![]() |
Offa de Mercia libro de benefactores de St. Albans wikipedia.org |
marzo:
capitularia de Herstal, con varias
estipulacións, 1/ imposto sobre a décima parte das propiedades, percibido pola
igrexa; 2/ prohibición de ataques aos viaxeiros; 3/ establecemento de penas
contra os ladróns e compensacións para os asasinatos; 4/ prohibición do
comercio con escravos, con centro en Verdún (que continúa a pesar das
instrucións do rei); 5/ establecemento dun sistema de axudas para os afectados
polas secas; 6/ aparecen os missi
dominici (un conde e un bispo que viaxan xuntos) para supervisar o cumprimento
das ordes e estipulacións reais por todo o reino; 7/ establecemento de dúas
asembleas anuais (marzo e outono), onde se poden apelar á xustiza do rei; 8/ creación
e reorganización administrativa dos reinos de Italia e Aquitania, para os
fillos máis novos de Carlos, Pipino
e Luís.
maio: Carlos
convoca un exército en Düren, cruza o
Rhin en Wesel e derrota os saxóns nas proximidades de Bocholt, sendo capturados
case todos os líderes excepto Widukindo.
Carlos cruza o Weser, Oker e Ohre e os líderes locais xúranlle lealdade e
entregan reféns. Widukindo refúxiase no norte e usa tácticas de guerrilla.
batalla de Bensington: Offa de Mercia derrota a Cynewulf
de Wessex, toma Berkshire e
probabelmente Londinium, e titúlase
'rei de toda Inglaterra'. Carlos escríbelle e noméao 'querido irmán', mais
cando Offa rexeita un casamento entre os seus fillos, Carlos ameaza con impedir
o comercio nos portos que el controla.
Aethelred I de Northumbria é deposto por Aelfwald, fillo de Oswulf, que toma o trono.
xuño, 12: De Zong sucede a Dai Zong, no trono Tang. Yang
Yan, experto financeiro, é nomeado chanceler e suprime todos os impostos e
obrigas especiais, introducindo o chamado 'sistema de dobre imposición', un
imposto pola terra que todos os propietarios deben pagar, que difire segundo os
ingresos e o distrito.
Trisong Detsen, rei de Tibet,
decreta o budismo relixión oficial. o mestre hindú Padmasambhava funda o primeiro mosteiro budista tibetano en Samye, que se constrúe baseándose en modelos
bengalíes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario