Conon, bispo de Roma en.wikipedia.org |
morre Waratton, mordomo de Neustria e Burgundia, sucedido polo seu xenro Berthario, que aconsella
a Theuderico III romper o tratado con Pipino de Heristal e atacar
Austrasia.
Caedwalla de Wessex establece a súa
supremacía sobre Essex e invade Kent por segunda vez. Eadric é
expulsado e substituído por Mul, irmán de Caedwalla. Berthun e Andhun
son asasinados e Sussex acaba sendo
vasalo de Wessex.
abril, 3: Yuknoom Yich’aak K’ak’ sucede a seu
pai Yuknoom Ch’een II no trono da cidade maia de Calakmul.
Caedwalla conquista Surrey e extermina os xutos de Wight,
executa o rei Arwald e os seus dous irmáns. Caedwalla tamén somete os
xutos da rexión do val do Meon.
Ubayd Allah ibn Ziyad, anterior
gobernador de Mesopotamia, tenta
retomar o control da súa provincia, en poder de varias tribos musulmás da
rexión de Kufa que combaten entre si.
Abd al-Malik ibn Marwan apresa e tortura o
patriarca Mar Khnanishu I; é o primeiro califa que esixe tributos aos
cristiáns.
agosto, 2: Xoán V morre en Roma.
outubro, 1: morre Tenmu de Xapón, sucedido
pola súa viúva (e sobriña), a emperatriz Jitō.
outubro, 21: inicio do pontificado de Conon
como bispo de Roma. Theodoro II é elixido como ‘antipapa’.
outubro, 25: o príncipe Ōtsu, fillo de Tenmu,
é falsamente acusado de traizón e obrigado a suicidarse xunto coa súa dona Yamanobe.
unha peste mata a case todos os monxes do mosteiro
bieito de Monkwearmouth en Jarrow; sálvanse so o abade Ceolfrith
e un mozote, de nome Beda.
Wilfrid, bispo de Eboracum, é novo conselleiro de Caedwalla
e é enviado a Wight a cristianizar a
poboación.
ofensiva musulmá contra os bérberes en Africa.
accións iconoclastas en Exipto; as igrexas deben ser gravadas con inscricións musulmás.
Ningún comentario:
Publicar un comentario