guadalete
071. A invasión árabe. Reinando don Rodrigo, que foi o último rei godo, os árabes desembarcaron na Península.

072. Batalla do río Guadalete. Don Rodrigo saíu ao encontro dos árabes; ambos exércitos atopáronse na proximidade do río Guadalete, e despois de tres días de loita desesperada, os visigodos foron derrotados.

O xefe dos moros era Tarik, quen comezou en seguida a conquista da Península; pouco tempo despois, Muza desembarcou en Alxeciras con 18000 musulmáns e continuou a obra de Tarik.

Crese que don Rodrigo atopou a morte na batalla do Guadalete.

073. Duración da dominación musulmá. A dominación musulmá durou 781 anos; desde a batalla do Guadalete, ano  711, ata a rendición de Granada aos Reis Católicos, en 1492.

074. Períodos que comprende a dominación. A dominación dos moros en España pode dividirse en tres períodos: 1º, Goberno dos Emires; 2º, Goberno dos Califas; 3º, Reinos árabes independentes.

075. Goberno dos Emires. Durante corenta e cinco anos, os árabes de España foron gobernados por Emires, nomeados polo Califa de Damasco.

Dividiron España en catro grandes rexións, e o goberno de cada unha estaba confiada a un Valí, que dependía do Emir ou gobernador xeral. O máis notable dos emires foi Abderramán, que levou a Media Lúa ata Poitiérs (Francia), e nunha batalla perdeu a vida.

076. Goberno dos Califas. O goberno dos Califas durou douscentos setenta e cinco anos; e comeza coa creación do Califato de Córdoba.

emir Abderramán
Durante este período, o poder mahometano de España chega a tal grao de riqueza e esplendor, que os soberanos da terra se disputaban o honor da súa amizade; as letras, as ciencias e as artes brillaron en grao sumo, e a cultura do pobo foi tan xeral, que era raro atopar un home que non soubera ler e escribir nos verdadeiros dominios do Califato.


077. Reinos árabes independentes. Desapareceu o Califato de Córdoba, e durante catrocentos setenta e un ano, créanse e desaparecen reinos árabes, cada vez menos fortes e poderosos, ata que, en 1492, coa caída do reino moro de Granada, afúndese para sempre o dominio musulmán na nosa Patria.

a "súa" historia de España