Amosando publicacións coa etiqueta Gaozong. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Gaozong. Amosar todas as publicacións

venres, 12 de decembro de 2014

683

entrada á tumba de Mu'awiyya II
Damasco
www.eslam.de
durante unha emboscada en Biskra os bérberes baixo Kusaila ibn Lemzem aniquilan un exército musulmán comandado por Uqba ibn Nafi, que cae na loita; os musulmáns deben retirarse a Barca, na Cyrenaica e Kusaila conquista Kairouan.

xuño, 28: morre León II.

agosto, 26: vitoria umayyad en Madinat, que é saqueada durante tres días e a poboación masacrada.

agosto, 28: morre K’inich Janaab’ Pakal I, soberano de Palenque.

setembro, 25 (ata novembro, 27): o exército umayyad baixo Husayn ibn Numayr al-Sakuni asedia Meca; durante o asedio arde a Kaaba. Levántase o asedio cando se reciben as novas da morte de Yazid.

morre Sighere de Essex e seu irmán Saebbi é agora o único rei.

novembro, 4: inicio das sesións do XIII concilio de Toledo, no que se decreta que, salvo en casos de flagrante culpabilidade, os nobres e cregos non poden ser privados da súa dignidade, torturados ou espoliados; nin xulgados polos seus iguais, co que se aumenta a súa autonomía fronte ao rei.

nas actas do concilio, Liuva é mencionado como bispo de Dumio e metropolitano de Bracara.

novembro, 14: Mu’awiyya II sucede a Yazid I como califa. Abdallah ibn az-Zubair é proclamado en Meca contra os ummayad.

decembro, 27: Zhongzong sucede a Gaozong como emperador chinés, que morre en Luoyang. É fillo de Wu Zetian, que exerce como rexente e funda así a dinastía Zhou.

Tenmu decreta unha reforma en Xapón: débense usar moedas de cobre en lugar das de prata. Tres días máis tarde reverte a medida. O príncipe Ōtsu, fillo de Tenmu, iníciase oficialmente en tarefas de goberno.

xoves, 27 de novembro de 2014

663

panoplia dun guerreiro picto
louespiritucelta.blogspot.com
Constante II ataca Benevento aproveitando que Grimoaldo I está a combater contra forzas francas procedentes de Neustria. Desembarca en Tarento e asedia Lucera e a propia Benevento. Toma Brindisi, coa axuda da horda búlgara de Alcek, que logo recibe autorización imperial para asentarse na zona de Ravenna.

sen embargo, Grimoaldo intervén e Constante debe renunciar a Benevento; marcha cara Neapolis pero é derrotado no camiño polo conde de Capua Mitola.

maio, 8: batalla de Forino, na que os bizantinos (unha columna diferente á do emperador, baixo Saburrus) volven ser derrotados polos lombardos baixo Romualdo I.

xuño, 5: o palacio Daming pasa a ser a residencia oficial de Gaozong.

xullo, 5: Constante II visita Roma durante doce días, onde é recibido por Vitaliano con grandes honores. O emperador queda decepcionado coa cidade, que atopa en estado de ruína, pero ordena quitar algúns adornos que quedan e mandalos a Constantinopla.

Constante II marcha novamente a Neapolis e logo a Siracusa, desde onde planea frear os musulmáns á propia Sicilia.

un monxe, de nome descoñecido, é o primeiro en chegar á cima do monte Fuji.

Oswiu de Northumbria invade territorio picto e establece a súa supremacía sobre os reinos de Fortriu, Fib, e posiblemente Circinn.

agosto, 27-28: batalla de Baekgang, na que as forzas de Baekje e os seus aliados xaponeses son derrotados (dirixidos por Abe no Hirafu) nunha batalla naval pola coalición de Silla e os chineses.

Silla esténdese sobre toda a península coreana, ocupando o antigo reino de Paikche e o sur de Goguryeo. Ao norte xorde Palhae, que escapa ao control de Silla e mantén relacións cos pobos ‘bárbaros’ do norte.

Wine, bispo de Winchester, volve trasladar a se episcopal a Dorchester.

luns, 24 de novembro de 2014

660

clepsidra
vivirdiario.com
Constante II manía coas ambicións de seu irmán menor Teodosio e fai que o asasinen; isto desata as iras da xente na capital e decide marchar con parte da corte a Tesalónica, coa idea de chegar ata Sicilia.

Swithhelm e Swithfrith matan a seu irmán Sigeberht II, e sucédeno conxuntamente como reis de Essex. O defunto era demasiado ‘proclive’ a perdoar os ‘inimigos’ (os cristiáns).

Domanagart II mac Domnaill, rei de Dál Riata, sucesor de Conall II Crandomna.

xullo: Mu’awiyya é proclamado califa polos seus partidarios en Xerusalem en contra de Ali. Damasco pasa a ser a capital dos musulmáns en detrimento de Madinat. Organiza un aparato estatal centralizado que se apoia nos iemenitas e os cadros bizantinos sirios recen convertidos ao islam (Ibn Sarjun é un vello funcionario bizantino que se encarga das finanzas).

xullo, 9: batalla de Hwangsanbeol, na que forzas de Silla (50000 homes) dirixidas polo xeneral Kim Yu-shin derrotan o exército de Baekje en Nonsan; o xeneral Gyebaek morre loitando contra os invasores.

xullo, 18: rendición de Sabi, capital de Baekje, que é conquistado por unha alianza da dinastía Tang e Silla, dirixida polo xeneral chinés Su Dingfang e polo rei Munmu de Silla.

Felix, patricio de Tolosa, asume o título de duque de Vasconia e Aquitania; formalmente é vasalo dos francos pero comeza a tomar decisións propias.

Cenwalh de Wessex divide a se episcopal de Dorchester en dúas: Wine, bispo de Wintancestir; Axilberto de Dorchester dimite como protesta e viaxa cara Northumbria.

Gaozong enferma (quizás envelenamento) e Wu Zetian comeza a gobernar o imperio chinés nun clima de terror.

o príncipe Naka no Ōe no Ōji de Xapón fabrica unha clepsidra en Asuka.

os búlgaros líbranse do xugo avaro co liderado de Asparoukh e chegan ao delta do Danubio e instálanse na Dobruja.

sábado, 22 de novembro de 2014

657

emperatriz Wu Zetian
es.wikipedia.org
xuño, 1: morre Uxío I.

xullo, 1: Vitaliano, novo bispo de Roma coa aprobación do exarca de Ravenna. O novo bispo de Roma procura normalizar as relacións co imperio e debe disputar a primacía eclesiástica co arcebispo de Ravenna.

xullo, 26-29: batalla de Siffin, na ribeira do Eufrates, cerca de ar-Raqqah (Syria), na que se enfrontan Ali e Mu’awiyya (seica este fixo colocar nos extremos das lanzas dos seus soldados exemplares do Corán, como signo de reconciliación); os dous bandos se consideran vencedores e ambos se considera califas lexítimos. Ali reside en Kufa e Mu’awiyya en Damasco.

a emperatriz Wu Zetian nomea o seu propio primeiro ministro e ten cada vez máis influencia, superior ao propio emperador Gaozong.

Gaozong comisiona a publicación dun documento oficial que recolle o uso de 833 substancias diferentes cos seus usos medicinais.

outubro, 31: morre Clodoveo II de Neustria, sucedido por Clotario III (3 anos), exercendo a rexencia Balthild, aconsellada por cregos piadosos, que lle fan ditar medidas que tentan frear os abusos cometidos contra escravos e poboación humilde.

venres, 21 de novembro de 2014

656

Ali ibn Abi-Talib
febreiro, 1: morre Sixeberto III de Austrasia (25 anos), deixando un fillo menor, Dagoberto II (4 anos), pero Grimoaldo envíao en segredo a un mosteiro en Hibernia e afirma que Sixeberto designara sucesor ao seu propio fillo antes de que nacera Dagoberto. O novo rei é, por tanto, Childeberto III. Sen embargo, a nobreza non concorda e o mordomo de palacio e o seu fillo son pronto asasinados coa axuda de Clodoveo II de Neustria e o seu mordomo Ebroino, que volven unificar baixo un só rei todos os territorios francos.

xuño, 20: Utman morre asasinado en Madinat e resulta elixido novo califa Ali ibn Abi-Talib, un dos xenros de Muhammad. Ali traslada a capital a Kufa.

sen embargo, Aisha bint Abi Bark, unha viúva do profeta, encabeza a oposición imputando a Ali a responsabilidade do asasinato do seu predecesor. Gaña para a súa causa Mu’awiyya e iníciase unha guerra civil que detén os avances musulmáns en todos os frentes.

decembro, 1: inicio das sesións do X concilio de Toledo coa asistencia de 17 bispos (tres metropolitanos: Uxío II de Toledo, Frutuoso de Braga e Fuxitivo de Hispalis) máis outros cinco representados. Trátanse as penas polo quebrantamento do xuramento de lealdade ao rei por cregos e leigos; os altos prezos inxustificados polas vendas que fan sacerdotes de escravos cristiáns a xudeus.

tamén se tratan asuntos internos da igrexa como a retirada do bispo Potamio a un mosteiro e o testamento de Ricimero, bispo de Dumium. Este testamento establecera un número excesivo de legados xa que dera ‘demasiado’ aos pobres xa que ‘os pobres non teñen ningunha necesidade inminente’ por iso se declaran nulas as súas doazóns e manumisións.

decembro, 9: ‘batalla do camelo’, en Basra, na que vencen os partidarios de Ali. Detrás deste hai moitos integrantes da nobreza sasánida que logra recuperar a súa influencia; polo tanto, subxace unha loita entre os antigos persas e o núcleo duro musulmán.  Morren 10000 persoas e as dúas partes sofren baixas moi importantes.

Oswiu de Northumbria invade Pengwern e mata a Cynddylan en batalla cerca do río Trent. O seu irmán Morfael e os restos da familia real foxen a Glastening (Wessex).

Oethelwald de Deira é feito abdicar por Oswiu, tío seu, por ter desertado na batalla de Winwaed, e reemprazado por Alhfrith, fillo de Oswiu.

morre Abdullah ibn Sa’ad, gobernador de Exipto.

Saimei de Xapón constrúe un novo palacio en Asuka (prefectura Nara) chamado o ‘canal dos tolos’ pola inxente cantidade xente e recursos desperdiciados na súa construción.

Li Xian, sétimo fillo de Gaozong é designado príncipe herdeiro.

mércores, 19 de novembro de 2014

651

Oswiu de Bernicia
Froia sublévase contra Chindasvinto coa axuda dos vascos; logra asediar Caesaraugusta pero a rebelión é controlada por Recesvinto.

Samuel Taxón sucede a Braulio como bispo de Caesaraugusta ao morrer este; escribirá as sententiae, inspiradas en Gregorio I.

morre Yazdegerd III asasinado cerca de Merv polos seus propios seguidores, cesando así a resistencia persa contra os musulmáns. Peroz III, fillo seu, foxe a China.

os musulmáns ocupan Nobatia e Makuria, pero asinan un tratado de non agresión que recoñece a independencia de ambos reinos cristiáns.

Utman envía unha embaixada a Chang'an encabezada por Sa'd ibn Abi Waqqas; van por mar e son recibidos por emperador Gaozong, que ordena construír a primeira mesquita chinesa.

os musulmáns baixo Abdullah ibn Aamir invaden Afghanistan e capturan Khorasan e Herat, que se rende sen loitar. Os musulmáns pretenden controlar a ‘ruta da seda’ ao longo da Transoxiana.

Grimoaldo I, duque de Benevento, ao morrer Radoaldo.

Abdallah ibn Abi Sarh trata de invadir Nubia desde Exipto.

o Corán, codificado por orden de Utman, pasa a ser o modelo do que se permiten facer copias para promulgar nas cidades que xa controlan os musulmáns.

Oswiu de Bernicia loita contra Oswine de Deira, que recúa a Gilling, onde é traizoado e asasinado polos homes de Oswiu.

Oethelwald sucede a Oswine e alíase con Penda contra Oswiu.

martes, 18 de novembro de 2014

649

emperador Gaozong
en.wikipedia.org
xaneiro, 19: os defensores de Kucha réndense logo dun asedio de 40 días. Queda establecido o control chinés total sobre o norte da conca do Tarim.

xaneiro, 20: Recesvinto, nomeado co-rexente por Chindasvinto.

Mu'awiyya, gobernador de Syria, comisiona a Adbullah ibn Sa'ad a conquista de Chipre, cousa que fai usando unha flota de 1700 naves manexada por mariñeiros cristiáns disidentes: coptos e monofisitas, entre outros. Os musulmáns saquean Constantia, logo dun curto asedio, e tamén o resto da illa. Os xefes locais concordan en pagar ao califato o mesmo tributo que se pagaba a Constantinopla.

maio, 14: morre Theodoro I, tendo sona de ter sido xeneroso cos necesitados.

xullo, 5: Martiño I sucede a Theodoro I como bispo de Roma.

xullo, 10: Gaozong (20 anos) sucede a seu pai Taizong, como emperador Tangg en China.


outubro, 5: Martiño I convoca un sínodo no Laterano, ao que asisten 105 bispos, maioritariamente italianos.

outubro, 31: o sínodo elabora un documento con 20 obxeccións ao monotelismo, remitido a Constantinopla.

Botandus, sucesor de Cuniperto como bispo de Colonia.

Constante II acusa a Martiño I de ter condenado o monotelismo e ordena a Olympius, exarca de Ravenna, que o arreste. O exarca tenta gañarse a poboación e os bispos e ordena asasinar a Martiño.

o emperador Kōtoku acusa a Soga no Kurayamada de traizón e estrangúlao de xeito ritual no templo de Yamada-dera, sendo outros membros do clan ‘soga’ arrestados e executados.