Amosando publicacións coa etiqueta Adeodatus II. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Adeodatus II. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de decembro de 2014

676

Donus
en.wikipedia.org
xuño, 17: morre Adeodatus II, que combatera novamente o monotelismo aproveitando a debilidade imperial.

verán: Mu’awiyya envía reforzos a Yazid ao mesmo tempo que os eslavos atacan Thesalonicca e os lombardos o exarcado de Ravenna.

Clodoveo III e Ebroino invaden Borgoña, controlada por Theuderico III. Waimer, duque de Champaña e os bispos Diddon de Chalon e Bobbon de Valentia, aliados con Aldarico de Alsacia asedian Autun.

Clodoveo III é asasinado con consentimento de Ebroino e Wilfrid e Wulfoald apoian a Dagoberto II, fillo de Sixiberto III, como novo rei franco de Austrasia.

novembro, 2: Donus, novo bispo de Roma.

Aethelred de Mercia invade Kent nun intento de reforzar a súa soberanía e diminuír a influencia de Kent en Surrey e Londinium. Os seus exércitos destrúen a sé de Rochester e arrasan o territorio.

morre Aescwine de Wessex e sucédeo Centwine, fillo de Cynegils.

Silla unifica Korea logo da retirada das tropas chinesas.

mércores, 3 de decembro de 2014

672

Wamba
www.hislibris.com
xaneiro, 7: en Xapón morre o emperador Tenji; deixa 14 fillos que se disputan a sucesión. O seu favorito, Kōbun (23 anos), que recibira o título de daijō-daijin, resulta o gañador na disputa.

xaneiro, 27: morre Vitaliano.

abril, 11: Adeodatus II, monxe beneditino, elixido bispo de Roma.

xuño: inicio da jinshin no ran, guerra civil de sucesión en Xapón entre Kōbun e o seu tío, o príncipe Ō-ama.

agosto, 21: Kōbun é vencido e suicídase; é sucedido por Ō-ama, o 40º emperador do Xapón co apoio do clan Fujiwara, e adopta o nome de Tenmu.

setembro, 1: morre Recesvinto.

setembro, 19:  elíxese como sucesor a Wamba, de posible liñaxe sueva. A elección non é aceptada por toda a nobreza.

Wamba e Xulián de Hispalis, el mesmo converso, pactan a erradicación completa do xudaísmo en Hispania.

concilio de Hertford, convocado e presidido por Theodoro, arcebispo de Canterbury, onde están todos os bispos de Britannia; reorganízase a estrutura eclesiástica e promóvese a copia e conservación de manuscritos nos mosteiros co que se conserva parte da herdanza romana.

Caedmon, seica un pastor analfabeto, soña un poema, ingresa no mosteiro de Whitby, onde a abadesa Hilda recoñece o seu talento e lle ofrece hospitalidade. Escribe un himno sobre a creación e recrea varios temas bíblicos en lingua anglo-saxona.

un gran exército musulmán instálase no Bósforo, acompañado dunha gran flota. Constantino IV toma medidas para resistir un longo asedio. 

comezan ataques musulmáns a portos de Hispania. Os godos perseguen os xudeus, a quen acusan de pactar cos atacantes musulmáns.

morre Cenwalh de Wessex, sucedido pola súa viúva Seaxburh, pero Wessex sufre continuas divisións territoriais entre xefes locais.

Máel Ruba, abade irlandés, funda un dos mosteiros de Applecross en territorio picto.

Wilfrid, bispo de Eboracum, trae albaneis e artesáns de Gallia e Italia para construír a catedral de Ripon.

Inicio do mandato de Parameshvaravarman I, en India.

inicio da escultura rupestre xigante de Longmen, en China.