Amosando publicacións coa etiqueta Witiza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Witiza. Amosar todas as publicacións

domingo, 15 de marzo de 2015

710

www.ikuska.com
Witiza (30 anos) nomea sucesor a Akhila, fillo seu, e morre pouco despois. Roderico rebélase en Baetica. O primeiro controla o norte e o segundo o sur. No norte e Septimania habería grupos nobres godos e indíxenas pero tamén suevos en Gallaecia.

marzo, 1: Roderico toma Toletum e Akhila pide axuda aos musulmáns en Ifriqiya. O gobernador de Septem Ylyan (o Xulián cristián) fora vasalo de Witiza pero participa activamente no ataque contra Roderico.

Akhila envía dous medios irmáns a Septem para que Ylyan medie con Tariq ibn Ziyad, berber ou persa, gobernador de Tanxer.

abril, 5: Zhong Zong fai que os principais ministros, xenros e altos oficiais participar nunha festa dentro dun palacio en Chang’an.

primavera: finaliza o periodo Asuka, a segunda e última parte do periodo Yamato; comeza o periodo Nara e Heijō-kyō é agora a capital.

xullo, 3: o emperador é asasinado, quizás envelenado pola emperatriz Wei, que non consegue instalar a súa filla Li Guo’er como herdeira.

xullo, 25: a princesa Taiping e seu sobriño Li Longji organizan un golpe no que morre Wei e restauran a Rui Zong como emperador.

unifícanse os reinos de Nobatia e Makuria, baixo o rei do segundo reino.

xullo: al-Walid encarga a Musa ibn Nusayr unha expedición de recoñecemento a Hispania que dirixe Tarif Abú Zará, que parte de Tanxer con 400 homes e desembarca na actual Tarifa, saqueando unha sección do litoral.

Quersonea rebélase contra Xustiniano II con axuda xázara, que envía unha flota baixo o patrikios Estevo, que toma a cidade e restablece o control bizantino. A flota é desfeita por unha tormenta na volta, mentres que a cidade volve rebelarse.

o xeneral bizantino León recupera Abkhazia dos musulmáns para o imperio.

Lupus I, duque da Gascuña, é asasinado mentres tenta tomar Limoges. Eudes convértese en duque de Gascuña e Aquitania.

Ine de Wessex e Nothhelm de Sussex loitan contra Geraint de Dumnonia, que morre en batalla. O avance de Ine faino dono do actual Devon e establece unha base en Taunton.

outubro, 5: Constantino I acepta o convite de Xustiniano II e instálase no palacio do emperador en Nicomedia. O obxectivo é tratar do concilio de 692, o chamado ‘quinisexto’. En Constantinopla non cesan as purgas.

Beorhfrith loita contra os pictos entre Haefe e Caere (entre os ríos Avon e Carron).

Salih I ibn Mansur funda o reino de Nekor no actual Marrocos, ao leste de Tanxer, e converte as tribos berber ao islam.

acaban as obras da mesquita de Al-Aqsa.

outubro, 27: inicio das incursión musulmáns en Cerdeña.

luns, 2 de marzo de 2015

702

Musa ibn Nusayr
ar.wikipedia.org
Musa ibn Nusayr controla todo o actual Marrocos, logo da conquista de Tanxer e Sous.

prodúcense numerosas fugas de escravos e Exica promulga unha lei que permite detelos e torturalos para que ‘confesen a súa condición’ e poidan ser devoltos á súa situación anterior.

febreiro, 20: morre K’inich Kan B’alam II, ajaw de Palenque, sucedido por seu irmán K’inich K’an Joy Chitam II (maio, 30).

abril, 4: al-Hajjaj derrota a Ibn al-Ash’ath, en rebelión contra os umayyad na batalla de Dayr al-Jamajim nas proximidades de Kufa. al-Hajjaj ben Yusef crea a vila militar de Wâsit para vixiar o Éufrates.

decembro: Witiza sucede a Exica como rei godo, que morre asasinado nunha conxura quizás articulada por Roderico.

Behrtwald, arcebispo de Canterbury, convoca o concilio de Austerfield para decidir sobre os dereitos de Wilfrid, a quen se lle ofrece a abadía de Ripon, se renuncia ao bispado. Pero Wilfrid rexeita a oferta e apela a Roma.

os piratas etíopes ameazan Djedda, porto de a Meca. Os árabes reaccionan e destrúen a flota de Aksum e establécense en Massaoua e as illas Dahlac, e logo destrúen e incendian Adulis e outros enclaves na costa eritrea.

Aksum, sen bases marítimas, queda reducido á impotencia política e económica. Interrómpese a acuñación de moeda. O poder desprázase cara as provincias máis montañosas.

o patricius Antenor domina a Provenza.

sábado, 20 de decembro de 2014

698

maqueta de Tui medieval
tiniandres.blogspot
primavera – verán: Carthago cae novamente en mans do exército musulmán dirixido por Hasan ibn al-Nu’man e as instalacións portuarias (comerciais e militares) son destruídas. Os musulmáns fundan Tunis.

as tropas bizantinas que sobreviven retíranse a Creta, onde se sublevan e nomean basileus a un xeneral chamado Apsimar, que adopta o nome de Tiberio III. O novo emperador chega a Constantinopla, apresa e Leontios, que corre a mesma sorte que Xustiniano II, sendo recluído nun mosteiro.

outono – inverno: o novo emperador goberna eficazmente e seu irmán Heraclio cruza cun exército os pasos montañosos de Taurus e entra en Cilicia, lanza unha campaña en Syria, derrota unha forza árabe procedente de Antioquia e chega a Samosata.

Teodomiro, gobernador godo do Levante, enfróntase a unha flota grega que pretende desembarcar en Hispania. Poden ser restos da flota de guerra bizantina expulsada de Carthago ou outras bases conquistadas polos musulmás, ou refuxiados, ou as dúas cousas.

novembro, 15: Exica nomea sucesor e co–rexente a Witiza, fillo seu, e ordénalle vivir en Tude para que ‘o pai teña o reino dos godos e o fillo o dos suevos’; isto proba a persistencia dunha identidade sueva, diferenciada da goda.

Fiannamail ua Dúnchado, sucede a Ainbcellah, como rei de Dal Riata.

un sínodo en Aquileia decide o final do cisma dos ‘tres capítulos’ e os bispos presentes sométense á autoridade de Roma, confirmada nun sínodo de reconciliación en Ticinum.

Berhtred morre á cabeza dun exército de Northumbria en territorio picto; sen embargo, os anglo-saxóns anexan o reino de Cait.

al-Kahina é derrotada nos Aures, finalizando a resistencia bérber contra os musulmáns.

Qapaghan Qaghan conquista partes de Transoxiana.

Willibrord establece unha abadía en Echternach co apoio de Irmina, filla de Dagoberto II.

creación de Balhae, reino no norte da península de Korea.

dinares coa data 698 van a parar ata a Escandinavia.

mércores, 9 de marzo de 2011

701

xaneiro, 25: vitoria de ibn al-Ash’ath sobre os umayyad en Tustar sobre as forzas do gobernador. Establécese en Kufa en marzo.

setembro, 8: morre Serxio I.

outubro, 30: Xoán VI, novo bispo de Roma, coa oposición de Tiberio III.

publicación do código Taiho en Xapón, o que implica, sobre todo, a centralización do poder; por exemplo, o emperador é agora o dono de todas as terras.

Raxinperto sublévase contra Liutperto e Ansprando, a quen vence nas proximidades de Novara. Raxinperto, sen embargo, morre e sucédeo seu fillo Ariperto II.

Ariperto II, que ataca a Liutperto en Ticinum, fai que o estrangulen e procede de xeito brutal contra a familia de Ansprando, que foxe cara Baviera.

os musulmáns vencen os bérberes na batalla de Taharqa e al-Kahina morre na retirada.

morre Asparukh, sucedido polo seu fillo Tervel como khan búlgaro.

batalla de Dayr al-Jamajim, na que o califa Abd al-Malik ibn Marwan reforza a Al-Hajjaj ibn Yusuf e enfróntase a un exército de 200000 homes dirixidos por Abd al-Rahman ibn Muhammada ibn al-Ash’ath, cerca de Kufa, que é derrotado; conclúe a rebelión contra o califato umayyad.

Muhammad ibn Marwan invade Armenia, ao leste do Éufrates e o comandante Baaner réndese; a poboación acepta un gobernador musulmán.

os musulmáns da península Arábiga destrúen o porto de Adulis, controlado polos etíopes de Aksum.

comerciantes árabes introducen as espacias orientais nos portos do ‘marenostrum’. Algúns barcos comerciais chegan ás illas Maluku por primeira vez.


prolóngase unha gran seca en Hispania, ao que se suma un andacio de peste. Witiza trata de mellorar a imaxe da monarquía decretando amnistía contra os nobres perseguidos por seu pai, restituíndolles os bens. Detén tamén as medidas tomadas contra a comunidade xudía, que pasa a apoialo nas súas políticas.

Xisulfo de Benevento lanza un ataque contra o exarcado de Ravenna e aprópiase dunha parte do mesmo.