Amosando publicacións coa etiqueta Theodoro II (antipapa). Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Theodoro II (antipapa). Amosar todas as publicacións

sábado, 13 de decembro de 2014

686

Conon, bispo de Roma
en.wikipedia.org
morre Waratton, mordomo de Neustria e Burgundia, sucedido polo seu xenro Berthario, que aconsella a Theuderico III romper o tratado con Pipino de Heristal e atacar Austrasia.

Caedwalla de Wessex establece a súa supremacía sobre Essex e invade Kent por segunda vez. Eadric é expulsado e substituído por Mul, irmán de Caedwalla. Berthun e Andhun son asasinados e Sussex acaba sendo vasalo de Wessex.

abril, 3: Yuknoom Yich’aak K’ak’ sucede a seu pai Yuknoom Ch’een II no trono da cidade maia de Calakmul.

Caedwalla conquista Surrey e extermina os xutos de Wight, executa o rei Arwald e os seus dous irmáns. Caedwalla tamén somete os xutos da rexión do val do Meon.

Ubayd Allah ibn Ziyad, anterior gobernador de Mesopotamia, tenta retomar o control da súa provincia, en poder de varias tribos musulmás da rexión de Kufa que combaten entre si.

Abd al-Malik ibn Marwan apresa e tortura o patriarca Mar Khnanishu I; é o primeiro califa que esixe tributos aos cristiáns.

agosto, 2: Xoán V morre en Roma.

outubro, 1: morre Tenmu de Xapón, sucedido pola súa viúva (e sobriña), a emperatriz Jitō.

outubro, 21: inicio do pontificado de Conon como bispo de Roma. Theodoro II é elixido como ‘antipapa’.

outubro, 25: o príncipe Ōtsu, fillo de Tenmu, é falsamente acusado de traizón e obrigado a suicidarse xunto coa súa dona Yamanobe.

unha peste mata a case todos os monxes do mosteiro bieito de Monkwearmouth en Jarrow; sálvanse so o abade Ceolfrith e un mozote, de nome Beda.

Wilfrid, bispo de Eboracum, é novo conselleiro de Caedwalla e é enviado a Wight a cristianizar a poboación.

ofensiva musulmá contra os bérberes en Africa.

accións iconoclastas en Exipto; as igrexas deben ser gravadas con inscricións musulmás.