Amosando publicacións coa etiqueta Rothario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rothario. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de novembro de 2014

652

Armenia
morre Rothario, sucedido por Rodoaldo, fillo seu.

os musulmáns conquistan Armenia.

Penda de Mercia invade Bernicia e vence a Oswiu en Bamburgh.

Abdullah ibn Sa’ad derrota unha flota bizantina (500 naves) frente a Alexandría.

650

jaimegorenstein.com
Lepcis Magna é abandonada cando comezan os ataques musulmáns e transfórmase nunha praza militar.

iníciase a compilación do liber judiciorum.

os jázaros acaban co reino dos on-ogur, no norte do Cáucaso.

en Teotihuacan fin da fase xoalalpan e inicio da oxtotípac.

morre Sigeberht I de Essex, sucedido por Sigeberht II.

Xénova cae en mans de Rothario.

Georgios I, patriarca de Xerusalem, logo de anos de ‘sé vacante’.

os jázaros aniquilan un exército musulmán baixo Abd ar-Rahman ibn Rabiah cerca da cidade de Balanjar, no norte do Cáucaso. Na batalla úsanse catapultas por ambos bandos.

tropas de Mercia entran en East Anglia, destrúen o mosteiro de Burgh Castle e expulsan ao rei Anna, que foxe a Magonsaete.

Oswiu de Bernicia busca apoio en Hibernia contra Penda. Alí inicia unha relación con Fín, neta do rei Colmán Rímid Ui Neill.

Cloten de Dyfed (nor sur de Gales) casa coa princesa Ceindrech de Brycheiniog e unen ambos reinos.

imprímense os primeiros billetes en China.

Olympios, exarca de Ravenna, proclámase emperador co apoio de Martiño I.

o concilio de Rouén insiste no cumprimento da práctica do descanso dominical.

sábado, 15 de novembro de 2014

645

percorrido de Xuanzang
www.silk-road.com
o xeneral bizantino Manuel, cunha flota de 300 naves, reconquista Alexandría.

Gallus, monxe procedente de Hibernia, morre en territorio franco, no mosteiro que fundara.

xullo: en Carthago disputa teolóxica entre Máximo Confesor e Pyrrhos, ancián patriarca de Constantinopla; Pyrrhos acaba renegando do monotelismo en presenza do propio Theodoro, bispo de Roma.

xullo, 10: prodúcese o chamado ‘incidente Isshi’, no que o príncipe Naka-no-Ōe e Fujiwara no Kamataria asasinan a Soga no Iruka, conselleiro imperial, durante un golpe no palacio imperial. A emperatriz Kōgyoku é deposta a favor de seu irmán máis novo Kōtoku (49 anos), que é o 36º emperador do Xapón.

Taizong cruza o río Liao e ataca Goguryeo, un dos tres reinos de Korea.

xullo, 18: tropas Tang ao mando de Li Shiji asedian Ansi.

setembro: os chineses son incapaces de conquistar Ansi, defendida polo xeneral Yang Manchun; escasean as subministración e Taizong decide retirarse.

Naka-no-Ōe convértese en sucesor ao trono e primeiro ministro. Os partidarios do semilexendario príncipe rexente Shōtoku cobran gran importancia na corte.

iníciase a era e as reformas ‘Taika’, baseadas nas ideas de Confucio e influencias chinesas. Créase unha nova cidade en Naniwa e trasládase a capital desde a provincia Yamato. A capital ten un porto marítimo e permite establecer relacións comerciais e diplomáticas.

Penda conquista Wessex e o seu rei Cenwalh, cuñado seu, debe refuxiarse onde o rei Anna de East Anglia, onde é bautizado.

a fame campa en Gwynedd, o que agrava a situación de guerra civil; ata o punto de que o rei Cadwaladr Fendigaid foxe a Bretaña.

Plato, exarca de Ravenna, invade o sur do val do Po pero os lombardos de Rothario derrótano nas ribeiras do río Panaro (Módena) e morren 8000 efectivos bizantinos.

Xuanzang regresa a China logo de 16 anos de viaxe a India, sendo recibido con grandes honores por Taizong.

venres, 14 de novembro de 2014

643

edictum rothari
www.lookandlearn.com
Huien Tsang, peregrino chinés, chega a India, onde o rei Harsha organiza no seu honor una gran asemblea na capital Kannauj, presidida por unha imaxe de Buda á que acoden reis veciños, bramáns, xainistas e monxes budistas. Pronúncianse discursos, fanse ofrendas a Buda e Harsa distribúe unha parte do tesouro real.

Leuthario, duque dos alamanos, ordena o asasinato de Otto, protector de Sixeberto III e mordomo de palacio, e allana o camiño para que Grimoaldo o Vello sexa o novo mordomo en Austrasia. Grimoaldo tamén recibe o apoio do bispo Cuniperto e fai valer o carácter hereditario do cargo tal e como establecera Clotario II.

Constante II recoñece a Theodoro Rshtuni como rei de Armenia logo da súa vitoriosa campaña contra os musulmáns; noméao nakharar do exército armenio.

Mauricio, comandante bizantino de Roma, proclámase dux de Roma e rebélase contra o exarca Isaac, declarándose independente de Constantinopla.

Cynegils de Wessex morre e é sucedido polo seu fillo Cenwalh, inda pagán, que casa coa irmá de Penda de Mercia.

Peroz III, fillo de Yazdegerd III, último sasánida, refúxiase en territorio baixo control da dinastía Tang.

os musulmáns avanzan en Africa cara o leste; asedian Tripoli, que cae logo dun mes.

‘Amr ibn al-‘As envía un destacamento a Sabratha, que axiña paga a jizya (imposto de capitación) correspondente. Sen embargo, Umar rexeita seguir avanzando e ordena a ‘Amr que regrese a Exipto. Os musulmáns xa controlan, sen embargo, a Tripolitana e a Cyrenaica.

Taizong ordena construír en Chang’an cuartos para aloxar os funcionarios que veñen render contas sobre os seus distritos. Cada un poderá dispor dos seus propios cuartos.

Taizong comisiona a Yan Liben para pintar no pavillón Lingyan os retratos en tamaño real de 24 funcionarios gobernamentais que conmemoren os seus servizos á dinastía Tang.

Clodoveo II casa con Balthilda, escrava anglo-saxona que cobra gran influencia.

Isfahan é refundada polos musulmáns, que avanzan en Media e Acerbaixán.


novembro, 22: Rothario promulga en Ticinum o edictum rothari, que codifica en latín as leis e usos lombardos.

xoves, 13 de novembro de 2014

641

moedas bizantinas do período de Constante II
www.tesorillo.com
Xoán IV condena o monotelismo nun concilio en Roma.

febreiro, 11: morre Heraclio de hidropisía aos 61 anos, sucedido polos seus fillos Constantino III Heraclio e Heracleonas, enfrontados.

Oswiu, príncipe de Bernicia, conquista Manau, territorio que cede a seu irmán Oswald de Northumbria.

maio, 25: morre Constantino III Heraclio, quizás de tuberculose, quizás envelenado por orden de Martina, segundo rumores. Constantino establecera a sucesión no seu fillo Constante II (once anos).

setembro, 14: a presión fai que Heracleonas (que morre pouco despois) teña que renunciar ao trono. O senado decreta a súa mutilación e a de súa nai, que son confinados en Rhodas. O novo basileus é Constante II, fillo de Constantino III Heraclio, con só once anos de idade, apoiado polo xeneral Valentinus.

Paulos II, patriarca de Constantinopla, en sucesión de Pyrrhos.

Penda de Mercia ataca a Oswald de Northumbria, usando o cristianismo deste como escusa. Oswald morre e seu irmán Oswiu faise coroar rei, consolidando a súa posición co casamento coa filla de Edwin. Tamén establece unha alianza con Penda, para neutralízalo, dándolle un fillo como refén e casando unha filla cun fillo del, ofrécelle tributo e recoñéceo como señor.

novembro, 8: ‘Amr ibn al-‘As toma Alexandría, logo de catorce meses de asedio; os musulmáns dominan Exipto.

unha lenda di que os libros da biblioteca de Alexandría foron postos aos pés de Umar, quen dixo: ‘se estes libros coinciden co Corán, son innecesarios; se están en desacordo con el, son perniciosos. En calquera caso, destruídeos.’ En realidade a biblioteca fora destruída polos cristiáns na súa loita contra o paganismo.

Xoán de Alexandría, colaborador na recompilación médica docente chamada XVI libros de Galeno, é un médico que vive na cidade e vive a toma árabe. Tamén se lle deben os resumos dos escritos pseudogalénicos: manuais na escola médica de Alexandría, onde brillan a inicios de século outros cristiáns coma Paulo de Exina e Aaron, cuxas obras exercen grande influencia na nacente ciencia árabe.

‘Amr ibn al-‘As constrúe Fustat, celme do actual Cairo, e que se constitúe como capital musulmá de Exipto.

Radulfo de Turinxia rebélase contra os francos. Sixeberto III con Grimoaldo, fillo maior de Pipino de Landen, e o duque Adalxisel pasan o Rhin e pese a éxitos iniciais o turinxio finalmente logra certa independencia dos francos.

morre Aega, mordomo de palacio en Neustria e Burgundia, e rexente con Nantechilda; e sucédeo Erchinoaldo, parente da nai de Dagoberto I.

Rothario conquista Genoa e todos os territorios bizantinos na parte baixa do val do Po.

morre Arechis I de Benevento e sucédeo Aiulfo I.

os eslavos destrúen Salona.

novembro, 17: morre Jomei en Xapón.

Bridei II morre e sucédeo seu irmán Talorc III como rei dos pictos.

Taizong instiga unha guerra civil no khaganato turco occidental ao apoiar a Isbara Yabghu Qaghan.

primeira expedición de Abdallah ibn Saad contra Nubia.

domingo, 9 de novembro de 2014

636

rei Chintila
www.datuopinion.com
primavera: os musulmáns evacúan Damasco e Emesa e retíranse ata Jabiya.

morren Sisenando e Isidoro. Chintila, rei godo por elección de bispos e nobres en cumprimento do canon 75 do IV concilio de Toletum.

morre Ariwaldo, rei lombardo, sucedido por Rothario, anterior duque de Brescia, que casa coa súa viúva, Gondeberga.

o duque alamano Gunzo reside en Überlingen e a súa filla Fridiburga é prometida a Sixeberto III. Gunzo convida os cregos a un sínodo e procura que o diácono Johannes sexa elixido bispo de Constanza.

maio: un exército bizantino parte de Antioquía e marcha contra posicións musulmás.

xuño, 30: inicio das sesións do V concilio de Toletum na igrexa de Leocadia, no que Chintila ver reforzada a súa autoridade. Os bispos aceptan que só un nobre godo, un militar, poderá ser rei.

Heraclio reúne un enorme exército (100000 homes) formado por bizantinos, eslavos, francos, xeorxianos, armenios e árabes cristiáns. Establece unha base en Yaqusah, cerca dos Altos do Golán, protexendo a principal vía de Exipto a Damasco. A base é protexida por vales profundos e ben abastecida de auga e pastos.

verán: Heraclio convoca unha asemblea da igrexa en Antioquía e diagnostica a situación. Acepta o feito de que a ‘desobediencia bizantina’ a Deus ten a culpa do desastre cristián en Syria. Heraclio marcha a Constantinopla dicindo: ‘a paz sexa contigo Syria, que fermosa terra serás para o teu inimigo’.

agosto, 15-20: batalla de Yarmuk, na que a cabalería pesada bizantina é derrotada pola cabalería lixeira musulmá. Por tres veces os bizantinos rompen as liñas árabes pero estes dispérsanse e vólvense xuntar ata esgotar o inimigo. O exército bizantino é totalmente aniquilado ao acabar as operacións. Khalid ibn al-Walid faise con toda Syria e Palestina. As operacións militares teñen lugar ao longo do río e os musulmáns utilizan 25000.

Honorio I escribe a Braulio de Zaragoza, que lle contesta.

novembro, 16-19: batalla de al-Qadisiyya, no sur de Mesopotamia, na que o imperio persa sasánida sofre unha derrota decisiva. Inicialmente os dous exércitos teñen aproximadamente o mesmo número de efectivos pero os musulmáns reciben un substancial reforzo de Syria. Unha tormenta de area favoréceos, pois o vento sopra cara o fronte persa, facendo que as tropas retrocedan e finalmente teñan que fuxir desorganizados ao ser atacados. O xeneral Rostam Farrokhzad é derrotado por Saad ibn Abi Waqqas e morre na loita. Os persas deben evacuar Mesopotamia e Ctesiphonte mesma está seriamente ameazada.

novembro: os musulmáns de Khalid comezan o asedio de Xerusalem.

o califa Umar funda Basra, no Shatt al-Arab, na cabeza do Golfo Pérsico. O porto será un lugar para apoiar e desenvolver rutas comerciais e tamén unha base militar.

Yuknoom Ch’een II, chamado o Grande, é soberano de Calakmul.

constrúese a pagode Xumi de Zhending (China).

os textos históricos libro do Qi norte, libro de Chen, libro de Sui son compilados.

Birinus, bispo de Dorchester, bautiza tamén a Cwichelm, fillo do rei Cynegils de Wessex. Morre ao pouco.

decembro: os musulmáns recuperan Damasco.