Odoacro e Romulus Augustulus na película "La Última Legión" www.historiasdelahistoria.com |
Basiliscus e Armatus, cónsules.
Odoacro cruza os Alpes marítimos cun exército de mercenarios xermánicos e invade
Provenza. Conquista as cidades de Arelate
e Massiliensis despois dunha batalla
vitoriosa contra os burgundos.
agosto: Basiliscus perde axiña apoio popular, tamén o de Verina e de Illus e Armatus (sobriño
de Basiliscus), que agora se alían con Zenón.
Este marcha cara Constantinopla cun exército isauro. O exército tamén se pasa
ao bando de Zenón. Basiliscus é deposto e exiliado a Phrygia, onde Zenón o deixa morrer de fame. O fillo de Armatus, León, é nomeado caesar.
Teodorico Estrabón continúa a súa rebelión, agora aliado con Teodorico o Amalo.
agosto, 23: as tropas xermánicas elixen xefe a Odoacro. Seguen a reclamar
un terzo das terras de Italia como pago aos seus servizos. Odoacro visita Ravenna para tratar de chegar a un
acordo pero non é posible.
agosto, 28: Orestes
articula a súa resistencia fronte a Odoacro en torno ás cidades fortificadas de
Ticinum e Ravenna, defendidas por el mesmo e seu irmán Paulo, e tendo en conta o tradicional descoñecemento bárbaro das
tácticas de asedio pero Odoacro emprega zapadores e conquista ambas cidades no
prazo de dúas semanas. Orestes é capturado en Placentia e executado.
setembro, 4: Ravenna
tamén cae e Paulo é inmediatamente executado. O último emperador romano, Romulus Augustulus, é deposto. Odoacro
decide respectar a súa vida: non lle parece perigoso, desexa ter boas relacións
coa aristocracia italiana e desexa aparecer clemente ante Constantinopla (clementia caesaris). Concédelle a el e
os seus descendentes 6000 pezas de outro e un extenso latifundio en Campania,
entre Neapolis e Puzzuoli, (castellum
luculi en memoria do seu primeiro propietario e patrimonio imperial).
Romulus inda vive en 511.
Odoacro envías as vestis
regia a Constantinopla aceptando a reunificación do imperio baixo Zenón,
quen nunca recoñecera a lexitimidade de Romulus Augustulus;
para el, o emperador lexítimo é Xulio
Nepos. Odoacro aceptar recoñecer nominalmente tamén a Nepos, que seguirá en
Dalmacia.
no contexto de disolución do poder imperial os bispos de
Roma consolidan pouco a pouco a súa crecente influencia.
o
senado romano pide a Zenón que recoñeza a Nepos como deposto e exerza
individualmente a púrpura imperial e recoñeza tamén a autoridade de Odoacro en Italia. Zenón declina a súa primeira
petición pero nomea patricius a
Odoaco, investindo a súa autoridade coa lexitimidade imperial.
os godos de Eurico tamén penetran en Italia pero son derrotados por
Odoacro. Zenón conclúe un tratado de paz polo que se lle ceden a Eurico os territorios galos recén
conquistados. Eurico comprométese a non emprender máis hostilidades. Roma xa
non controla ningún territorio en Gallia.
unha inscrición demostra que o bereber Masties, xefe de tribos no Aurès,
proclámase imperator e exercerá tal
autoridade durante moitos anos.
Priscus de Panio publica historia byzantina
(8 volumes dos que conservamos fragmentos).
inicio
dunha guerra entre burgundos e godos. O rei Chilperico, que busca acceso ao mar, ataca os godos, pero é
vencido. Podería ser que se establecera un tributo a pagar a Eurico.
inverno:
Zenón recoñece o reino vándalo. Gaiserico
cede Sicilia, coa excepción de Lilybaeum, a Odoacro a cambio dun
tributo.
o
nacemento de Aryabhata é
tradicionalmente recoñecido como o comezo do período clásico das matemáticas e
astronomía hindús.
Xian Wen Di, emperador retirado de Wei, é asasinado pola emperatriz Feng. Ela asume a rexencia sobre Xiao Wen Di.
Xian Wen Di, emperador retirado de Wei, é asasinado pola emperatriz Feng. Ela asume a rexencia sobre Xiao Wen Di.
Ningún comentario:
Publicar un comentario