Amosando publicacións coa etiqueta Leontios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Leontios. Amosar todas as publicacións

sábado, 7 de marzo de 2015

706

hipódromo de Constantinopla, reconstrución
www.estambulguias.com
febreiro, 15: Leontios é sacado á forza do mosteiro no que estaba recluído e enviado ao hipódromo xunto con Tiberio III, inalmente capturado. Alí Xustiniano II preside un espectáculo de carreiras de carros mentres Leontios e Tiberio III están tirados no chan, frente ao trono imperial e uns soldados os humillan pisándolles o pescozo, coa multitude cantando o 13º verso do salmo 91: ‘pisaredes o león e a víbora’. O león era Leontios, e a víbora (aspis, en grego) era Tiberio III, cuxo verdadeiro nome era Aspimar. Logo dos xogos, Leontios e Tiberio III son executados, e a continuación Xustiniano II ordena a persecución e morte contra todos os que os apoiaran ou son sospeitosos de telo feito.

o patriarca Kallinikos I tamén cae, sendo sucedido por Kyros.

Corvulus de Friuli é arrestado por Ariperto II, ordenando que lle quiten os ollos e sendo reemprazado por Pemmo, que comeza unha guerra contra os eslavos de Carinthia.

xullo, 2: Zhong Zong ordena soterrar os restos de súa nai Wu Zetian, outro fillos seu Li Xian, un neto Li Chongrun, e unha bisneta Li Xianhui; todos xuntos no mesmo mausoleo onde están seu pai e o marido de Wu Zetian, o emperador Gao Zong, nas aforas de Chang’an, o mausoleo Qianling.

Berhtwald, arcebispo de Canterbury, é obrigado polo papa a reunir o sínodo de Nidd (en Northumbria).

Nechton mac Derelei, rei picto, tenta manter boas relacións cos anglo-saxóns.

sábado, 20 de decembro de 2014

698

maqueta de Tui medieval
tiniandres.blogspot
primavera – verán: Carthago cae novamente en mans do exército musulmán dirixido por Hasan ibn al-Nu’man e as instalacións portuarias (comerciais e militares) son destruídas. Os musulmáns fundan Tunis.

as tropas bizantinas que sobreviven retíranse a Creta, onde se sublevan e nomean basileus a un xeneral chamado Apsimar, que adopta o nome de Tiberio III. O novo emperador chega a Constantinopla, apresa e Leontios, que corre a mesma sorte que Xustiniano II, sendo recluído nun mosteiro.

outono – inverno: o novo emperador goberna eficazmente e seu irmán Heraclio cruza cun exército os pasos montañosos de Taurus e entra en Cilicia, lanza unha campaña en Syria, derrota unha forza árabe procedente de Antioquia e chega a Samosata.

Teodomiro, gobernador godo do Levante, enfróntase a unha flota grega que pretende desembarcar en Hispania. Poden ser restos da flota de guerra bizantina expulsada de Carthago ou outras bases conquistadas polos musulmás, ou refuxiados, ou as dúas cousas.

novembro, 15: Exica nomea sucesor e co–rexente a Witiza, fillo seu, e ordénalle vivir en Tude para que ‘o pai teña o reino dos godos e o fillo o dos suevos’; isto proba a persistencia dunha identidade sueva, diferenciada da goda.

Fiannamail ua Dúnchado, sucede a Ainbcellah, como rei de Dal Riata.

un sínodo en Aquileia decide o final do cisma dos ‘tres capítulos’ e os bispos presentes sométense á autoridade de Roma, confirmada nun sínodo de reconciliación en Ticinum.

Berhtred morre á cabeza dun exército de Northumbria en territorio picto; sen embargo, os anglo-saxóns anexan o reino de Cait.

al-Kahina é derrotada nos Aures, finalizando a resistencia bérber contra os musulmáns.

Qapaghan Qaghan conquista partes de Transoxiana.

Willibrord establece unha abadía en Echternach co apoio de Irmina, filla de Dagoberto II.

creación de Balhae, reino no norte da península de Korea.

dinares coa data 698 van a parar ata a Escandinavia.

venres, 19 de decembro de 2014

695

sólido de ouro coa efixie de Leontios
en.wikipedia.org
marzo: morre Clodoveo IV e Pipino de Heristal sitúa no trono ao irmán deste, Childeberto IV.

fin da campaña franca contra os frisios.

Ferchar II sucede a Domnall como rei de Dal Riata.

Hassan ibn an-Numan, con 50000 homes, prepara un gran ataque contra Carthago, que cae en mans musulmás.

agosto, 5: Tikal conquista Calakmul.

Pipino de Heristal nomea a Drogo, primoxénito, mordomo de Burgundia e a Grimoaldo II, o máis novo, mordomo de Neustria.

os saxóns expándense derrotando os bructeri, entre o Lippe e o Ruhr, e ocupan a actual Westfalia.

setembro: Leontios é liberado e nomeado gobernador de Hellade, pero decide aproveitar o descontento na capital para capturar a Xustiniano II e, en vez de matalo, ordena mutilalo (sen nariz considera non pode reinar) e destérrao a Quersonea, sendo proclamado basileus.

setembro, 6: Wihtred de Kent edita un código legal e mantén a independencia contra Mercia.

Aldfrith de Northumbria casa con Cuthburh, irmá de Ine de Wessex.

Uaxaclajuun Ub’aah K’awiil, ajaw de Copán.

novembro, 21: Willibrord, consagrado bispo de Utrecht por Serxio I en Roma.

693

commons.wikipedia.org
Leontios cae en desgraza co emperador a pesar de loitar lealmente para o imperio en contra dos musulmáns.

Siseberto, arcebispo de Toledo, encabeza unha rebelión contra Exica, na que planea matalo xunto coa raíña, Liuvigoto, pero é descuberto, despoxado dos hábitos e excomungado.

abril, 25: inicio das sesións do XVI concilio de Toledo, no que Exica pretende reforzar a súa seguridade; os rebeldes son anatematizados e o forum iudicum modificado. Insistencia nas medidas contra a comunidade xudía. Menciónase a Félix como bispo de Dumio e metropolitano de Bracara.

Calinicos I, patriarca de Constantinopla, en sucesión de Paulos III.


Bertwald, arcebispo de Canterbury.

outubro, 5: eclipse solar total en Gallia, Italia, Balcáns, Anatolia e Mesopotamia.

morre Oshere de Hwicce (baixo a supremacía de Mercia), sucedido polos seus catro fillos: Aethelberht, Aethelheard, Aethelweard e Aethelric.

Ine de Wessex establece o seu propio código legal para recuperar a autoridade dentro do seu reino.

peste en Narbonnensis.

xoves, 18 de decembro de 2014

692

dinar coa efixie de Abd al-Malik
en.wikipedia.org
concilio en Constantinopla, que decreta a igualdade entre o bispo de Roma e o patriarca de Constantinopla; os sacerdotes casados poden vivir coas súas mulleres. Serxio I rexeita ambas decisións e o emperador ordena o seu arresto; sen embargo as milicias de Roma e o exarcado de Ravenna póñense do lado do bispo.

prohíbense tamén os restos de celebracións pagás: calendas, brumalias, anthesterias, …

febreiro: al-Hajjaj ben Yusef dirixe unha expedición umayyad contra Meca.

Abd al-Malik acuña moedas de ouro e Xustiniano II négase a aceptalo e rompe a tregua.

batalla de Sebastopolis: o exército bizantino comandado por Leontios é derrotado por Muhammad ibn Marwan. Durante a batalla un continxente ‘especial’ (uns 20000 eslavos) baixo Neboulos pásase aos musulmáns.

Xustiniano II culpa ao exército da derrota e isto fai que o seu prestixio se resinta; feito que se agrava coas subidas de impostos. Leontios é apresado.

o soberano armenio Smbat VI Bagratouni pásase aos musulmáns, que tamén conquistan Iberia e Colchis, últimas posesións bizantinas ao leste do Taurus. Xustiniano II tamén ten que acceder a compartir Chipre.

Ine de Wessex instala a Nothelm, un parente seu, como rei de Sussex.

Wu Zetian retoma o control sobre o reino de Khotan, na conca do Tarim.

constrúese o ‘templo da cruz’ en Palenque para conmemorar o reinado de K’inich Kan B’alam II.

setembro, 30: o califa de Meca ‘Abd Allah ibn Zobair é executado logo dun longo asedio.