nummus de Valentiniano III |
Aetius e Sixisvulto,
cónsules.
en Constantinopla
a influencia de Melania é reforzada pola
conversión de Volusianus no leito de
morte: se algo era necesario para convencer á piadosa corte oriental do
desexable do casamento proposto, a conversión aclara todas as dúbidas. Logo do
loito, Melania abandona Constantinopla: coa súa reputación e devoción persoais
conseguiu o propósito público da súa misión e reafirma os vínculos entre a
corte cristiá e os santos lugares: antes de marchar insiste ante o emperador na
conveniencia de que a emperatriz emprendera unha peregrinación.
Melania e o seu home manteñen coas súas doazóns as
conexións iniciadas Melania a Vella (avoa súa) e o seu círculo: a igrexa de Xerusalem
beneficiárase da liquidacións dos seus bens. Había en Constantinopla persoas agradecidas,
coma o presbítero Tigrius, leal
apoio de Xoán Crisóstomo, que
padecera tortura e exilio en Mesopotamia logo da caída do bispo.
a viaxe de regreso de Melania ao seu mosteiro durou seis
semanas. O seu biógrafo pon especial énfase na ansia da protagonista por volver
a tempo para as liturxias de semana santa, a pesar das pésimas condicións dos
camiños durante a invernía.
mentres Aetius
está atuado loitando contra os xermanos en Belgica,
o seu xeral Litorius derrota a bacauda en Armorica, matando a Tibatto
e outros líderes. Logo marcha ás presas a Narbo
para liberala do asedio de Teodorico I,
que se aproveita dos problemas no norte. No continxente romano hai unha ampla
presenza huna.
maio, 26: morre Xermanus
en Roma, viaxara alí para interceder polos rebeldes de Armorica. Outros, porén, retrasan a súa morte a 448 e din que
volveu visitar Britannia.
xullo, 2: Valentiniano
III cumpre 18 anos e remata a rexencia de Gala Placidia, inda que segue a ter influencia considerable.
en Britannia (segundo
a historia brittonum) Ambrosius Aurelianus, líder
romano-britano, derrota os anglo-saxóns baixo Vortigern en Wallop. Domina o oeste da illa.
K’inich Yax
K’uk’ Mo’, fundador da civilización maia de Copán, morre
logo de reinar once anos.
un sínodo en Constantinopla cuestiona os dereitos de Roma
sobre Illyricum. Proclus tenta materializar a decisión pero Sixto III lembra aos bispos da zona as súas obrigas cara o vicario
en Thessaloniki.
outubro, 29: casan Valentiniano
III a filla de Teodosio II, Licinia Eudoxia en Constantinopla. Fan inverno en Thessaloniki antes
de volver a occidente.
os vándalos operan en Sicilia.