Amosando publicacións coa etiqueta Agathon. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Agathon. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de decembro de 2014

682

León II
www.magnificat.ca
xaneiro, 3: Venus oculta a Xúpiter.

Ghislemar, mordomo de palacio de Neustria e Borgoña, logo de depor a seu pai Waratton; reverte o tratado de paz con Austrasia asinado con Pipino de Heristal en Namur.

Ecgfrith solicita a Benedict Biscop que constrúa un segundo mosteiro en Jarrow. Benedict deixa Monkwearmouth con 20 monxes (incluído o seu protexido, Beda, inda mozo).

Centwine, rei de Wessex, empurra inda máis os britanos de Dumnonia contra o mar.

Caedwalla busca a Wilfrid para pedirlle consello espiritual pero non chega a bautizarse.

debido a unha combinación de factores desátase unha vaga terrible de fame nas capitais chinesas Chang’an e Luoyang. A ausencia de comida eleva os prezos do gran, rematando así unha época próspera que iniciara Taizong e continuara Gaozong.

Jasaw Chan K’awiil I comeza o seu período como soberano de Tikal.

data do primeiro rexistro da crónica brut y tywysogion.

agosto, 17: León II sucede a Agathon como bispo de Roma logo dun período de sé vacante dun ano e sete meses.

Constantino IV retira o privilexio de ‘autocefalia’ a Ravenna concedido por Constante II, algo percibido polos locais como símbolo perdido da liberdade local.

mércores, 10 de decembro de 2014

681

ruínas en Jarrow
(pertencentes ao mosteiro do s. XI)
www.docbrown.info
xaneiro, 9 (ata o 25): Wamba está recluído nun mosteiro (Pampliega, Burgos) e Ervixio convoca o XII concilio de Toledo para lexitimar a súa situación; o novo rei insiste en lexislar contra os xudeus (moitos conversos estaban volvendo á súa antiga fe ante a debilidade da monarquía goda) e suprime leis que buscaban limitar a violencia contra os escravos; suaviza as sancións contra os que non cumpren coas súas obrigas militares e restitúe os bens dos nobres que apoiaran a Paulus; formúlanse anatemas contra os adoradores de ídolos.

xaneiro, 10: Agathon morre dunha peste declarada en Roma.

marzo, 28: no concilio de Constantinopla dítase unha condena contra o Honorio I pola súa actitude equívoca ante o monotelismo.

setembro, 16: final das sesións do concilio ecuménico. Roma e Constantinopla volven a estar unidas. O patriarca da capital alcanza o cumio do seu poder en contraposición á debilidade dos bispos de Roma, controlados polo exarca.

setembro: Constantino IV recoñece o estado búlgaro independente en Moesia e paga tributo para evitar ataques a Thracia, onde se crea un thema como medida defensiva.

Constantino IV ordena mutilar (o nariz) a Heraclio e Tiberio, irmáns seus, debido ás súas supostas intrigas para que non poidan reinar. Ordena que non volvan aparecer nas moedas e que os seus nomes desaparezan da documentación oficial. Eleva a seu fillo Xustiniano II ao rango de basileus.

estala unha revolta militar no thema de Anatolia e o exército marcha cara Chrysopolis e envía unha delegación a Constantinopla demandando que os dous irmáns sexan restablecidos nas súas funcións. Constantino IV chega a un compromiso e convence o exército a que volva ás súas bases. Convida os líderes á capital e consulta co senado a situación. Sen embargo, cando os líderes chegan á capital son arrestados e colgados en Sycae.

Aethelwalh de Sussex proporciona a Wilfrid terras en Selxey para fundar unha catedral, chamada ‘abadía de Selsey’.

Ecgfrith de Northumbria pide que os monxes de Monkwearmouth funden un mosteiro en Jarrow.

armenios, albaneses e iberos rebélanse contra o califato.

Kutluk Khan restablece o khaganato turco.

Kusakabe, segundo fillo de Tenmu, é feito príncipe herdeiro.

Eudes, duque de Aquitania.

martes, 9 de decembro de 2014

679

santa Comba de Bande
www.travellersbook.net
aprox., construción de Sta. Comba de Bande.

os jázaros empurran os búlgaros cara territorios bizantinos, establecéndose no delta do Danubio. Constantino IV monta unha operación terrestre e naval que suma 25000 homes para contelos e ataca a base búlgara en Dobruja.

Constantino IV é derrotado na batalla de Ongal: a cabalería búlgara esfarela as liñas bizantinas mentres o emperador está en Nesebar para ser atendido de dores nas pernas.

Asparuch atravesa o Danubio coa súa horda, toma portos como Odessos e domina Moesia.

Georgios I, novo patriarca de Constantinopla, en sucesión de Theodoros I.

Constantino IV asina un tratado de paz con Mu’awiyya (estipúlanse 30 anos sen agresións mutuas) pola que o califa paga 3000 nomismata (libras de ouro), 50 cabalos e 50 escravos. Os musulmáns retiran as súas posicións nas costas bizantinas e incluso abandonan Chipre e Rhodas.

Aethelred de Mercia casa coa princesa Osthryth, irmá de Ecgfrith de Northumbria.

Adomnan, crego e avogado, novo abade de Iona.

os tibetanos controlan a conca do Tarim logo da batalla de Ta-fei-tch’ouan.

decembro, 23: Dagoberto II, rei de Austrasia, é asasinado por instigación de Pipino de Heristal durante unha cacería cerca de Stenay-sur-Meuse. Os catro fillos varóns do rei morreran antes que el. Theuderico III é agora rei de todos os territorios francos.

Pipino de Heristal é fillo de Begga, filla de Pipino de Landen, e Ansexisal, que sucedera ao de Landen como mordomo de palacio.

asemblea de Duvno coa presenza de Agathon e Constantino IV que deciden a creación de dous bispados diferentes para croatas e serbios.

678

Agathon
ojoscuriosos.com
abril, 11: morre Donus.

xuño, 27: Agathon, novo bispo de Roma; o primeiro que non paga o tributo debido a Constantinopla logo de ser elixido.

Ebroino e Neustria vencen as tropas de Austrasia en Bois-du-Fay.

Aethelred de Mercia derrota a Ecgfrith de Northumbria onde o río Trent. Theodoro, arcebispo de Canterbury, media entre os dous, e Aethelred acepta pagar ‘weregild’ para evitar reiniciar hostilidades. Aelfwine de Deira morre na batalla, co que Bernicia e Deira unifícanse definitivamente como Northumbria.

Wilfrid, bispo de Eboracum, posúe amplas propiedades por todo Northumbria. Logo de rexeitar unha división da sé, Ecgfrith e Theodoro deciden obrigalo a marchar ao exilio. Bosa sucédeo como bispo de Eboracum.

en Xapón, planifícase o culto nacional aos deuses do ceo e da terra. Tenmu escolle a súa filla Tōchi como Saiō para facerlle servir os deuses. Sen embargo, a princesa enferma repentinamente e morre.

Munmu de Silla ordena a construción do complexo Beomeosa en Geumjeong-gu.

outubro, 2: nobres de Neustria torturan e executan a Leodegario de Autun en Fécamp (Normandía).