Amosando publicacións coa etiqueta Aelia Verina. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aelia Verina. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de xuño de 2013

479

a táboa redonda, un elemento fundamental na
lenda do rei Aturo
sobreleyendas.com
Zenón, cónsul único.

último texto datado de Sidonio (podería ter morto en calquera ano entre 480 e 490): os seus escritos son fonte fundamental para este período, tanto dende o punto de vista dos acontecementos históricos como do xeito de vida da súa clase social.

primavera: Teodorico o Amalo propón a Zenón marchar a occidente e devolver o trono a Nepos; o plan é rexeitado.

Teodorico o Amalo, con forzas reducidas, ataca Macedonia, incluso Tesalónica. Zenón envía unha embaixada para negociar a paz, mentres Teodorico se apodera de Dyrrachium.

morre Yuryaku, 21º emperador do Xapón.

Nepos planea invadir Italia e derrocar a Odoacro.

Ambrosius Aurelianus toma o poder en Britannia (historia regum britanniae). O seu ámbito quizás sexa o sur da illa, onde loita contra saxóns e anglos. É un personaxe histórico pero arredor da súa traxectoria medrará a lenda de Artús.

sínodo de bispos africanos en Carthago.

outono: Sabinianus, ao mando de tropas imperiais, derrota os ostrogodos e infrínxelles fortes perdas.

Verina logra que Flavius Marcianus (fillo de Antemius) se rebele contra Zenón apoiado por seus irmáns Procopius Antemius e Romulus, e máis por Teodorico Estrabón. O argumento é que el é máis idóneo para o trono. Coa axuda de Estrabón, Marcianus faise coa capital pero é rapidamente derrotado por Illus, capturado e ordenado á forza. Os seus irmáns foxen cara Italia.

en China, a dinastía Song é derrocada pola dinastía Qi. O xeral Xiao Daocheng fai asasinar ao emperador neno da dinastía do sur e toda a súa familia. A historia da nova dinastía será a crónica dun asasinato tras outro.

xoves, 27 de xuño de 2013

478

salvador de Chora, próxima a Constantinopla
www.el-lobo-bobo.com
Illus, cónsul único.

Verina conspira contra Illus, magister militum, pola traizón deste contra Basiliscus. O prefecto do pretorio Epinicus contrata un sicario alano para matalo. O complot é descuberto e Zenón destitúe o prefecto e entrégao ao magister militum, que lle fai asinar unha confesión inculpando á emperatriz viúva, que é obrigada a profesar como relixiosa nun mosteiro.

o médico Anthemius é desterrado de Constantinopla por conspirar contra Zenón.

logo dun tremor de terra a estatua de Teodosio I cae da columna na que estaba no foro que leva o seu nome.

primeiros templos sintoístas en Xapón.

as crónicas chinesas rexistran un memorial enviado polo “rei de Xapón” (posiblemente Yuryaku), quen se describe a si mesmo como “director supremo dos asuntos militares en Xapón e Korea”, á corte da dinastía Wei. O emperador chinés resposta confirmando á dinastía xaponesa neses termos e títulos.

martes, 16 de abril de 2013

464

reconstrución de Conimbriga

Rusticus e Olybrius, cónsules.

febreiro, 6: Ricimer derrota un continxente alano en Bergamensis (Bergamo) nos Alpes e mata o rei Beorgor. Marcellinus comes (Beorgor rex Halanorum a Ricimere rege occiditur) escribe del coma se fose un rei bárbaro máis.

Remismundo vence a Frumario de xeito definitivo, ratifica a alianza con Teodorico II e reforza a estabilidade na zona.

habería dúas interpretacións posibles:

a/ Teodorico II recoñece que non pode controlar a situación e apoia a Remismundo como a opción máis manexable para el e para os intereses imperiais e aristocráticos: o envío de armas e o casamento do suevo cunha princesa goda serían sinais de recoñecemento. Sen embargo, o godo consegue que a súa influencia siga a sentirse: misións arianas (acaban por converter ao propio rei), protestas polos ataques suevos a Aunona (probablemente distrito de Tui).

b/ os godos xa non controlan a situación en Hispania e deben tratar os suevos como iguais. Incluso volve a muller de Remismundo a Callaecia, que estivera alí coma refén dende 457. Os provinciais deben valerse por si mesmos para chegar a acordos sen interferencias alleas.

Arborio abandona a Península sen ser substituído por ningún outro magister militum; o único representante militar imperial testemuña a partir de agora será o dux provinciae Tarraconensis Vicencio, cargo creado por Maioriano antes de abandonar Hispania, e que obedece a un feito obvio: o carácter fronteirizo de Tarraconensis, única provincia hispana xa baixo control imperial efectivo.

as bases militares na liña dende Lucus a Vitoria (exitentes dende principio do s. V) están baleiros ou ocupados por continxentes godos, suevos ou pagadas pola aristocracia local.

Lusidio entrega Olisipo ao suevos. Máis tarde será representante dos suevos ante o emperador.

Aegidius pecha un acordo cos vándalos.

a andamia institucional romana local sobrevive inda que a estrutura imperial se esfuma. A superestrutura desaparece: a oportunidade de exercer cargos no goberno imperial pero a subestrutura permanece. O sistema de división rexional por conventus é testemuñado por Hydacio.

Conimbriga é saqueada. A familia do nobre Cantaber é feita presa e levada como refén.

Aegidius morre, quizás envelenado. Syagrius herda o territorio e os buccellari de seu pai. O comes Paulus manda as tropas plenamente romanas que inda existen nese ámbito. A estratexia segue a ser aliarse co emperador e os francos para poder seguir a existir como poder independente. Tamén se menciona o comes Arbogast como personaxe influínte na zona.

Severus nomea a Arvandus praefectus praetorio en Gallia.

Basiliscus e súa irmá, Aelia Verina, emperatriz, conseguen que este acceda ao consulado do ano seguinte.