Amosando publicacións coa etiqueta Leon III. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Leon III. Amosar todas as publicacións

sábado, 7 de novembro de 2015

741

sólido de Constantino V
www.bisanzioit.blogspot.com.es
xuño, 18: morre León III o Isauro de hidropisía en Constantinopla. Sucédeo Constantino V Copronimo, que invade Syria e continúa a súa política iconoclasta. Mais ten que enfrontarse á oposición interna.

o seu cuñado Artabasdos, strategos do thema armenio e iconódulo, faise co control de Constantinopla, e coróase basileus. Asegúrase os themas de Thracia e Opsikion. Constantino apóiase en Anatolia.

Shomu constrúe templos budistas nas provincias para 'pregar' por unha futura prosperidade. Os xefes dos clans deben participar nos gastos, co que se reduce a súa autonomía financeira.

outubro, 22: morre Carlos Martelo; os territorios francos repártense entre os seus fillos: Carloman (27), mordomo de Austrasia e os territorios alamanos co control de Baviera; Pipino o Breve (pola súa baixa estatura, 23), mordomo de Neustria e Burgundia con Aquitania como vasalo; e Griffo, o menor, cunha franxa de terra entre Neustria e Austrasia.

Pipino o Breve casa con Bertrada de Laon, filla do conde Cariberto.

a gran revolta bérber continúa: Hisham ibn Abd al-Malik nomea a Kulthum ibn Iyad al-Qasi wali de Ifriqiya. Envíase unha cuarta expedición dende Syria para sufocar a rebelión na rexión do Atlas, mais é derrotada na batalla de Bagdoura, na chaira de Ghrab. Sen embargo, os rebeldes kharijitas non son quen de conquistar Kairouan dos umayyad nun primeiro momento. Algo máis tarde, unha rama radical dos kharijitas, os sufristas, consegue tomar a cidade.

novembro, 28: morre Gregorio III.

decembro, 3: Zacarías elixido novo bispo de Roma.

decembro, 10: Zacarías é consagrado sen esperar autorización imperial de Constantinopla ou Ravenna, sumidas nas súas propias crises e debilidades.

moitos monxes gregos refúxianse en Roma, expulsados por Constantino e exasperados contra el.

venres, 27 de marzo de 2015

714

Carlos Martel
www.barrosbrito.com
León o Isauro vence os alanos.

as tropas árabes chegan ata o Ebro.

abril: Grimoaldo o novo, fillo de Pipino de Heristal, é asasinado mentres peregrina cara a tumba de Lamberto en Lieja por orde de seu sogro Radbod.

primavera: Tariq ibn Ziyad e Musa ibn Nusayr lanzan unha campaña no alto Ebro: conquistan Caesaraugusta, León e Asturica.

forzas musulmás capturan Caesaraugusta no Ebro. Musa é nomeado wali de al-Andalus con base en Hispalis.

Tariq ibn Ziyad conquista Barcino e Narbonna, onde os aristócratas godos acepta a dominación goda a cambio de autonomía en Septimania. Tamén avanzan cara Avignon e Lugdunum.

Xuan Zong prohíbe que se copien e venden sutras budistas en Chang’an, a capital para dar o monopolio aos mosteiros budistas.

verán:  Xuan Zong fai do seu xeneral Xue Ne chanceler de facto e comisiónao cun exército chinés (60000) para atacar os khitans (Mongolia). Xue cae nunha trampa e as forzas Tang son aniquiladas, cun 80 e 90% de baixas.

outono: Xue Ne rexeita unha invasión que ataca a prefectura Lan. Xuan Zong fai de Li Ying, o seu segundo fillo, como príncipe herdeiro da dinastía Tang.

batalla de Toqmaq: os chineses arrancan a Dzoungarie dos turcos orientais.

incursións tibetanas causan unha violenta resposta militar chinesa.

aparecen disputas entre Tariq e Musa, que son chamados a Damasco polo califa al-Walid para render contas. Abd al-Azid é nomeado comandante polo seu pai e establece a súa base en Hispalis.

agosto: Ambrosius, inluster maioredomus, chega a Arezzo para resolver unha disputa de lindes entre os bispados de Arezzo e Siena, a favor de Arezzo finalmente.

Aethelstan inicia o seu reinado en Sussex.

en Septimania algúns nobres godos pactan cos árabes en termos semellantes a Teodemir. Outros deciden seguir a loita e elixen a Ardo como rei.

decembro, 16: Pipino morre en Jupille e Theudoaldo (6 anos), neto seu, é o mordomo de palacio oficial mentres Plectruda exerce o poder real e detén ao bastardo de Pipino con Alpaida, Carlos Martelo. (‘karl’ en xermánico significa ‘bastardo’).

os nobles de Neustria non desexan a tutela de Austrasia e rebélanse.

os frisios tamén se rebelan: Radbod obriga ao bispo Willibrord e os monxes bieitos a fuxir e avanza ata Cologne.

Eudes proclámase duque de Aquitania e desvincúlase do reino franco.

Al-Hajjaj ibn Yusuf morre en Wasit logo de 20 anos de administración en Mesopotamia. Introduciu a produción agrícola e introduce os puntos diacríticos na escritura arábiga. Tamén convenceu a al-Walid I de que adoptase a moeda árabe.

rebelión en Turinxia e entre os alamanos. Saxóns e frisios marchan sobre Metz.