Amosando publicacións coa etiqueta Pablo C. Dïaz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pablo C. Dïaz. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xuño de 2020

o cronicón de Idácio e a súa difusión: manuscritos e edicións

seica existen cinco manuscritos que recollen o cronicón de Idácio de Chaves.

o primeiro é coñecido como manuscrito B (berolinensis phillipps), do IX, na Biblioteca Nacional de Berlín. está escrito en pergameo (21x30 cms). ademais contén as crónicas de Eusebio de Cesarea e Xerome e os fasti, atribuídos tamén a Idácio. contén algunhas correccións tanto no seu corpo como nas marxes. Theodorous Mommsen indica que dous escribas diferentes fixeran correccións na crónica.

a pesar das intervencións é considerado o manuscrito máis fiel ao texto orixinal e tamén o que ten máis credibilidade para os investigadores e especialistas en paleografía. Mommsen editou o texto a partir deste códice e utilizouna na súa monumenta germaniae historia.

o segundo é o manuscrito F (pseudo-Fredegarius), do VIII, na Biblioteca Nacional de París (23,5x13,8 cms).

outros dous, os manuscritos españois, pertencen ao mesmo grupo, os manuscritos H. son apenas dous epítomes, redactados mediante abreviaturas sobre o texto orixinal.

o manuscrito Hm, deriva dun outro perdido en Alcobaça, do XII, na Universidade de Madrid. o segundo é do XVI, redactado a partir doutro perdido en Osana, na Biblioteca Nacional de Madrid.

o último é o manuscrito M, probabelmente do XI ou XII, na Biblioteca Universitaria de Montpellier. contén a chronologia ab adamo usque ad conradi mortem, e o texto de Idácio comeza a usarse a partir das últimas liñas do folio 100.

estes manuscritos serviron de base para as diferentes edicións do texto da crónica a partir do XVII.

no XVII un serie inicial de edicións foi feita a partir de fragmentos do manuscrito F:

-H. Canisius, 1602
-J. Scaliger, 1606
-A. Schott, 1608

a partir do manuscrito B:
-L. Sanllorente de Cornue, 1615, en Roma
-P. Sandoval, 1615
-J. Sirmond, 1619, en París

a partir da versión de Sirmond:
-A. Duchesne, 1636
-maxima bibliotheca ueterum patrum, 1677
-J. Sáenz de Aguirre, 1694

no XVIII:
-M. Bouquet, 1738, en París
-E. Flórez, 1749, en Madrid

e tres traballos sobre o texto:
-T. Roncalli, 1787, en Padua
-A. Galland, 1788, en Venezia
-C. Roesler, 1798, en Tübingen

no XIX e inicio do XX:
-X. de Ram, en 1845, en Bruxelas
-J.P. Minge, na patrologie latine (que utiliza a A. Galland & X. Ram)
-V. de la Fuente, en 1783, en Madrid
-Th. Mommsen, en 1894, en Berlín

dúas traducións ao castelán:
-L. García del Corral, en 1886
-Marcelo Macías, de 1898 a 1909

-R. Grosse, en 1947.
-Alan Tranoy, en 1974, en París

Marcelo Macías e Pablo C. Díaz fan sendas enumeracións e críticas de edicións.

sobre Marcelo Macías, Díaz comenta que é un traballo parcial, que se refire apenas ás pasaxes que gardan relación coa Callaecia e os suevos, e apareceu no Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos de Orense a finais do XX.

sobre Alan Tranoy, Díaz resalta que, a pesar de nom ter sido realizada unha crítica ao texto, a edición conta cun segundo volume de comentario histórico de grande valor.

sobre a edición de José Cardoso, de 1982, afirma que tamén carece de texto crítico, ademais de basearse no traballo de Tranoy.

Díaz apunta que houbo que esperar a 1993, para ter unha edición realmente crítica do texto, por man de Richard W. Burgess, inda que a tradución ao inglés é moi discutíbel.

con posterioridade aparecen dúas traducións ao galego por man de José Antonio López Silva e César Candelas Colodrón, as dúas en 2004; sendo a primeira destacábel tanto pola súa calidade como polo seu contido crítico.

@xindiriz
xindiriz@gmail.com
tomado de MEDEIROS GAZOTTI, DANILO que todos os suevos regressem a sua autoridade règia: a construçao de uma identidade monárquica sueva no durante o século V

domingo, 22 de xullo de 2012

laterculus regem suevorum: un documento que puido existir

hermerico (406/409 - 438, morto en 441)
reckila (438 - 448)
reckiario (448 - 456)
aiulfo* (456 - 457)
framtano (457)
maldras (457-460)
remismundo** (457/459 - ata despois de 469)
frumario (460 - 464)
veremundo*** (c. 485)
theodemundo
[...]
carriarico**** (antes de 550 - antes de maio de 559)
ariamiro (antes de maio de 559 - despois de maio 561)
teodomiro (despois de maio 561 - antes de 567/570)
miro (570 - 583)
eborico (583 - 584)
audeca (584 - 585)
malarico***** (585)

os catro primeiros reis suevos e as súas relacións familiares
baseándose en don Benito Vicetto
* probablemente nunca proclamado rei
** identificado con rechimundo
*** veremundo e theodemundo, sen ser posible indicar a orde de ambos, aparecen equivocamente recollidos coma reis suevos, pero a súa historicidade é dubidosa
**** acéptase a historicidade de carrarico, ariamiro e teodomiro coma tres persoas distintas, dando valor ás fontes que os inclúen, considerando que as identificacións entre eles aportan maior confusión que a súa individualización
***** a referancia "tyrannidem assumens quasi regnare vult" (Ioh. Bicl. a. 585, 6) debe interpretarse como que cando menos unha parte dos suevos teñen recoñecido a malarico coma rei, inda que Toledo non o aceptara, de aí que se lle cualifique coma tirano.

tirado de - Pablo C. DÍAZ El reino suevo (411-585). Akal, 2011; páxina 293

don Benito Vicetto en os reis suevos de Galiza (1860, reeditado na serie Trivium da editorial Toxosoutos en 2008) ofrece e debulla esta listaxe de reis suevos (non existe documento histórico ou epigráfico que a refrende, a non ser que se "perdera"; si se afirma en documentos godos que os suevos no período 464 - 550 tiveron "numerosos reis")

hermenerico i o fundador (409) - hermengario, o seu fillo (429) - genserico o aleivoso, o seu irmán (433) - heurico o usurpador (434) - hermenerico ii o vitorioso, fillo de hermengario (438) - rechila i o glorioso, o seu fillo - rechiario o católico, o seu fillo (448) - fraula o fastoso (456) - maldrás o mariño (460) - frumario ou frumarico o incesto, fillo de maldrás (462) - remismundo o vengador, fillo de rechiario (464) - heurico ii o combatente (470) - genthamundo o envelenador (474) - hermenerico iii o afortunado, irmán de herico e fillo de remismundo (474) - hermenerico iv o denodado, o seu fillo (483) - theodomundo o sanguinario (492) - hermenerico v o excomungado (497) - rechila ii o verdugo (518) - cariarico o bondadoso (539) - theodomiro i o fillo de deus (552) - ariamiro o cazador (560) - theodomiro ii o grande (563) - miro o lidador (570) - eborico o tonsurado (583) - andeca o fementido (583) - malarico o mártir (585)