Amosando publicacións coa etiqueta Xiao Wen Di. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xiao Wen Di. Amosar todas as publicacións

sábado, 20 de xullo de 2013

499

Avitus de Vienne
tedeum-laudamus.blogspot.com
Iohannes, cónsul único.

marzo, 1: Teodorico intervén no conflito entre Laurentius e Simmacus. Nun sínodo en Roma onde participan 72 bispos, Laurentius é deposto e recibe unha sé episcopal en Nocera, Campania.

abril, 26: Xiao Wen Di morre de fame na súa capital de Luoyang. Sucédeo Xuan Wu Di (16 anos), que nomea a seu tío Yuan Xie governador provincial, pero que se fará temporalmente rexente.

setembro, 2: Gundobado xunta en Lugdunum un concilio de bispos do sur de Gallia: Avitus de Vienne defende a ortodoxia contra o arianismo, sen lograr mudar a fe de Gundobado.

alianza secreta entre Clodoveo e Godexiselo, corexente burgundo, contra Gundobado: pactan un ataque conxunto con Teodorico para a primavera.

Chrodechilda era filla de Chilperico, irmán de Gundobado; que participara nas mortes de Chilperico e Godemaro (os outros corexentes burgundos) e ela salvaría a vida grazas á protección de Godexiselo. Clodoveo ten en mente ampliar territorios a costa burgunda.

Anastasius somete os últimos isauros rebeldes, que engrosan as filas do exército e son deportados a Thracia.

Xeorxia pasa a mans persas.

os búlgaros, xunto con grupos eslavos e restos hunos, derrotan o exército romano de Illyricum.

en Persia Khavad I recupera o trono coa axuda dos hephtalitas.

mércores, 17 de xullo de 2013

494

representación das "lupercalia"
lupercalia-edmonton.com
Rufius e Praesidius, cónsules.

febreiro, 15: Xelasio I impulsa a candelaria (festa de purificación) para substituír as pagás da lupercalia.

Xelasio I envía unha carta a Anastasius onde expón por primeira vez a súa teoría das “dúas espadas,” unha imaxe que expresaría o papel do estado e da igrexa.

Latakia, cidade portuaria en Siria, é destruída por un tremor de terra.

Clodoveo I ataca territorios aquitanos baixo control godo.

Xelasio distingue os textos canónicos dos apócrifos.

esculturas budistas das grutas de Longmen, próximas a Luoyang.

Xiao Wen Di comeza adoptar políticas de sinicización: fai do chinés a lingua oficial da corte e ordena que os seus nobres adopten nomes chineses. Casa con Feng Qing e muda a capital de Datong a Luoyang.

os godos entran en Hispania e interveñen nas dinámicas sociais de certas cidades do norte; por exemplo, Caesaraugusta.

agosto, 10: Guntamundo decide reabrir os templos católicos e permitir o retorno dos bispos católicos.

en Arabia comezan hostilidades, que durarán 40 anos, entre as tribos Tamim e Taghlib.

xoves, 4 de xullo de 2013

485

Xiao Wen Di
haninstitute.org
Memmius, cónsul único.

o exército de Teodorico, de volta da guerra contra Illus, arrasa Thracia e incluso ameaza Constantinopla.

abril, 17: morre Proclus (73 anos), neoplatónico, en Atenas, soterrado na proximidade dunha tumba onde se tamén está o seu mestre Syrianus (tradución da inscrición: “son Proclus – o licio a quen Syrianus criou para ensinar a súa doutrina logo del morrer – esta tumba reúne ambos os nosos corpos – oxalá idéntico destino sexa reservado ás nosas ánimas!”

Aelle de Sussex, rei saxón, loita contra os britanos na batalla onde o río Mercredesburne, que acaba en táboas. Este sería tamén o mítico período das doce batallas de Artús que acadaría fama de ser invencible.

outubro, 5: a deposición de Calandion de Antioquía é coñecida en Roma. Este sostiña a revolta de Illus e Leontius e era hostil ao henotikon e a Zenón, que restaura a Pedro, monofisita.

o emperador Xiao Wen Di institúe un sistema agrícola de “campos-iguais” asignando a cada familia campesiña un terreo de 140 mu (19 acres), dos que unha pequena proporción do rendemento é para a familia e o resto para o estado á súa morte. Para asegurarse que se cumpre o establecido divide a poboación en grupos, con cada cinco familias constituíndo un jin, cinco destes unha aldea (ji) e cinco destes un tang, liderado por un xefe (chang). A reforma agraria fai que os granxeiros non vendan as súas propiedades a grandes terratenentes e continuará durante case un milenio.

Kenzo, 23º emperador do Xapón ao suceder ao seu pai adoptivo Seinei.

mércores, 26 de xuño de 2013

477

portada do templo shaolin
www.es.wikipedia.org
Basiliscus e Armatus, cónsules.

xaneiro, 25: morre Gaiserico a idade avanzada en Carthago e é sucedido polo seu fillo Hunerico. En política interior dera liberdade de culto ao católicos pero esixiu conversión ao arianismo a todos os seus conselleiros máis próximos. A xente do común paga escasos impostos xa que a maioría da presión fiscal recae en familias romanas e cregos católicos. Sen embargo, Hunerico incrementa as persecucións.

chega a Constantinopla unha embaixada de Nepos, pedindo tropas e fondos para poder recuperar Italia. Verina intervén ao seu favor. Zenón pode que desconfíe del polo seu parentesco coa viúva de León, e polo tanto tamén con Basiliscus.

Zenón, por intercesión de Ariadna, rexeita as peticións do senado, lexitimando a Nepos como emperador e remitindo a este as peticións relativas á concesión do título de patricius a Odoacro. Pero Zenón negouse a nomear patricius a Odoacro alegando que, se ben tiña potestade para iso, Nepos xa o fixera con anterioridade. Na misiva que envía a Odoacro chámao patricius. Sen embargo, non temos ningunha outra testemuña que ratifique que Nepos nomeara patricius a Odoacro.

ao final Zenón non atende nin desatende as embaixadas tanto de Odoacro como de Nepos. Decide non intervir en Occidente, ao contrario do que tentara facer León I continuamente.

saxóns ao mando de Aele aterran en Britannia na proximidade de Cymenshore cos seus tres fillos. Os britanos atácanos pero son vencidos en Pevensey. Fundan un reino en Sussex e os asentamentos costeiros saxóns van progresando.

Teodorico Estrabón é renomeado por Zenón, pero Teodorico o Amalo arrasa Macedonia.

Zenón desfaise de Armatus, magister militum; encárgase o seu suposto amigo Onoulphus.

Shun Di (10 anos), emperador da dinastía Liu Song, logo do asasinato do seu irmán Houfei Di polo xeral Xiao Daocheng, que o instala como títere, exercendo el mesmo a rexencia e a autoridade efectiva. Establece o budismo como relixión oficial.

Xiao Wen Di funda o tempo shaolin, na cara norte do Shaoshi. Tamén establece o sistema dos “tres líderes” baixo o cal o lugar, “parroquia” e funcionarios de distrito son responsable de recadar impostos e do recrutamento.

mural nunha cova de Dunhuang que contén un debuxo dun arnés de cabalo.

Zenón ratifica as adquisicións de Eurico: Arelate, Massiliensis, e a Provenza.

martes, 25 de xuño de 2013

476

Odoacro e Romulus Augustulus
na película "La Última Legión"
www.historiasdelahistoria.com
Basiliscus e Armatus, cónsules.

Odoacro cruza os Alpes marítimos cun exército de mercenarios xermánicos e invade Provenza. Conquista as cidades de Arelate e Massiliensis despois dunha batalla vitoriosa contra os burgundos.

agosto: Basiliscus perde axiña apoio popular, tamén o de Verina e de Illus e Armatus (sobriño de Basiliscus), que agora se alían con Zenón. Este marcha cara Constantinopla cun exército isauro. O exército tamén se pasa ao bando de Zenón. Basiliscus é deposto e exiliado a Phrygia, onde Zenón o deixa morrer de fame. O fillo de Armatus, León, é nomeado caesar.

Teodorico Estrabón continúa a súa rebelión, agora aliado con Teodorico o Amalo.

agosto, 23: as tropas xermánicas elixen xefe a Odoacro. Seguen a reclamar un terzo das terras de Italia como pago aos seus servizos. Odoacro visita Ravenna para tratar de chegar a un acordo pero non é posible.

agosto, 28: Orestes articula a súa resistencia fronte a Odoacro en torno ás cidades fortificadas de Ticinum e Ravenna, defendidas por el mesmo e seu irmán Paulo, e tendo en conta o tradicional descoñecemento bárbaro das tácticas de asedio pero Odoacro emprega zapadores e conquista ambas cidades no prazo de dúas semanas. Orestes é capturado en Placentia e executado.

setembro, 4: Ravenna tamén cae e Paulo é inmediatamente executado. O último emperador romano, Romulus Augustulus, é deposto. Odoacro decide respectar a súa vida: non lle parece perigoso, desexa ter boas relacións coa aristocracia italiana e desexa aparecer clemente ante Constantinopla (clementia caesaris). Concédelle a el e os seus descendentes 6000 pezas de outro e un extenso latifundio en Campania, entre Neapolis e Puzzuoli, (castellum luculi en memoria do seu primeiro propietario e patrimonio imperial). Romulus inda vive en 511.

Odoacro envías as vestis regia a Constantinopla aceptando a reunificación do imperio baixo Zenón, quen nunca recoñecera a lexitimidade de Romulus Augustulus; para el, o emperador lexítimo é Xulio Nepos. Odoacro aceptar recoñecer nominalmente tamén a Nepos, que seguirá en Dalmacia.

no contexto de disolución do poder imperial os bispos de Roma consolidan pouco a pouco a súa crecente influencia.

o senado romano pide a Zenón que recoñeza a Nepos como deposto e exerza individualmente a púrpura imperial e recoñeza tamén a autoridade de Odoacro en Italia. Zenón declina a súa primeira petición pero nomea patricius a Odoaco, investindo a súa autoridade coa lexitimidade imperial.

os godos de Eurico tamén penetran en Italia pero son derrotados por Odoacro. Zenón conclúe un tratado de paz polo que se lle ceden a Eurico os territorios galos recén conquistados. Eurico comprométese a non emprender máis hostilidades. Roma xa non controla ningún territorio en Gallia.

unha inscrición demostra que o bereber Masties, xefe de tribos no Aurès, proclámase imperator e exercerá tal autoridade durante moitos anos.

Priscus de Panio publica historia byzantina (8 volumes dos que conservamos fragmentos).

inicio dunha guerra entre burgundos e godos. O rei Chilperico, que busca acceso ao mar, ataca os godos, pero é vencido. Podería ser que se establecera un tributo a pagar a Eurico.

inverno: Zenón recoñece o reino vándalo. Gaiserico cede Sicilia, coa excepción de Lilybaeum, a Odoacro a cambio dun tributo.

o nacemento de Aryabhata é tradicionalmente recoñecido como o comezo do período clásico das matemáticas e astronomía hindús.

Xian Wen Di, emperador retirado de Wei, é asasinado pola emperatriz Feng. Ela asume a rexencia sobre Xiao Wen Di.