Amosando publicacións coa etiqueta Serxio I. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Serxio I. Amosar todas as publicacións

sábado, 8 de novembro de 2014

633

Isidoro
misviajesconhistoria.blogspot
Abu Bark comeza unha campaña contra a tribo árabe de Kindah, na rexión de Iemen.

marzo, 18: a península Arábiga está unificada baixo Abu Bark.

abril: un exército musulmán (18000 homes) baixo Khalid ibn al-Walid invade Mesopotamia. Obtén vitorias decisivas na batalla de Chains (Kuwait) e na batalla do Río (Iraq).

maio: na batalla de Walaja, Khalid derrota os persas e os seus aliados cristiáns.

batalla de Ullais: Khalid derrota un enorme exército persa (70000 homes) cerca do Éufrates e asedia a cidade de Hira. Os asediados non tardan moito en renderse e ofrecer agasallos a Khalid.

xuño, 3: tratado de reconciliación (nove artigos) entre católicos e monofisitas redactado polo patriarca Kyros. Logo das reservas de Sophronios de Xerusalem, o patriarca de Constantinopla Serxio I publica o pséphos (‘decreto’), que prohibe os debates sobre a natureza de Cristo.

xullo: no asedio de Anbar, Khalid fai que se renda o gobernador persa, que é autorizado a retirarse.

batalla de Ein ut Tamr: o exército musulmán ataca un posto de control na fronteira persa.

agosto: batalla de Dumat al-Jandal, na que un exército musulmán (10000) baixo Khalid derrota árabes cristiáns en rebeldía contras os musulmáns.

outubro, 12: batalla de Hatfield Chase: Penda de Mercia e Cadwallon ap Cadfan de Gwynedd vencen a Edwin de Northumbria, que morre no combate. Northumbria volve separarse en Deira e Bernicia. Osric, sobriño de Edwin, é rei de Deira e o fillo de Aethelfrith, Eanfrid, que retorna de territorio dos pictos é rei de Bernicia, ambos pagáns.

Paullinus de Iork foxe cara Kent coa raíña Aethelburga e a súa filla Eanflaed (7 anos), onde se converte en bispo de Rochester. Eanflaed medra baixo a protección do rei Eadbald de Kent, tío seu.

Dagoberto I alíase cos saxóns contra os eslavos.

Khalid ibn al-Walid reprime unha rebelión de varias tribos árabes e impide que abandonen o islam. Tamén consegue someter os lahkmidas.

inverno: Cadwallon é asediado por Osric en Eboracum pero consegue saír da cidade coas súas tropas por sorpresa e destrúe o exército de Osric.

novembro: Khalid coordina ataques nocturnos contra os árabes cristiáns nas batallas de Muzayyah, Saniyy e Zumail.

Li Chung Feng constrúe un ‘globo celestial’.

Songtsen Gampo, rei de Tibet, establece a súa capital en Lhassa.

decembro, 5: IV concilio de Toletum, presidido por Isidoro e no que Sisenando é recoñecido rei lexítimo e Suintila é condenado por ladrón, asasino e corrupto; establécese como obrigatoria a elección do rei polos nobres e a igrexa, sendo o rei unxido por Deus e, polo tanto, inviolable.

Xermán, mencionado como bispo de Dumio.

Caliabria, sé episcopal. O bispo Servus Dei asina as actas do IV concilio de Toledo. O lugar é unha ceca goda, como resultado da imposición de tributos na zona. A existencia de moedas de ouro na zona representa a expresión da afirmación simbólica e efectiva do poder central. Os bispos eran axentes recadadores do poder central, con influencia non só sobre cuestións relixiosas. Que Caliabria fose bispado pode deberse á influencia de Witerico (rei godo, 603-610), cabeza dun grupo nobiliario lusitanos con importantes bens na zona logo da conquista do reino suevo.

a caída de Xerusalem en mans de Heraclio e a presión deste sobre os xudeus ocasiona unha nova diáspora que chega, en parte, a Hispania. Sen embargo, tamén aquí existe xa gran presión sobre esta etnia como testemuñan as resolucións do IV concilio de Toledo: ‘todos os nenos xudeus deben ser arrebatados a seus pais e recluídos en mosteiros, ou en mans de relixiosos para ser formados no cristianismo’, ou ‘se un converso trata con algún xudeu pode ser escravizado e o xudeu publicamente lacerado’.

o reino britano de Strathclyde ten Dumbarton como capital.

Dagoberto I casa con Nantechilda logo de repudiar a Gomatruda.

mércores, 9 de marzo de 2011

701

xaneiro, 25: vitoria de ibn al-Ash’ath sobre os umayyad en Tustar sobre as forzas do gobernador. Establécese en Kufa en marzo.

setembro, 8: morre Serxio I.

outubro, 30: Xoán VI, novo bispo de Roma, coa oposición de Tiberio III.

publicación do código Taiho en Xapón, o que implica, sobre todo, a centralización do poder; por exemplo, o emperador é agora o dono de todas as terras.

Raxinperto sublévase contra Liutperto e Ansprando, a quen vence nas proximidades de Novara. Raxinperto, sen embargo, morre e sucédeo seu fillo Ariperto II.

Ariperto II, que ataca a Liutperto en Ticinum, fai que o estrangulen e procede de xeito brutal contra a familia de Ansprando, que foxe cara Baviera.

os musulmáns vencen os bérberes na batalla de Taharqa e al-Kahina morre na retirada.

morre Asparukh, sucedido polo seu fillo Tervel como khan búlgaro.

batalla de Dayr al-Jamajim, na que o califa Abd al-Malik ibn Marwan reforza a Al-Hajjaj ibn Yusuf e enfróntase a un exército de 200000 homes dirixidos por Abd al-Rahman ibn Muhammada ibn al-Ash’ath, cerca de Kufa, que é derrotado; conclúe a rebelión contra o califato umayyad.

Muhammad ibn Marwan invade Armenia, ao leste do Éufrates e o comandante Baaner réndese; a poboación acepta un gobernador musulmán.

os musulmáns da península Arábiga destrúen o porto de Adulis, controlado polos etíopes de Aksum.

comerciantes árabes introducen as espacias orientais nos portos do ‘marenostrum’. Algúns barcos comerciais chegan ás illas Maluku por primeira vez.


prolóngase unha gran seca en Hispania, ao que se suma un andacio de peste. Witiza trata de mellorar a imaxe da monarquía decretando amnistía contra os nobres perseguidos por seu pai, restituíndolles os bens. Detén tamén as medidas tomadas contra a comunidade xudía, que pasa a apoialo nas súas políticas.

Xisulfo de Benevento lanza un ataque contra o exarcado de Ravenna e aprópiase dunha parte do mesmo.