Amosando publicacións coa etiqueta L. A. García Moreno. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta L. A. García Moreno. Amosar todas as publicacións

sábado, 28 de xullo de 2012

laterculus regum visigothorum


celosía de inspiración visigoda
en enterría, camaleño
a sucesión entre os visigodos non presenta unha norma fixa ... houbo fases dinásticas, onde os fillos sucedían aos pais, e outras produto de loitas de poder entre clans ... teoricamente, ao final, erán decisión dos concilios (celebrados na capital, Toletum)

atanarico
alarico i (395-410)
ataúlfo (410-415)
sixerico (415)
walia (415-418)
teodorico i (418-451)
torismundo (451-453)
teodorico ii (453-466)
eurico (466-484)
alarico ii (484-506)
xesaleico (506-511)
teodorico (506-526)
amalarico (506-531)
teudis (531-548)
teudiselo (548-549)
axila i (549-554)
atanaxildo (554-567)
liuva i (568-572)
leovixildo (568-586)
recaredo i (586-601)
liuva ii (601-603)
witerico (603-610)
gundemaro (610-612)
sisebuto (612-621)
recaredo ii (621)
suintila (621-631)
sisenando (631-636)
chintila (636-640)
tulga (640-642)
chindasvinto (642-652)
recesvinto (653-672)
wamba (672-680)
ervixio (680-687)
exica (687-701)
witiza (701-709)
roderico (709-711)
axila ii (710-713)
ardabasto (713-721)

tamén chamado cronicón de Wulsa (debido a unha errada lectura do incipit nalgúns manuscritos que o conteñen) e transmitido xunto co liber iudicum, este documento aporta unha referencia cronolóxica ás leis recompiladas no liber, en imitación ao codex theodosianus. resalta a exactitude dos datos que aporta. na elaboración do documento houbo varias etapas: Theodor Mommsen supón que a redacción inicial tivo lugar durante Recesvinto (649-672), a quen tamén se debe a compilación do liber iudicum. logo iríase actualizando á vez que se ía transmitindo. debeu ser amplamente utilizado na elaboración de documentos históricos posteriores; por exemplo, a Crónica de Alfonso III, a Albeldense, ou o laterculus regum Ovetensium. estudaron o documento, entre outros, E. Flórez, Mommsen, J. Gil, Sánchez Albornoz, Díaz y Díaz, ou L. A. García Moreno

TEXTO ÍNTEGRO DO DOCUMENTO EDITADO POR LUIS A. GARCÍA MORENO