curiosidades.batanga.com |
xaneiro, 3: Zhong Zong é entronizado como
emperador.
febreiro, 10: K’inich Kan B’alam II acede á
soberanía de Palenque.
febreiro, 27: Wu Zetian substitúe a Zhong
Zong polo seu irmán máis novo Rui Zong, que é unha marioneta nas mana
da emperatriz. Zhong Zong é posto baixo arresto.
morre Ghislemar, mordomo de palacio en Neustria e Burgundia, sendo sucedido por seu pai Waratton, que consigue
que haxa paz entre os tres reinos francos.
Ecgfrith de Northumbria comisiona o seu ealdorman Berht para acometer
unha expedición de castigo contra Hibernia.
Devastan o territorio de Meath,
gobernado polo rei Fínsnechta Fledach.
Mu’awiyya II morre en Damasco, sucédeo Marwan I coa
oposición de parte de Syria, inmersa
en guerras tribais.
verán: o imperio Pallava
invade o reino de Ceylan empregando
mercenarios támiles que acaban coa dinastía Moriya.
xuño, 26: Bieito II sucede a León II
como bispo de Roma, logo de moitos meses de sé vacante pola demora da
ratificación imperial. Constantino IV delega, a partir de aquí, no exarca de Ravenna o seu dereito a ratificar a elección dos bispos de Roma.
agosto, 18: batalla de Marj Rahit, na que partidarios de Marwan I derrotan os de Abd
Allah ibn al-Zubayr cerca de Damasco
e apuntalan o poder umayyad en Syria.
setembro, 7: obsérvase o cometa Halley en Xapón; o primeiro avistamento do que se ten testemuña
escrita.
novembro, 13: Tenmu reforma o sistema da
rangos en Xapón (yakusa-no-kabane), o
que supón unha redución de 24 a oito.
novembro, 14: inicio das sesións do XIV concilio de
Toledo.
novembro, 26: prodúcese un enorme tremor de terra en
Xapón causando danos enormes.
Cuthbert é elixido bispo de
Hexham e recibe a visita dun grupo dirixido
por Ecgfrith. Concorda en volver a Lindisfarne
para asumir as súas tarefas.
Ansberto, chanceller de Clotario
III, bispo de Rouen.
inicio do movemento de penitentes xiítas animado por
al-Mukhtar en Kufa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario