Amosando publicacións coa etiqueta León IV o Jázaro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta León IV o Jázaro. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de maio de 2019

778

Roncesvalles hoxe
www.fundacionjacobea.org
abril, 19: Carlos celebra a pascua en Chasseneuil, nas proximidades de Poitiers. apraza unha viaxe a Roma para bautizar os seus fillos e prepara unha expedición a Hispania, que agrupa francos, burgundios, bávaros, bretóns, lombardos e godos.

dous continxentes pasan os Pireneos, un polo leste e outro polo oeste. toman Pampilona e asedian Caesaraugusta.

Carlos recibe novas de renovados ataques saxóns ao mando de Widukindo, que regresa a Saxonia, probablemente apoiado por daneses e eslavos, destrúe Karlsburg e saquea Deutz (nas proximidades de Colonia), sendo incapaz de atravesar o Rhin. o continxente franco de Koblenz faino retroceder pero o saxón embóscaos e aniquílaos. outras forzas francas entran en acción e perseguen os saxóns ao longo do val do Lahn, derrotándoos finalmente nas proximidades de Leisa.

son destruídas moitas igrexas en territorio franco, incluso os bieitos de Fulda deben por a salvo as reliquias de Bonifacio, pasando o Rhön.

al-Arabi resístese a cumprir o pactado con Carlos e Caesaraugusta opón resistencia durante un mes.

Carlos xulga adecuado retirarse e regresar a Gallia.

agosto, 15: batalla de Roncesvalles: mentres o exército franco atravesa os pasos dos Pireneos, os vascos, atentos, atacan o continxente do conde da marca bretona Hroutlan, que morre no ataque. segundo Einhard, tamén morren Eggihard, senescal de Carlos e Anselmo, conde palatino. tamén participarían no ataque os fillos de al-Arabi, prisioneiro dos francos.

nace en Vienne o terceiro fillo de Carlos, Luís.

Eboracum, en Northumbria, alberga un dos maiores centros culturais de occidente, do que é nomeado director Alcuíno.

León IV rexeita unha incursión abbasi en Anatolia. un exército ao mando de Miguel Lachanodrakon, strategos do thema Thracesio, derrota os musulmáns na cidade de Germanikeia, en Cilicia. devasta a zona e fai prisioneiros, reubicados en Thracia.

rebelión en Cerdeña contra o poder musulmán.

Fergus II, rei de Dalriada, logo de depor a Aed.

Adarico e Sancho I, duques vascos.

Aethelred I de Northumbria ordena a execución de tres duques rebeldes, mais isto enfeblece inda máis a súa posición.

reorganización da administración de Aquitania: nove condes aquitanos son executados e substituídos por condes francos.

prohibición das ghildas no reino franco.

xoves, 11 de outubro de 2018

776

os catro xinetes da Apocalipse
Beato de Liébana
FONTE: wikipedia.es

Beato de Liébana escribe Comentarios sobre a Apocalipse de Xoán, no que defende a crenza na inminente fin do mundo. nos seus escritos nomea a Callaecia, os dominios do reis cristiáns do NE de Hispania.

febreiro-marzo: Carlos sofoca a revolta de Friuli, depón a Hrodgaud de Friuli e converte o ducado en marca, onde instala duques francos.

febreiro, 20: Carlos publica a súa primeira capitularia italiana.

abril, 14: Carlos celebra a pascua en Treviso.

Hadriano I denuncia a intensificación do comercio de escravos por parte de mercadores gregos, que se aproveitan das consecuencias da guerra e a fame en Italia.

abril, 24: León IV nomea ao seu fillo Constantino VI (cinco anos) basileus.

maio: rebelión dos medio-irmáns de León IV, incluído o caesar Nikephoros, segundo fillo de Constantino V. a revolta é derrotada e os sublevados son cegados, tonsurados e recluídos en Quersonea, en Crimea.

xullo-agosto: en Saxonia volve caer Eresburg en mans saxonas, que, sen embargo, non son capaces de recuperar Syburg. Carlos debe regresar apresuradamente de Italia, lanzando unha contraofensiva vitoriosa. os líderes saxóns rebeldes son convocados na cidade de Bad Lippspringe, no Lippe, para someterse formalmente a Carlos.

batalla de Otford: Egbert II de Kent derrota a Offa de Mercia e reinstálase como rei de Kent.

Ibn Rustam funda un emirato en Tahert.

rebelión de al-Muqanna' en Khorassan contra os abbasí.

León IV ataca o norte de Syria, en Samosata, e os musulmáns toman represalias contra Ancyra.

Pedro de Pisa ensina gramática latina a Carlos.

luns, 22 de xaneiro de 2018

775

wikipedia
abril, 25: batalla de Bagrevand, onde os abbasí poñen fin á rebelión armenia, consolidando o control musulmán sobre Transcaucasia, mentres as principais familias nakharar de Armenia, sobre todo os Mamikonian perden o seu poder e buscan refuxio no Imperio bizantino.

agosto, 23: data de redacción dun documento con sinatura de Silo; é unha doazón a cinco frades para que constrúan unha igrexa entre os ríos Iube (Eo) e Masma; máis concretamente entre o Alesancia (río Grande, en Ribadeo) e o Mera, no lugar Lucis (Celeiro de Mariñaos, no concello de Barreiros).

setembro, 14: morre Constantino V durante unha campaña contra os búlgaros. Sucédeo León IV, logo de derrotar a Cristóforo e Nicéforo, irmáns seus. Os tres foran nomeados césares polo seu pai.

León IV suaviza as medidas contra os iconódulos por influencia de Irene, a emperatriz, ateniense e iconódula en segredo.

Hadriano I recupera o control do exarcado de Ravenna.

Carlos convoca unha gran asemblea en Quierzy e dirixe un exército franco ao interior de Saxonia e recupera o castrum de Syburg, restaura e instala un novo continxente en Eresburg. Na beira do Weser atópase un continxente saxón disposto a plantar batalla, que é derrotado cando os francos cruzan o río.

Widukindo cruza o Weser con outro continxente e loita en Hlidbeck. Carlos non logra unha vitoria total. Debe reorganizar as súas tropas e atacar novamente, esta vez con éxito, mais Widukindo escapa.

Carlos recupera o Hellweg ao longo do val do Lippe, establecendo comunicacións entre Austrasia, Hesse e Turinxia. Promóvese o comercio nel. Fúndase a cidade de Giessen na zona.

mercadores de al-Andalus fundan unha colonia comercial en Tenes (Alxeria), evidencia do renacemento do comercio marítimo na zona occidental do Mediterráneo despois do caos de anos anteriores.

outubro, 7: morre al-Mansur, sucedido polo seu fillo al-Mahdi, que fai oficial a doutrina sunni. Os chiís, decisivos no ascenso ao poder dos abbasí, constitúense en oposición.

Baghdad é probablemente a maior cidade do mundo, logo dos problemas acontecidos na capital chinesa Chang'an e a súa consecuente despoboación.

Dhafmapala comeza o seu mandato no reino de Bengala.

Alpin II sucede a Ciniod como rei dos pictos.

Carlos é informado por Hadriano I de que Arichis de Benevento, o duque de Friuli, o duque Rexinaldo de Chiusi e Hildedrando de Spoleto planean unha insurrección en Italia. Adalxis pretende regresar cunha flota bizantina que ten intención de devolverlle o trono lombardo. Carlos fai campamento de inverno ao pé dos Alpes coa intención de atravesalos cara a península tan cedo como lle sexa posible.

sábado, 23 de xullo de 2016

751

Childerico III é tonsurado, do libro
L'Histoire de France Populaire, Henri Martin, 1876.
Constantino V derrota os musulmáns en Melitene.

Aistulfo toma Ravenna, final do exarcado. Aistulfo centra agora a súa atención sobre Roma, que volve pedir axuda a Constantinopla, sen éxito.

unha embaixada franca chega a Roma. Formulan unha pregunta: é xusto que unha persoa sen autoridade sexa chamado 'rei'? non será mellor que leve o título quen realmente goberna?'. Zacarías resposta, coa debida cerimonia, afirmativamente.

xuño, 6: o fillo de Constantino V é coronado basileus como León IV; pouco despois morre María, segunda muller de Constantino.

xullo/agosto: os chineses, baixo Gao Xianzhi, son derrotados polos árabes, axudados por tribos turcas coaligadas, onde o río Talas.

é posible que os prisioneiros chineses feitos difundan no ámbito musulmán o uso do papel, que comeza a producirse en Samarcanda.

concilio en Constantinopla (o sétimo xeral segundo os ortodoxos): confirmación das teses iconoclastas.

novembro: Childerico III é tonsurado, desposto e recluído nun mosteiro.

morre Xisulfo, duque de Benevento, sucedido por Liutprando, fillo seu; Scauniperga, súa nai, exerce a rexencia.

unha terrible tormenta destrúe máis de mil barcos no Yangzhou.