Amosando publicacións coa etiqueta Clodoveo II. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Clodoveo II. Amosar todas as publicacións

sábado, 22 de novembro de 2014

657

emperatriz Wu Zetian
es.wikipedia.org
xuño, 1: morre Uxío I.

xullo, 1: Vitaliano, novo bispo de Roma coa aprobación do exarca de Ravenna. O novo bispo de Roma procura normalizar as relacións co imperio e debe disputar a primacía eclesiástica co arcebispo de Ravenna.

xullo, 26-29: batalla de Siffin, na ribeira do Eufrates, cerca de ar-Raqqah (Syria), na que se enfrontan Ali e Mu’awiyya (seica este fixo colocar nos extremos das lanzas dos seus soldados exemplares do Corán, como signo de reconciliación); os dous bandos se consideran vencedores e ambos se considera califas lexítimos. Ali reside en Kufa e Mu’awiyya en Damasco.

a emperatriz Wu Zetian nomea o seu propio primeiro ministro e ten cada vez máis influencia, superior ao propio emperador Gaozong.

Gaozong comisiona a publicación dun documento oficial que recolle o uso de 833 substancias diferentes cos seus usos medicinais.

outubro, 31: morre Clodoveo II de Neustria, sucedido por Clotario III (3 anos), exercendo a rexencia Balthild, aconsellada por cregos piadosos, que lle fan ditar medidas que tentan frear os abusos cometidos contra escravos e poboación humilde.

venres, 21 de novembro de 2014

656

Ali ibn Abi-Talib
febreiro, 1: morre Sixeberto III de Austrasia (25 anos), deixando un fillo menor, Dagoberto II (4 anos), pero Grimoaldo envíao en segredo a un mosteiro en Hibernia e afirma que Sixeberto designara sucesor ao seu propio fillo antes de que nacera Dagoberto. O novo rei é, por tanto, Childeberto III. Sen embargo, a nobreza non concorda e o mordomo de palacio e o seu fillo son pronto asasinados coa axuda de Clodoveo II de Neustria e o seu mordomo Ebroino, que volven unificar baixo un só rei todos os territorios francos.

xuño, 20: Utman morre asasinado en Madinat e resulta elixido novo califa Ali ibn Abi-Talib, un dos xenros de Muhammad. Ali traslada a capital a Kufa.

sen embargo, Aisha bint Abi Bark, unha viúva do profeta, encabeza a oposición imputando a Ali a responsabilidade do asasinato do seu predecesor. Gaña para a súa causa Mu’awiyya e iníciase unha guerra civil que detén os avances musulmáns en todos os frentes.

decembro, 1: inicio das sesións do X concilio de Toledo coa asistencia de 17 bispos (tres metropolitanos: Uxío II de Toledo, Frutuoso de Braga e Fuxitivo de Hispalis) máis outros cinco representados. Trátanse as penas polo quebrantamento do xuramento de lealdade ao rei por cregos e leigos; os altos prezos inxustificados polas vendas que fan sacerdotes de escravos cristiáns a xudeus.

tamén se tratan asuntos internos da igrexa como a retirada do bispo Potamio a un mosteiro e o testamento de Ricimero, bispo de Dumium. Este testamento establecera un número excesivo de legados xa que dera ‘demasiado’ aos pobres xa que ‘os pobres non teñen ningunha necesidade inminente’ por iso se declaran nulas as súas doazóns e manumisións.

decembro, 9: ‘batalla do camelo’, en Basra, na que vencen os partidarios de Ali. Detrás deste hai moitos integrantes da nobreza sasánida que logra recuperar a súa influencia; polo tanto, subxace unha loita entre os antigos persas e o núcleo duro musulmán.  Morren 10000 persoas e as dúas partes sofren baixas moi importantes.

Oswiu de Northumbria invade Pengwern e mata a Cynddylan en batalla cerca do río Trent. O seu irmán Morfael e os restos da familia real foxen a Glastening (Wessex).

Oethelwald de Deira é feito abdicar por Oswiu, tío seu, por ter desertado na batalla de Winwaed, e reemprazado por Alhfrith, fillo de Oswiu.

morre Abdullah ibn Sa’ad, gobernador de Exipto.

Saimei de Xapón constrúe un novo palacio en Asuka (prefectura Nara) chamado o ‘canal dos tolos’ pola inxente cantidade xente e recursos desperdiciados na súa construción.

Li Xian, sétimo fillo de Gaozong é designado príncipe herdeiro.

venres, 14 de novembro de 2014

643

edictum rothari
www.lookandlearn.com
Huien Tsang, peregrino chinés, chega a India, onde o rei Harsha organiza no seu honor una gran asemblea na capital Kannauj, presidida por unha imaxe de Buda á que acoden reis veciños, bramáns, xainistas e monxes budistas. Pronúncianse discursos, fanse ofrendas a Buda e Harsa distribúe unha parte do tesouro real.

Leuthario, duque dos alamanos, ordena o asasinato de Otto, protector de Sixeberto III e mordomo de palacio, e allana o camiño para que Grimoaldo o Vello sexa o novo mordomo en Austrasia. Grimoaldo tamén recibe o apoio do bispo Cuniperto e fai valer o carácter hereditario do cargo tal e como establecera Clotario II.

Constante II recoñece a Theodoro Rshtuni como rei de Armenia logo da súa vitoriosa campaña contra os musulmáns; noméao nakharar do exército armenio.

Mauricio, comandante bizantino de Roma, proclámase dux de Roma e rebélase contra o exarca Isaac, declarándose independente de Constantinopla.

Cynegils de Wessex morre e é sucedido polo seu fillo Cenwalh, inda pagán, que casa coa irmá de Penda de Mercia.

Peroz III, fillo de Yazdegerd III, último sasánida, refúxiase en territorio baixo control da dinastía Tang.

os musulmáns avanzan en Africa cara o leste; asedian Tripoli, que cae logo dun mes.

‘Amr ibn al-‘As envía un destacamento a Sabratha, que axiña paga a jizya (imposto de capitación) correspondente. Sen embargo, Umar rexeita seguir avanzando e ordena a ‘Amr que regrese a Exipto. Os musulmáns xa controlan, sen embargo, a Tripolitana e a Cyrenaica.

Taizong ordena construír en Chang’an cuartos para aloxar os funcionarios que veñen render contas sobre os seus distritos. Cada un poderá dispor dos seus propios cuartos.

Taizong comisiona a Yan Liben para pintar no pavillón Lingyan os retratos en tamaño real de 24 funcionarios gobernamentais que conmemoren os seus servizos á dinastía Tang.

Clodoveo II casa con Balthilda, escrava anglo-saxona que cobra gran influencia.

Isfahan é refundada polos musulmáns, que avanzan en Media e Acerbaixán.


novembro, 22: Rothario promulga en Ticinum o edictum rothari, que codifica en latín as leis e usos lombardos.

mércores, 12 de novembro de 2014

639

'homenaxe a Clodoveo II, o rei neno'
Albert Maignan, 1883
en.wikipedia.org
xaneiro, 19: morren Dagoberto I e Ansexisel. Sixeberto III (7 anos), rei de Austrasia, e Clodoveo II (3 anos), rei de Neustria. En Austrasia Pipino de Landen logra recuperar o poder e divide o tesouro real entre os irmáns e a rexente en Neustria, Nantechilda, viúva de Dagoberto, que goberna asesorada por Aega, mordomo de palacio.

morre Chintila, e a nobreza elixe a Tulga.

Mu’āwiya, dos Umayyaden é nomeado gobernador de Syria polo califa Umar I, logo da morte de Abu Ubayda e Khalid.

setembro, 3: eclipse solar total en Britannia e no norte de Xermania.

Hormuzan, sátrapa de Susiana, vasalo do califato, rebélase e ataca Mesopotamia. En represalia, Abu Musa al-Asha’ari destrúe Susa.

Xueyantuo asalta os Tujue do leste, vasalos dos Tang, o que ocasiona a resposta de Taizong, que comisiona a Li Shiji para que emprenda accións militares de castigo

Elixius sucede a Acarius como bispo de Doornik e Noyoon, que tamén se constitúe como garda das cidades de Vermandois (que inclúen Ghent e Kortrijk).

o exarca de Ravenna Isaac constrúe unha catedral en Torcello, confirmando a importancia da illa como centro de Venecia.

decembro, 12: ‘Amr ibn al-‘Ās comeza a invasión de Exipto con 4000 homes. Asedia Pelusium.

domingo, 9 de novembro de 2014

635

Pella, restos dunha mezquita
erixida en lembranza da batalla de Fahel
www.pictures.traveladventures.org
Heraclio decátase do perigo da ameaza musulmá, forma un exército e envíao a Syria baixo o mando de Theodoro.

xaneiro: batalla de Fahel, na que Khalid (30000 homes) derrota a Theodoro en Pella, no val do Xordán.

‘Amr ibn al-‘As conquista Gaza, que se converte na primeira cidade onde se desenvolve un código legal islámico.

marzo: inicio do asedio de Damasco.

maio, 23: Dagoberto I reúne unha asemblea xeral en Bigargium, onde le o seu testamento.

setembro, 4: os musulmáns entran en Damasco.

outubro, 9: feira de Saint-Dennis, onde Dagoberto I renuncia aos impostos e beneficios que xera a favor da abadía.

novembro: conquista de Emesa polos musulmáns.

Dagoberto I ten un segundo fillo, Clodoveo II, que se converte en rei de Neustria.

sínodo en Constanza.

o nestoriano Alopen entra en China.

Heraclio forma unha alianza con Kubrat para quebrar o poder dos avaros nos Balcáns.

Judicael, rei de Domnonée (Bretaña) visita a Dagoberto I en Clichy para prometer fidelidade aos francos pero insulta ao rei ao rexeitar comer na mesa rexia.

Meurig de Glywysing e Gwent invade Ergyng e unifica os reinos gaélicos.

Gartnait III morre e sucédeo seu irmán Bridei II como soberano dos pictos.

Yao Silian, historiador chinés completa o seu libro de Liang, que contén a historia da dinastía Liang.

Birinus, misioneiro franco, bautiza o rei Cynegils de Wessex e convértese en bispo de Dorchester.