Agathon ojoscuriosos.com |
abril, 11: morre Donus.
xuño, 27: Agathon, novo bispo de Roma; o
primeiro que non paga o tributo debido a Constantinopla
logo de ser elixido.
Ebroino e Neustria vencen as tropas de Austrasia en Bois-du-Fay.
Aethelred de Mercia derrota a Ecgfrith
de Northumbria onde o río Trent. Theodoro,
arcebispo de Canterbury, media entre
os dous, e Aethelred acepta pagar ‘weregild’
para evitar reiniciar hostilidades. Aelfwine de Deira morre na batalla,
co que Bernicia e Deira unifícanse definitivamente como Northumbria.
Wilfrid, bispo de Eboracum, posúe amplas propiedades por
todo Northumbria. Logo de rexeitar
unha división da sé, Ecgfrith e Theodoro deciden obrigalo a marchar ao exilio. Bosa
sucédeo como bispo de Eboracum.
en Xapón, planifícase o culto nacional aos deuses do
ceo e da terra. Tenmu escolle a súa filla Tōchi como Saiō para facerlle servir os deuses. Sen
embargo, a princesa enferma repentinamente e morre.
Munmu de Silla ordena a
construción do complexo Beomeosa en Geumjeong-gu.
outubro, 2: nobres de Neustria torturan e executan a Leodegario de Autun en Fécamp (Normandía).
Ningún comentario:
Publicar un comentario