Amosando publicacións coa etiqueta Ine de Wessex. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ine de Wessex. Amosar todas as publicacións

domingo, 15 de marzo de 2015

710

www.ikuska.com
Witiza (30 anos) nomea sucesor a Akhila, fillo seu, e morre pouco despois. Roderico rebélase en Baetica. O primeiro controla o norte e o segundo o sur. No norte e Septimania habería grupos nobres godos e indíxenas pero tamén suevos en Gallaecia.

marzo, 1: Roderico toma Toletum e Akhila pide axuda aos musulmáns en Ifriqiya. O gobernador de Septem Ylyan (o Xulián cristián) fora vasalo de Witiza pero participa activamente no ataque contra Roderico.

Akhila envía dous medios irmáns a Septem para que Ylyan medie con Tariq ibn Ziyad, berber ou persa, gobernador de Tanxer.

abril, 5: Zhong Zong fai que os principais ministros, xenros e altos oficiais participar nunha festa dentro dun palacio en Chang’an.

primavera: finaliza o periodo Asuka, a segunda e última parte do periodo Yamato; comeza o periodo Nara e Heijō-kyō é agora a capital.

xullo, 3: o emperador é asasinado, quizás envelenado pola emperatriz Wei, que non consegue instalar a súa filla Li Guo’er como herdeira.

xullo, 25: a princesa Taiping e seu sobriño Li Longji organizan un golpe no que morre Wei e restauran a Rui Zong como emperador.

unifícanse os reinos de Nobatia e Makuria, baixo o rei do segundo reino.

xullo: al-Walid encarga a Musa ibn Nusayr unha expedición de recoñecemento a Hispania que dirixe Tarif Abú Zará, que parte de Tanxer con 400 homes e desembarca na actual Tarifa, saqueando unha sección do litoral.

Quersonea rebélase contra Xustiniano II con axuda xázara, que envía unha flota baixo o patrikios Estevo, que toma a cidade e restablece o control bizantino. A flota é desfeita por unha tormenta na volta, mentres que a cidade volve rebelarse.

o xeneral bizantino León recupera Abkhazia dos musulmáns para o imperio.

Lupus I, duque da Gascuña, é asasinado mentres tenta tomar Limoges. Eudes convértese en duque de Gascuña e Aquitania.

Ine de Wessex e Nothhelm de Sussex loitan contra Geraint de Dumnonia, que morre en batalla. O avance de Ine faino dono do actual Devon e establece unha base en Taunton.

outubro, 5: Constantino I acepta o convite de Xustiniano II e instálase no palacio do emperador en Nicomedia. O obxectivo é tratar do concilio de 692, o chamado ‘quinisexto’. En Constantinopla non cesan as purgas.

Beorhfrith loita contra os pictos entre Haefe e Caere (entre os ríos Avon e Carron).

Salih I ibn Mansur funda o reino de Nekor no actual Marrocos, ao leste de Tanxer, e converte as tribos berber ao islam.

acaban as obras da mesquita de Al-Aqsa.

outubro, 27: inicio das incursión musulmáns en Cerdeña.

domingo, 15 de febreiro de 2015

700

Hamwic
www.archeurope.eu
morre Cuniperto, sucedido polo seu fillo Liutperto, menor, baixo a rexencia de Ansprando, duque de Asti.

Pipino de Heristal, mordomo de palacio, estende o reino franco, conquista Turinxia e ataca os alamanos.

Geraint de Dumnonia recibe carta de Aldhelm, bispo de Sherborne, para que a igrexa celta se someta ás directrices de Roma.

Ine de Wessex reorganiza o reino con ealdormen.

Eóganachta, unha dinastía irlandesa con orixe en Cashel, comeza a dominar todo o sur de Hibernia.

Hamwic, en Wessex, comeza a destacar como cidade comercial.

Mohammad ibn al-Ash’ath rebélase contra o califa Abd al-Malik nas rexións persas de Sistan e Balochistan.

Abdallah ibn Abd al-Malik captura Theodosiopolis en Armenia.

Musa ibn Nusayr derrota forzas bérberes en Alxeria, acabando coa súa resistencia ante os árabes.

o comercio de escravos a través do Sáhara propicia a creación da cidade de Zawila.

‘compóñense’ os evanxeos de Lindisfarne.

os turcos ‘tujue’ atacan Sogdiana.

Narasimhavarman II, rei pallava, que marcará un hito ao abandonar a arquitectura rupestre e pasar a construír edificios de granito (templos de Ravage, Kailâsanâtha en Kanchi, e Vaikunthaperumal).

inicios da cultura mixteca (Serra Madre e outros lugares montañosos de Mexico).

a nobreza e o clero en Hispania son cada vez máis autónomos do poder do rei godo. Exica non é quen de frear o proceso.

venres, 19 de decembro de 2014

695

sólido de ouro coa efixie de Leontios
en.wikipedia.org
marzo: morre Clodoveo IV e Pipino de Heristal sitúa no trono ao irmán deste, Childeberto IV.

fin da campaña franca contra os frisios.

Ferchar II sucede a Domnall como rei de Dal Riata.

Hassan ibn an-Numan, con 50000 homes, prepara un gran ataque contra Carthago, que cae en mans musulmás.

agosto, 5: Tikal conquista Calakmul.

Pipino de Heristal nomea a Drogo, primoxénito, mordomo de Burgundia e a Grimoaldo II, o máis novo, mordomo de Neustria.

os saxóns expándense derrotando os bructeri, entre o Lippe e o Ruhr, e ocupan a actual Westfalia.

setembro: Leontios é liberado e nomeado gobernador de Hellade, pero decide aproveitar o descontento na capital para capturar a Xustiniano II e, en vez de matalo, ordena mutilalo (sen nariz considera non pode reinar) e destérrao a Quersonea, sendo proclamado basileus.

setembro, 6: Wihtred de Kent edita un código legal e mantén a independencia contra Mercia.

Aldfrith de Northumbria casa con Cuthburh, irmá de Ine de Wessex.

Uaxaclajuun Ub’aah K’awiil, ajaw de Copán.

novembro, 21: Willibrord, consagrado bispo de Utrecht por Serxio I en Roma.

694

crónica Peterborough, que recolle
o código lexislativo de Ine
es.wikipedia.org
publicación dun código lexislativo promovido por Ine de Wessex.

Wihtred de Kent asina a paz con Ine de Wessex.

Sebbi de Essex desexa dedicarse á vida monacal e abdica nos seus fillos Sigeheard, Swaefred e Offa de Essex.

Asuka-kyō, co palacio Kiyomihara, deixa de ser capital de Xapón, que pasa a Fujiwara-kyō.

morre Asparukh e sucédeo Tervel como líder dos búlgaros.

os maronitas rexeitan a petición de Xustiniano II de retractarse e vencen na batalla de Amiun.

novembro, 9: inicio das sesións do XVII concilio de Toledo. Exica sospeita da confluencia dos xudeus de Hispania cos de Africa. Decrétase a disolución das ‘aljamas’, a escravitude de todos os xudeus e a prohibición dos seus ritos; tamén deben entregar os fillos aos sete anos para ser educados coma cristiáns.

xoves, 18 de decembro de 2014

692

dinar coa efixie de Abd al-Malik
en.wikipedia.org
concilio en Constantinopla, que decreta a igualdade entre o bispo de Roma e o patriarca de Constantinopla; os sacerdotes casados poden vivir coas súas mulleres. Serxio I rexeita ambas decisións e o emperador ordena o seu arresto; sen embargo as milicias de Roma e o exarcado de Ravenna póñense do lado do bispo.

prohíbense tamén os restos de celebracións pagás: calendas, brumalias, anthesterias, …

febreiro: al-Hajjaj ben Yusef dirixe unha expedición umayyad contra Meca.

Abd al-Malik acuña moedas de ouro e Xustiniano II négase a aceptalo e rompe a tregua.

batalla de Sebastopolis: o exército bizantino comandado por Leontios é derrotado por Muhammad ibn Marwan. Durante a batalla un continxente ‘especial’ (uns 20000 eslavos) baixo Neboulos pásase aos musulmáns.

Xustiniano II culpa ao exército da derrota e isto fai que o seu prestixio se resinta; feito que se agrava coas subidas de impostos. Leontios é apresado.

o soberano armenio Smbat VI Bagratouni pásase aos musulmáns, que tamén conquistan Iberia e Colchis, últimas posesións bizantinas ao leste do Taurus. Xustiniano II tamén ten que acceder a compartir Chipre.

Ine de Wessex instala a Nothelm, un parente seu, como rei de Sussex.

Wu Zetian retoma o control sobre o reino de Khotan, na conca do Tarim.

constrúese o ‘templo da cruz’ en Palenque para conmemorar o reinado de K’inich Kan B’alam II.

setembro, 30: o califa de Meca ‘Abd Allah ibn Zobair é executado logo dun longo asedio.