![]() |
Roncesvalles hoxe www.fundacionjacobea.org |
dous continxentes
pasan os Pireneos, un polo leste e outro polo oeste. toman Pampilona e asedian Caesaraugusta.
Carlos recibe
novas de renovados ataques saxóns ao mando de Widukindo, que regresa a Saxonia, probablemente apoiado por daneses
e eslavos, destrúe Karlsburg e saquea
Deutz (nas proximidades de Colonia), sendo incapaz de atravesar o
Rhin. o continxente franco de Koblenz faino retroceder pero o saxón embóscaos e
aniquílaos. outras forzas francas entran en acción e perseguen os saxóns ao
longo do val do Lahn, derrotándoos finalmente nas proximidades de Leisa.
son destruídas
moitas igrexas en territorio franco, incluso os bieitos de Fulda deben por a
salvo as reliquias de Bonifacio,
pasando o Rhön.
al-Arabi resístese a cumprir o pactado con Carlos e Caesaraugusta opón resistencia durante
un mes.
Carlos xulga adecuado retirarse e regresar a Gallia.
agosto, 15: batalla
de Roncesvalles: mentres o exército
franco atravesa os pasos dos Pireneos, os vascos, atentos, atacan o continxente
do conde da marca bretona Hroutlan,
que morre no ataque. segundo Einhard,
tamén morren Eggihard, senescal de
Carlos e Anselmo, conde palatino. tamén
participarían no ataque os fillos de al-Arabi, prisioneiro dos francos.
nace en Vienne o terceiro fillo de Carlos, Luís.
Eboracum, en Northumbria,
alberga un dos maiores centros culturais de occidente, do que é nomeado
director Alcuíno.
León IV rexeita unha incursión abbasi en Anatolia. un exército ao mando de Miguel Lachanodrakon, strategos
do thema Thracesio, derrota os musulmáns
na cidade de Germanikeia, en Cilicia. devasta a zona e fai
prisioneiros, reubicados en Thracia.
rebelión en
Cerdeña contra o poder musulmán.
Fergus II, rei de Dalriada,
logo de depor a Aed.
Adarico e Sancho I,
duques vascos.
Aethelred I de Northumbria ordena a
execución de tres duques rebeldes, mais isto enfeblece inda máis a súa
posición.
reorganización da
administración de Aquitania: nove
condes aquitanos son executados e substituídos por condes francos.
prohibición das ghildas no reino franco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario