Amosando publicacións coa etiqueta Clodoveo III. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Clodoveo III. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de decembro de 2014

676

Donus
en.wikipedia.org
xuño, 17: morre Adeodatus II, que combatera novamente o monotelismo aproveitando a debilidade imperial.

verán: Mu’awiyya envía reforzos a Yazid ao mesmo tempo que os eslavos atacan Thesalonicca e os lombardos o exarcado de Ravenna.

Clodoveo III e Ebroino invaden Borgoña, controlada por Theuderico III. Waimer, duque de Champaña e os bispos Diddon de Chalon e Bobbon de Valentia, aliados con Aldarico de Alsacia asedian Autun.

Clodoveo III é asasinado con consentimento de Ebroino e Wilfrid e Wulfoald apoian a Dagoberto II, fillo de Sixiberto III, como novo rei franco de Austrasia.

novembro, 2: Donus, novo bispo de Roma.

Aethelred de Mercia invade Kent nun intento de reforzar a súa soberanía e diminuír a influencia de Kent en Surrey e Londinium. Os seus exércitos destrúen a sé de Rochester e arrasan o territorio.

morre Aescwine de Wessex e sucédeo Centwine, fillo de Cynegils.

Silla unifica Korea logo da retirada das tropas chinesas.

sábado, 6 de decembro de 2014

675

libro de Durrow
en.wikipedia.org
xaneiro, 5: en Xapón constrúen unha plataforma para que os astrólogos observen as estrelas.

marzo, 16: o emperador Tenmu decreta o final da servidume; tamén decreta que non se cedan máis terras a nobres, ministros ou templos.

abril, 1: Hlothhere de Kent restablece a súa soberanía sobre Londinium.

Tenmu decreta o exilio para varios ministros que se opoñen ás súas medidas.

Wamba rexeita un ataque musulmán en Alxeciras.

Aethelred sucede a seu irmán Wulfhere como rei de Mercia.

Konstantinos I, patriarca de Constantinopla.

outono: morre asasinado Childerico II xunto coa súa muller Bilichild e o seu fillo Dagoberto (5 anos) mentres está a corte de cacería nun bosque ao oeste de París. Os nobres rebeldes autores do magnicidio teñen que fuxir a Austrasia.

III concilio de Bracara, presidido por Leodexisius, no que se promulgaron oito decretos, todos eles demandando máis simplicidade e maior respecto cara a relixión, tanto por parte dos fieis como do propio clero.

entre os principais acordos están: non ofrecer sacrificios de leite ou uvas mais de pan e viño mesturado cun chisco de auga; no usar obxectos sagrados para fins profanos baixo pena de excomungación e privación do oficio para os cregos; prohibición para os curas de ter mulleres nas casas excepto súas nais; prohibición de que os bispos sexan levados en cadeira durante posibles procesións; prohibición dos castigos corporais para os novos sacerdotes agás en casos moi graves; prohibición de aceptar doazóns para sacramentos santos e de usar o traballo de servos en beneficio propio.

Theuderico III sucede ao seu irmán en Neustria e Burgundia, pero Austrasia prefire a Clodoveo III, fillo ilexítimo de Clotario III.

novembro, 7: inicio das sesións do XI concilio de Toledo, onde se formula unha reforma da disciplina eclesiástica.

libro de Durrow, cos catro evanxeos e ornamentación de inspiración celta; a súa orixe pode ser Northumbria ou Iona.