moeda coa efixie de Romulus Augustulus www.livius.org |
Zenón, cónsul único.
xaneiro, 9: Teodorico Estrabón,
o xeneral isauro Illus e a viúva de León I, Verina, encabezan unha revolta que pretende entronizar a Basiliscus, logrando que Zenón se teña
que refuxiar en Antioquía.
xaneiro, 12: Basiliscus é entronizado como augustus do imperio oriental.
abril, 9: Basiliscus publica o enkyklikon
(as súas posicións relixiosas monofisitas fano inmediatamente impopular).
Arvernis volve estar asediada. Ecdicius
ten que retirarse a un lugar máis seguro. Nepos
chámao e substitúeo por Orestes como
magister militum.
mais Nepos non se atreve a atacar directamente os godos, especialmente
cando os burgundos mudan as alianzas e se distancian dos romanos (en desacordo
coa excesiva influencia oriental) e continúan as negociacións.
Nepos reúnese co concilium de
Liguria, que decide enviar a Epiphanius,
bispo de Ticinum, á cabeza dunha nova
embaixada. Grazas á súa intervención, Eurico
decide pactar unha paz. Os detalles fíxanos Eurico e Chilperico por unha banda e por outra Epiphanius, Graeco (bispo de Massiliensis), Basilio
(bispo de Aix), Fausto (bispo de
Riez) e Leoncio (bispo de Arelate). Negocian ata xuño e o tratado
recoñece o dominio godo sobre os territorios ocupados co engadido de Auvernia, onde inda resiste a capital.
Aos burgundos confírmanselles as posesións ata o Durance. Ademais, roto o foedus, recoñécese a plena autonomía dos
xermanos. A cambio, estes comprométense a non atacar os territorios romanos en Gallia e restituír a Provenza, con Arelate e Massiliensis incluídas. A paz é rexeitada en Roma pero Ennodius na súa biografía a conta coma
un éxito de Epiphanius.
na nova situación Sidonio
Apolinar ten que exiliarse á fortaleza Livia.
un lume en Constantinopla destrúe a estatúa de Zeus
Olímpico feita por Fidias, unha das
marabillas da antigüidade. Tamén arden numerosos documentos públicos nalgunhas
bibliotecas.
Nepos é cuestionado por case todos os sectores. Os bispos
están indignados por abandonar provincias católicas á herexía ariana; os
nacionalistas consideran humillante ceder unha nova provincia. É considerado un
home de palla de oriente e un traidor en Auvernia.
Sen embargo, as súas opcións son moi limitadas.
un sínodo en Arelate
condena a doutrina de Lucidus sobre
a predestinación.
as statuta ecclesiae
antiqua, compilación de textos disciplinares da Narbonensis, recomendan no canon 16 que
os bispos leven os xudeus ás igrexas para que escoiten a Deus e se lles permita
permanecer ata finalizada a misa dos catecúmenos; o canon 83 rexeita que os
cristiáns garden as festividades xudías, advirten contra as súas supersticións
e contra que os cregos fabriquen e usen as filacterias (c. 36), amuletos coa
misión de actuar como cadea das ánimas. Berman argumenta que estas non eran
práctica xudías, senón de estrañas e curiosas seitas sincretistas, ás que
pertencían os xudeus galos en gran número.
o comes franco Arbogasto (católico) exerce o mando de Belgica I dende Treveroroum, a capital.
componse o codex
euricianus, que tenta regulamentar tanto a vida dos romanos como dos godos.
Está escrito en latín pero recolle a tradición consuetudinaria xermánica.
agosto, finais: Orestes
debía substituír a Ecdicius nas operacións contra os godos. Retrasa a súa saída
de Roma durante as negociacións e en vista de que xa non é oportuno intervir en
Gallia parte cara Ravenna. Nepos decide claudicar sen loitar
e embarca cara Dalmacia, a súa base
de poder (agosto, 28).
outubro, 31: Orestes proclama augustus ao seu fillo Romulus
(Augustulus pola súa xuventude,
quizás 10 ou 14 anos) e asume o poder efectivo.
Nepos segue a defender a súa lexitimidade dende Dalmacia e continúa acuñando moeda no
seu nome e no de Zenón. O ius monetandi representaba un dos principais
medios de expresar o poder imperial.
Gennadius de Marsella, en de
viris illustribus, deixa testemuña de ter traducido do grego ao latín cando
menos cinco libros: un “moi persuasivo” que Timoteo, bispo de Alexandría, dirixira ao emperador León; e outros
catro do monxe Evagrio do Ponto (o
tratado Contra os oito principais pecados, versión que fixo “coa mesma
sinxeleza que atopou no orixinal grego”; os Cen sentimentos, “que
traducín e restaurei, volvendo a traducilo e corrixilo en parte, para
manifestar así a verdadeira intención do autor, porque vin que a tradución
anterior (de Rufino) estaba viciada
e confusa”; un resumo do anterior, os Cincuenta sentimentos, “que fun o
primeiro en traducir ao latín”; e unha cuarta obra de Evagrio, da que non
sabemos o nome, colección de opinións “moi escuras ...”, que os corazóns dos
monxes podían entender”).
Orestes abandona a xefatura do exército, que pasa ao esciro
Odoacro, que acepta colaborar para
expulsar a Nepos, pero a cambio esixe un terzo de Italia para as tropas. A
negativa de Orestes abre un novo conflito.
Bodhiharma, monxe budista, viaxa a China e comeza
a ensinar o Lankavatara Sutra.
Gongju muda en capital de Baekje, e vese ameazada por Goguryeo,
que conquista o val do río Han, en Korea.
píntase un Bodhisattva nas covas de Ajanta en Maharashtra
(India).
Ningún comentario:
Publicar un comentario