Amosando publicacións coa etiqueta Tervel. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tervel. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de xuño de 2015

721

Theuderico IV
en.wikipedia.org
febrero, 13: morre Chilperico II en Attigny e Carlos Martelo atopa a un presunto fillo de Dagoberto III, que coloca no trono co nome Theuderico IV.

xuño, 9: al-Samh more no asedio de Tolosa en loita contra Eudes de Aquitania. É sucedido interinamente por Abd al-Rahman al-Ghafiqi, mais o wali de Ifriqiya nomea emir de al-Andalus a Anbasa.

as tropas de Abd al-Rahman retíranse a Narbo e o duque godo Amrus, da zona de Lleida, recoñece a soberanía umayyad.

China asina un tratado de paz cos turcos no que se compromete a pagar un pesado tributo.

os britanos de Cornwall derrotan forzas de Wessex onde o río Hehil.

Kormesij, khan búlgaro, en sucesión de Tervel, pai seu.

K’inich Ahkal Mo’ Nahb III, señor de Palenque.

Alduíno, arcebispo de Colonia.

a princesa Libuše e o seu home Přemysl, pais da dinastía Přemyslid, fundan a cidade de Praga.

Ine de Wessex derrota a Cynewulf, un parente, que desexaba acceder ao trono.

as intensas chuvias e tormentas na proximidade do porto sureño de Yangzhou destrúen máis de 1000 barcos no Gran Canal durante a dinastía Tang.

Bertrada, filla de Theuderico III, e o seu fillo Cariberto, conde de Laón, fundan a abadía de Prum.

xullo: edicto iconoclasta de Yazid II, prohibindo toda representación de criaturas nas disciplinas artísticas. O edicto afecta tanto a cristiáns como musulmáns baixo a súa xurisdicción.

León III decreta a conversión obrigada dos xudeus e monatistas no imperio bizantino.

luns, 1 de xuño de 2015

718

representación do asedio de Constantinopla
versión búlgara da Crónica de Manasses, s. XIV
en.wikipedia.org 
primaveira: un flota de subministración baixo as ordes de Sufyan chega ás costas bizantinas procedente de Exipto e Tunis, tratando de camuflarse na costa. Os bizantinos averiguan a localización da flota por medio de mariñeiros exipcios cristiáns. León III envía a flota imperial e destrúen co lume grego os barcos inimigos no mar de Mármara e capturan as subministracións na costa, negándolle algo vital ao exército invasor. En terra, os bizantinos destrúen un exército árabe nunha emboscada nas colinas arredor de Sophon, ao sur de Nicomedia. Os árabes inda sofren pestes e fame.

xuño, 3: eclipse solar total visible en Hispania, Tunis e Exipto.

agosto, 15: León III alíase co khan búlgaro Tervel e derrota os musulmáns no lado occidental do Bósforo. Morren entre 22000 e 32000 musulmáns durante os ataques. Umar II é obrigado a levantar o asedio despois de 13 meses. O exército musulmán intenta retirarse a través de Anatolia mentres o resto escapa por mar nos barcos que quedan. A flota árabe sofre baixas ante as tormentas e a erupción do volcán do Thera. Segundo fontes árabes, morren 150000 musulmáns na campaña.

batalla de Soissons: Chilperico II de Neustria e o seu mordomo Ragenfrido alíanse con Eudes, duque de Aquitania, e marchan cara Soissons, na Picardía. Un exército de veteráns francos ao mando de Carlos Martelo derrota os neustrios, que se renden. Chilperico II foxe ao sur do Loira e Ragenfrido a Angers. Carlos decide diplomaticamente non executar os líderes inimigos e convértese no dux francorum indiscutido, finalizando a guerra civil franca.


Paío négase a pagar tributo aos musulmáns. Al-Hurr envía un continxente contra el comandado por al-Kamma. Ten lugar, ao parecer, a ‘batalla de Covadonga’, que remata coa derrota musulmá, nun lugar de difícil acceso. Debeu ser unha escaramuza menor, mais posteriormente magnificada. Paío casa a Ermesinda, filla súa, con Afonso, fillo de Pedro de Cantabria, forxando unha alianza contra os musulmáns.

Fernando Arias, quizás compañeiro de Paío en Covadonga, é señor de Deza e destacado nobre galego.

traslado das escolas cristiás de filosofía e medicina de Alexandría, que xa perderan a súa anterior potencia e preponderancia dende o momento en que se fundou a islámica cidade de Cairo. Isto causará a perda de moitas lembranzas e a confusión de Xoán o Gramático (s. VI), a quen se lle deben importantísimos Comentarios a Aristóteles, co médico homónimo do s. VII.

Carlos Martelo penetra en Saxonia ata o Weser, arrasando todo ao seu paso, en resposta ao ataque saxón aos hatuari. En Colonia, Plectruda cédelle o tesouro de seu pai e retírase a un convento. Despois de vencer ao seu medio irmán Theodebaldo, Carlos faise mordomo de palacio de Austrasia e goberna en nome de Clotario IV.

Osric, rei de Northumbria, logo da morte de Coenred.

compílase o código Yoro, que da nome á era actual.

Liutprando forxa unha alianza con Carlos Martelo e ataca os castelos bávaros no río Adige, mantendo o control estratéxico dos pasos alpinos.

inicios da loita inconoclasta entre León III e o patriarca Germanos I.

o sushi é mencionado por primeira vez nun documento oficial xaponés.

Bonifacio, misioneiro nado en Wessex, chega a Roma, onde Gregorio II o manda a Saxonia para tentar converter aos saxóns.

Hugh de Champaña, curmán de Carlos Martelo, profesa como abade no mosteiro de Jumièges, en Normandía.

Bilge Kaghan envía unha embaixada para negociar a paz con China. Xuan Zong rexeita a demanda e ordena atacar.

os reis de Boukhara, Samarcanda, e Balkh solicitan axuda chinesa ante o avance musulmán.

luns, 23 de marzo de 2015

712

moeda de Liutprando
www.deamoneta.com
xaneiro, 28: componse Kojiki, a crónica escrita máis antiga de Xapón.

marzo: Ariperto II é vencido cerca de Ticinum por Ansprando, que volve do exilio. Ariperto II morre afogado mentres tenta fuxir a Gallia co seu tesouro.

xuño, 10: batalla de Raor.

xuño, 12: morre Ansprando e é sucedido polo seu fillo Liutprando.

Musa ibn Nusayr desembarca en Hispania con 18000 homes (bérberes e árabes) e, ao comprobar os problemas internos do reino godo decide conquistarlo. Rompe a alianza con Akhila, ataca cidades da Baetica teóricamente aliadas. Conquista Hispalis logo dun duro asedio de tres meses e asedia Emerita.

Pipino de Heristal derrota os alamanos.

Philippicus Bardanes vence os búlgaros, que baixo Tervel chegan ata os muros de Constantinopla.

Qutayba ibn Muslim inicia a conquista definitiva de Transoxiana: Samarcanda, Khârezm. Os T’ou-kiue interveñen. Ocupan Sogdiana. Ataca e ocupa Tachkent e Fergana, de onde foxe o rei e solicita o auxilio chinés.

Philippicus Bardanes transfire armenios a Melitene, Anatolia.

setembro, 8: Rui Zong abdica no seu fillo Xuan Zong (27 anos). Establece o seu control sobre os vales do Oxus e o Jaxarte. Durante o seu reinado derrota os exércitos árabes invasores nunha serie de campañas en Fergana.

Dae Jo-yeong de Balhae volve a pagar tributo aos Tang. Os pobos Tai son obrigados a aceptar a soberanía chinesa.

Johannes VI, patriarca de Constantinopla, sucedendo a Kyros.

Paio, fillo dun alto dignitario de Exica é capturado en Corduba.

luns, 9 de marzo de 2015

708

a lenda di que o emperador Shennong descubriu o te
www.china.org.cn
xaneiro, 15: consagración de Sisinio como bispo de Roma.

marzo, 25: consagración de Constantino I, logo da morte de Sisinio. Continúa unha política de amizade co emperador de Constantinopla.

batalla de Anchialos: Tervel invade Thracia, onde acude Xustiniano II, que é derrotado ao ser superado por un ataque sorpresa da cabalería búlgara dirixida polo propio Tervel. O emperador consegue refuxiarse na cidade e escapa a Constantinopla en barco.

Audoino, bispo de Constanza.

Maslamah ibn Abd al-Malik captura e saquea Tyana logo de derrotar un exército de refresco bizantino. Maslamah inicia outra expedición no verán e derrota outro exército bizantino cerca de Amorium.

Nazaktar Khan, un príncipe turco Shahi aliado co imperio de Tibet, captura Bactria aos umayyad.

agosto, 29: data de acuñación das primeiras moedas de bronce en Xapón.

o té gaña fama entre os chineses; entre outras cousas, polos seus valores mediciñais.

xoves, 5 de marzo de 2015

705

moedas de al-Walid I atopadas en Sistan
en.wikipedia.org
Xisulfo I de Benevento captura Sora, Arpino e Arce, chegando a Horrea, saqueando e queimando todo ao seu paso, antes de atopar os embaixadores de Xoan VI, que rescatan a moitos cautivos a cambio de agasallos e ouro.

xaneiro, 11: morre Xoán VI.

febreiro, 20-22: o poder supremo de Wu Zetian vólvese na súa contra. Algúns altos cargos xa non confían na súa propia seguridade. O chanceler Zhang Jianzhi organiza un golpe co apoio de varios xenerais por medo a que a emperatriz decida ir contra eles. Deteñen e executan os irmáns Zong e a emperatriz en palacio. Colocan como emperador de novo a Zhongzong, moi influído e apoiado pola súa dona, a nova emperatriz Wei. Isto supón o final da dinastía Zhong, de curto percorrido, e a reinstauración da dinastía Tang.

marzo, 1: inicio do bispado de Xoán VII, que logra un acordo con Ariperto II para a concesión de terras no norte de Italia.

os árabes quebran a gran rebelión en Armenia: Muhammad ibn Marwan captura e deporta a Smbat VI Bagratuni e outros príncipes. Moitos dos nakharar capturados son reunidos e encerrados en igrexas en Nakhchevan, onde morren queimados.

agosto, 21: Xustiniano II é trasladado ao reino búlgaro, ao sur do Danubio e días despois logra entrar pola noite en Constantinopla usando o aqueducto de Valente coa axuda de partidarios; non tarda en ser aceptado de novo como emperador. Tiberio III retírase ao saber que Xustiniano ten no seu poder Blaquernae; tardará meses en ser capturado.

Xustiniano II concede a Tervel o título de caesar e territorios en Zagora (Thracia), en pago pola súa axuda para recuperar o trono.

batalla de Bamburh: Osred de Northumbria (nove anos) derrota a Eadwulf I coa axuda de ealdormen. O brazo forte do rei é o bispo Wilfrid.

Ine de Wessex ten conflitos con Sigeheard e Swaefred de Essex, que dan asilo a rivais de Ine procedentes de Wessex. En Brentford, os de Essex deciden entregar os asilados baixo a promesa de que Ine non tome represalias.

Geraint de Dumnonia concede terras en Maker (Cornwall) á abadía de Sherborne, nunha tentativa de reforzar a súa posición nas disputadas rexións de Dorset.

outubro, 8: morre o califa Abd al-Malik, sucedido al-Walid I, fillo seu, quen se propón mellorar as mesquitas de Madinat, Meca e Damasco, coa colaboración de arquitectos bizantinos.

mércores, 4 de marzo de 2015

704

representación dun cabaleiro xázaro
www.pinterest.com
morre o rei tibetano Khri-hdus-song.

Xustiniano II, desfigurado e cheo de odio, busca contactar cos xázaros (está casado cunha das súas princesas) desde o seu exilio de Quersonea.

marzo, 30: os monxes do norte de Hibernia renuncian aos seus antigos usos litúrxicos para adoptar os de Roma.

Düsong Mangpojé, morto en combate despois dunha campaña contra os Jang de Yunnan. Ábrese unha loita sucesora, na que resultará vencedora a opción de Mes-ag-tshoms (sete anos e fillo seu) baixo a rexencia de súa avoa Thrimalö.

Cenred sucede a Aethelred como rei de Mercia, que profesa nun convento en Bardney. Cenred é sobrino de Aethelred e fillo de Wulfhere.

Abdallah ibn Abd al-Malik (fillo do califa Abd al-Malik ibn Marwan) invade Armenia para someter a revolta anti-árabe coa axuda de seu tío Muhammad ibn Marwan.

Xustiniano II escapa do seu exilio coa axuda do khan xázaro Busir.

outono: Tiberio III tenta comprar a Busir e manda dous asasinos xázaros, Papatzys e Balgitzin, para acabar con Xustiniano, que é avisado pola súa muller e pode fuxir onde os búlgaros, asegurándose a axuda de Tervel, a cambio de consideracións financeiras.

Heraclius, irmán de Tiberio III, derrota e destrúe un exército musulmán (10000) en Sisium, levando numerosos prisioneiros encadeados a Constantinopla.

decembro, 14: morre Aldfrith de Northumbria, sucedido por Eadwulf I. Wilfrid viaxa a Driffield para manifestar o seu apoio ao novo rei pero é rexeitado.

inverno: Abdallah ibn Abd al-Malik é chamado de Armenia para facerse cargo de Exipto. Instrúe que a lingua de traballo administrativo sexa o árabe en lugar do copto. As fames e a corrupción arruínan o seu mandato.