Amosando publicacións coa etiqueta Toramana. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Toramana. Amosar todas as publicacións

luns, 21 de outubro de 2013

512

arameo - nabateo - arábigo - siriaco - latino
en.wikipedia.org
Paulus e Moschianus, cónsules.

os godos recuperan Rouerge en Gallia.

maio, 23: un tremor de terra entre Yuanping e Dai, na provincia Shanxi en China, deixa 5310 mortos e 2722 feridos, segundo o Weishu.

Oeric, da liñaxe dos Oiscingas, morre. Sucédeo o seu fillo Ohta como rei de Kent.

setembro, 24: dedicación dun martirio a Serxio, en Zabad, sureste de Alepo, Siria. Ao lado dunha inscrición en grego e siriaco hai un grafito con caracteres arábigos. É probablemente a inscrición máis antiga nesta lingua, xunto coas de Jabal Usay (528-9) e Harran (568).

o dioskurides vienés faise para a aristócrata Anicia Iuliana.

grupos de hérulos, derrotados polos lombardos, pretenden retornar a Escandinavia, segundo Procopio, e parten dende o curso medio do Danubio cara o Elba. Algún continxente acóllese á protección imperial en Illyricum.

Anastasius completa a construción dun terceiro recinto amurallado en torno a Constantinopla, o ‘muro longo’ de Thracia, a 64 kms. da capital.

Teodorico publica edictum theodorici, que afecta a romanos e godos.

erupción do Vesubio. Os afectados son eximidos de pagar impostos durante certo tempo por parte de Teodorico.

novembro, 6: prodúcese unha revolta relixiosa causada polas inclinacións monofisitas do emperaroder en Constantinopla e a plebe elixe augustus a Aerobindus (bisneto de Aspar e casado cunha bisneta de Teodosio II), pero Aerobindus mantense fiel a Anastasius que se refuxia en Blanquernas ata que se apaciguan os ánimos coas promesas imperiais (novembro, 8).

novembro, 16: Anastasius segue a promover o monofisismo e intervén en Antioquía. Co apoio do teólogo Philoxenos de Mabbug depón a Flavius II e substitúeo por Severus de Sozopolis.

o reino insular de Usan-guk é conquistado pola dinastía Silla (Korea) baixo o xeneral Kim Isabu.

o xefe do clan imperial xaponés Otomo no Kanamura acepta a adquisición de catro provincias polo poderoso reino de Baekje, ao sur de Korea.

Mihirakula, fillo de Toramana, chega a líder dos hephtalitas. Invade o norte de India e establece a súa capital en Sakala (Sialkot). Nunha inscripción do Templo do Sol (Gwalior) cítaselle como adorador de Shiva. Segundo Rajatarangini é un tirano moi cruel.

domingo, 20 de outubro de 2013

510

satélite Aryabhata, primeiro da India,
en honor do matemático e astrónomo
es.wikipedia.org
Teodorico promove que o seu amigo Anicius Manlius Severinus Boethius, filósofo, sexa cónsul para o ano.

Teodorico defende que Amalarico (doce anos) é o lexítimo herdeiro ao trono visigodo. Envía a Teudis a Hispania, que fai fuxir a Xesaleico e proclama a Amalarico. Teudis actúa como rexente en nome de Teodorico. Xesaleico refúxiase con Trasamundo, o rei vándalo.

Teodorico levanta o asedio franco a Arelate, defendida polos locais e a axuda do xeneral ostrogodo Ibbas. Os godos conquistan Provenza e consolidan o seu predominio na rexión.

Wacho asasina a Tato e faise rei dos lombardos. Pouco despois envía tropas a través do Danubio e conquista Pannonia ata o Drau.

conflito aberto entre Gauten e Svear en Escandinavia.

Bahnugupta é derrotado polos hephtalitas comandados por Toramana e debe fuxir cara Bengala. Os hephtalitas conquistan Cachemira e Punjab, co que o reino Gupta comeza a esfarelarse.

o matemático e astrónomo hindú Aryabhata desenvolve unha sistema de cálculo conocido como código Aryabhata. Un dos seus conceptos de ecuacións matemáticas explica a rotación da terra arredor do seu eixo. É un concepto avanzado para o seu tempo e el é moi preciso na súa descrición. Tamén idea moitas outras ideas sobre o sistema solar pero moitas son erradas porque considera que a terra é o centro do universo, non o sol. Aryabhata pasa por ser quen ideou o número ‘cero’ e o usou como parámetro de substitución.

Britannia: batalla de Llongborth, Budic II busca refuxio logo da batalla na corte de Aergol Lawhir en Dyfed (Gales).

Caleb, rei de Aksum, sucede a seu pai Taziena.

martes, 9 de xullo de 2013

490

dominios hephtalitas
commons.wikipedia.org
Flavius Anicius Probus Faustus e Flavius Longinus, cónsules.

marzo: Euphemius convértese en patriarca de Constantinopla logo da morte de Fravitta. Recoñece o credo de Calcedonia e rompe con Alexandría pero non pode reconciliarse con Fiz II de Roma porque se nega a retirar os nomes de Acacius e Fravitta dos dípticos litúrxicos.

primavera: Odoacro recibe reforzos do sur, sae de Ravenna e derrota a Teodorico en Faenza.

Teodorico retrocede ata Ticinum, onde constrúe un campo fortificado, que é asediado.

abril, finais de: o magister militum Toba abandona a Odoacro.

verán: os burgundos baixo Gundobado cruzan os Alpes e saquean Liguria e Emilia. Moitos romanos son collidos como prisioneiros.

Alarico II apoia a Teodorico e despraza un exército para levantar o sitio de Ticinum.

Teodorico pasa o Po e recupera Mediolanum, abandonada pola poboación.

agosto, 11: Teodorico e Alarico II derrotan un exército de Odoacro onde o río Adda. Piden recoñecemento a Zenón pero este rexeita enviarlle as vestis regia de occidente que Odoacro lle enviara. Odoacro encérrase definitivamente en Ravenna.

Teodorico asedia Ravenna. O grao sube tanto de prezo que se desata unha gran fame na cidade e os habitantes chegan a comerse os coiros dos animais. Moitos morren.

As cidades de Cesena e Rimini seguen sendo leais a Odoacro.

(data imprecisa) Romulus Augustulus casa con Bárbara, nobre napolitana. O casamento relaciónase co bispo de Roma Xelasio. Adican parte da súa finca a funda un mosteiro co propósito de acoller a tumba de Severino de Nórico, cuxos restos obtiverían grazas a Xelasio.

a emperatriz Feng da dinastía Wei (norte) morre. É soterrada con grandes honores, na tomba Wenming.

Cesario, dunha importante familia de Chalon-sur-Saone, fíxose monxe e ingresou en Lerins.

Toramana é o xefe hephtalita, un grupo que coñece o seu máximo apoxeo.