Amosando publicacións coa etiqueta Bieito II (bispo de Roma). Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bieito II (bispo de Roma). Amosar todas as publicacións

sábado, 13 de decembro de 2014

685

Xustiniano II
es.wikipedia.org
febreiro, 5: Clotario de Kent vencido e morto polo seu sobriño Eadric, que se apropia do poder coa axuda de Sussex.

maio, 7: morre Marwan I, sucedido polo seu fillo Abd al-Malik, que reorganiza a administración, tanto civil como militar, nos territorios que controla tentando colocar árabes en todos os postos relevantes.

maio, 8: morre Bieito II e sucédeo Xoán V que aproveita o baleiro provisional da sucesión en Constantinopla para comezar a exercer sen a autorización imperial.

os pictos rebélanse contra Northumbria. Cuthbert, bispo de Lindisfarne, aconsella non invadir o territorio inimigo pero Ecgfrith desóeo e chega a Dunnincen.

maio, 20: batalla de Dun Nechtain, na que Bridei III mac Bili, rei picto, derrota e mata a Ecgfrith e os anglo-saxóns deben retroceder ata o río Forth.

Ecgfrith é sucedido por Aldfrith, medio irmán seu, que sae de Iona, onde profesaba.

Kuber, irmán de Asparukh, derrota os avaros en Pannonia, e diríxese con 70000 búlgaros cara Macedonia.

batalla de ‘Ayn al-Warda: un exército umayyad (20000 homes) baixo Husayn ibn Numayr derrota a Ras al-‘Ayn en, partidario dos xiítas de Kufa.

Wu Zetian exila a Zhong Zong e a súa familia na illa de Fang Zhou.

Wu Zetian envía unha parella de pandas xigantes ao emperador Tenmu.

setembro: morre Constantino IV Pogonato en Constantinopla de disentería, sendo sucedido por seu fillo Xustiniano II (17 anos), que toma iniciativas en política exterior: asina unha nova paz cos musulmáns para poder centrarse no problema eslavo e mellora a relación cos jázaros, casando cunha princesa desa etnia; tamén se inician labores de repoboación en rexións despoboadas a causa das guerras.

Xoán Maron, primeiro patriarca maronita, un novo cisma na igrexa a raíz do sucedido no concilio ecuménico de Constantinopla.

Eadric rebélase contra Hothlere, tío seu; vénceo e mátao.

Caedwalla, sucesor de Centwine de Wessex. O novo rei reunifica os territorios e ataca cun gran exército Sussex e mata o rei Aethelwealh na batalla de South Downs. É expulsado por Berthun e Andhun, ealdormen de Aethelwealh, que reinan en Sussex xuntos. Caedwalla ataca agora Kent e logra levarse un gran botín cando se retira.

outubro, 18: rebelión xiíta en Kufa encabezada por Mukhtar al-Thaqafi.

Hassan ibn an-Nu’man, comandante musulmán en Africa.

os musulmáns logran controlar a revolta de Kabul matando ao principal dirixente rebelde.

Gregorios I Mamikonian, príncipe de Armenia, morre en combate contra os jázaros, que invaden o norte do país. Achot II Bagratouni é designado sucesor polo califa.

revolta dos kharidjitas, que elixen califa a Nagdah ibn Amir, que controla o leste de Arabia.

erupción do Vesubio.

684

curiosidades.batanga.com
xaneiro, 3: Zhong Zong é entronizado como emperador.

febreiro, 10: K’inich Kan B’alam II acede á soberanía de Palenque.

febreiro, 27: Wu Zetian substitúe a Zhong Zong polo seu irmán máis novo Rui Zong, que é unha marioneta nas mana da emperatriz. Zhong Zong é posto baixo arresto.

morre Ghislemar, mordomo de palacio en Neustria e Burgundia, sendo sucedido por seu pai Waratton, que consigue que haxa paz entre os tres reinos francos.

Ecgfrith de Northumbria comisiona o seu ealdorman Berht para acometer unha expedición de castigo contra Hibernia. Devastan o territorio de Meath, gobernado polo rei Fínsnechta Fledach.

Mu’awiyya II morre en Damasco, sucédeo Marwan I coa oposición de parte de Syria, inmersa en guerras tribais.

verán: o imperio Pallava invade o reino de Ceylan empregando mercenarios támiles que acaban coa dinastía Moriya.

xuño, 26: Bieito II sucede a León II como bispo de Roma, logo de moitos meses de sé vacante pola demora da ratificación imperial. Constantino IV delega, a partir de aquí, no exarca de Ravenna o seu dereito a ratificar a elección dos bispos de Roma.

agosto, 18: batalla de Marj Rahit, na que partidarios de Marwan I derrotan os de Abd Allah ibn al-Zubayr cerca de Damasco e apuntalan o poder umayyad en Syria.

setembro, 7: obsérvase o cometa Halley en Xapón; o primeiro avistamento do que se ten testemuña escrita.

novembro, 13: Tenmu reforma o sistema da rangos en Xapón (yakusa-no-kabane), o que supón unha redución de 24 a oito.

novembro, 14: inicio das sesións do XIV concilio de Toledo.

novembro, 26: prodúcese un enorme tremor de terra en Xapón causando danos enormes.

Cuthbert é elixido bispo de Hexham e recibe a visita dun grupo dirixido por Ecgfrith. Concorda en volver a Lindisfarne para asumir as súas tarefas.

Ansberto, chanceller de Clotario III, bispo de Rouen.

inicio do movemento de penitentes xiítas animado por al-Mukhtar en Kufa.