entrada á tumba de Mu'awiyya II Damasco www.eslam.de |
durante unha emboscada en Biskra os bérberes baixo Kusaila ibn Lemzem aniquilan un
exército musulmán comandado por Uqba ibn Nafi, que cae na loita; os
musulmáns deben retirarse a Barca, na
Cyrenaica e Kusaila conquista Kairouan.
xuño, 28: morre León II.
agosto, 26: vitoria umayyad en Madinat, que é
saqueada durante tres días e a poboación masacrada.
agosto, 28: morre K’inich Janaab’ Pakal I,
soberano de Palenque.
setembro, 25 (ata novembro, 27): o exército umayyad baixo Husayn ibn Numayr
al-Sakuni asedia Meca; durante o
asedio arde a Kaaba. Levántase o
asedio cando se reciben as novas da morte de Yazid.
morre Sighere de Essex e seu irmán Saebbi
é agora o único rei.
novembro, 4: inicio das sesións do XIII concilio de
Toledo, no que se decreta que, salvo en casos de flagrante culpabilidade, os
nobres e cregos non poden ser privados da súa dignidade, torturados ou
espoliados; nin xulgados polos seus iguais, co que se aumenta a súa autonomía
fronte ao rei.
nas actas do concilio, Liuva é mencionado
como bispo de Dumio e metropolitano
de Bracara.
novembro, 14: Mu’awiyya II sucede a Yazid
I como califa. Abdallah ibn az-Zubair é proclamado en Meca contra os
ummayad.
decembro, 27: Zhongzong sucede a Gaozong
como emperador chinés, que morre en Luoyang.
É fillo de Wu Zetian, que exerce como rexente e funda así a dinastía Zhou.
Tenmu decreta unha
reforma en Xapón: débense usar moedas de cobre en lugar das de prata. Tres días
máis tarde reverte a medida. O príncipe Ōtsu, fillo de Tenmu, iníciase
oficialmente en tarefas de goberno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario