Amosando publicacións coa etiqueta Eutarico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Eutarico. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de novembro de 2013

522

representación de Boethius escribindo no cárcere
letra inicial dun códice medieval
www.catecismo.com.ar
Simmacus e Boethius, cónsules.

tropas de Teodorico toman Aosta.

Amalarico (20) é declarado maior de idade e rei dos visigodos con plenos dereitos. Os burgundos ameazan os seus territorios desde o norte.

morre Eutarico, xenro e sucesor de Teodorico.

Boethius é apresado en Ticinum por orden de Teodorico, que o acusa de conspirar contra o réxime.

na cadea, Boethius escribe a súa obra máis famosa: Consolación da Filosofía, un diálogo entre autor e filosofía, representada coma unha deusa que acude a consolalo.

o reino etíope de Aksum controla parte de Iemen, pero Yusuf Dhu-Nuwas faise coa xefatura do reino Himyarita e ataca as tropas aksumitas en Zafar, captura a cidade e queima as igrexas. Trasládase a Najran, unha fortaleza askumita e logo de aceptar a capitulación masacra a poboación cristián (algunhas fontes falan de 20000 persoas).

chegada masiva artesáns coreanos ás rexións de Osaka e Nara.

morren Garan Erilich, rei picto e Liu Chie, escritor chinés.

519

Casiodoro
www.wikipedia.es
Xustino e Eutarico, cónsules.

Casiodoro compón unha oración en honra de Eutarico, nomeado sucesor de Teodorico. Escribe tamén a historia gothica, parece que a petición de Teodorico, na que originem gothicam historiam fecit esse romanam. Este tipo de documentos non mostra necesariamente a súa aposta política polos godos; formaba parte do seu ‘traballo’ como funcionario. Outros, como Enodio ou Boethius, non partidarios dos godos, compuxeron escritos que os deixan quedar en bo lugar.

as igrexas de Roma e Constantinopla chegan a un acordo: papa e patriarca asinan o ‘formulario de Hormisdas’, que recoñece a unidade da igrexa. O emperador concordaba e teoricamente tamén Teodorico; sen embargo, o rei comezaba a inquietarse pola actitude cada vez máis hostil de Oriente e a poboación italiana contra o arianismo godo.

unha multitude queima a sinagoga de Ravenna, pero Teodorico ordena á cidade a súa reconstrución cos seus propios fondos.

Xacobe de Serugh faise bispo de Batnan.

en Hibernia, créase a diocese de Kildare.

aparece o gaoseng zhuan, compilación de biografías de monxes budistas.