Amosando publicacións coa etiqueta Mausona. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mausona. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de agosto de 2014

582

sólidus de Mauricio
moneda-clasica.foroactivo.com
Hermenegildo rebélase abertamente contra seu pai co apoio, principalmente, da aristocracia e clero católico e os suevos. Leovixildo recruta un gran exército e toma Emerita (Mausona é arrestado e exiliado durante tres anos) e Badaxoz. Despois de asegurarse a neutralidade dos romanos planifica o ataque a Hispalis.

Leovixildo envía aos hispanorromanos Florentius e Exuperius como embaixadores aos reinos francos de Childeberto II e Chilperico I, con cuxa filla Rigunthis propoñen un casamento para Recaredo.

os godos asedian os exércitos suevos en Baetica, onde estes foran a apoiar a Hermenexildo e son obrigados a capitular e volver a Callaecia, onde Miro, o rei, chega enfermo.

Leovixildo asedia Hispalis e conquista prazas próximas: Osset e Italica.

agosto, 13: Tiberio II presente que morre, posiblemente envelenado, casa a Mauricio coa súa filla Constantina e noméao herdeiro.

agosto, 14: morre Tiberio (48 anos, posiblemente envelenado) e Mauricio é o novo emperador.

en tempos de Mauricio o officium ducis consta de: un consiliarius ou asessor en materia legal, un cancelarius, que dirixía a chancelería provincial, un chartularius, encargado dos rexistros, varios scholastici, ou xuristas, algúns scribones, oficiais destacados das ringleiras dos excubitori, para controlar a administración militar, e un maiordomus, que gobernaba a casa ducal. En 633 o dux Numidae Pedro conta tamén coa colaboración dun sacellarius, probablemente, membro do sacrum cubiculum, e, por tanto, ligado á xestión financeira dos dominios imperiais da provincia.

outono: Mauricio nomea a Xoán Mystacon magister militum per Orientem e envíao un exército a Arzanene (Armenia) onde loita onde o río Nymphius (río Batman) contra o xeneral persa Kardarigan, quen o derrota debido á traizón e defección do legado Cours.

os avaros baixo khagan Bayan I, xunto con auxiliares eslavos, ocupan Sirmium logo de tres anos de asedio. Establecen unha base de operacións no imperio desde a que lanzarán incursións de saqueo aos Balcáns.

Gontran Boson urde para que Gondovaldo, suposto fillo ilexítimo de Clotario I, chegue a Marsella con financiamento bizantino para reclamar parte da herdanza de seu pai, nomeadamente as cidades de Poitiers e Tolosa. Sen embargo, Chilperico I ten un fillo varón e Gondovaldo perde apoios e debe reembarcar e volver a Constantinopla. Gontran Boson fai deter ao bispo Teodoro de Marsella nun intento de desviar a atención sobre o seu papel na usurpación fallida.

conversión forzosa de xudeus nos dominios de Chilperico I.

un exército persa baixo Tamkhosrau cruza o Éufrates e ataca Constantina (Turquía), pero é derrotado e aniquilado, incluído o seu comandante.

primavera: Xuan Di (52 anos) morre e é sucedido polo seu fillo Houzhu, incompetente, novo emperador da dinastía Chen.

Wen Di, dinastía Sui, ordena a construción dunha nova capital, bautizada Daxing (gran prosperidade), nunha localización ao surleste de Chang’an (actual Xi’an).

Iohannes Nesteutes, patriarca de Constantinopla.

o imperio turco divídese definitivamente en dúas confederacións: oriental, que se extendía ao norte de China; e occidental, ata Sogdiana.

domingo, 17 de agosto de 2014

580

Hermenexildo
www.primeroscristianos.com
Hermenexildo proclámase rei en Hispalis, acuña moeda co seu nome, inda que recoñece a dignidade real de seu pai. Os godos de Baetica e Lusitania acatan a súa autoridade. Nestas zonas é probable que os arianos sexan despoxados das súas igrexas e perseguidos nas provincias sublevadas.

Leovixildo trata de contrarrestar o catolicismo cun sínodo en Toletum que dita medidas para facilitar as conversións ao arianismo: decrétase que os católicos que cambien de credo non necesitan volverse a bautizar, o que semella lograr bastantes conversións entre a poboación católica.

debate ideolóxico en Mausona (católico) e Sunna (ariano) en Emerita.

Miro apoia a Hermenexildo e envía unha embaixada a Gontran e outra a Constantinopla.

o godo ariano Axila dialoga con Gregorio de Tours: ‘inda que nós non creamos o mesmo ca ti, non falamos mal, porque ter unha opinión ou outra non debe ser considerado un crime’.

Fronimius, bispo de Agde, alertado de que Leovixildo urde plans para matalo, foxe a territorio franco.

Pelaxio II, sen esperanzas de recibir axuda imperial, escribe a Aunacharius de Auxerre para que inflúa nos reis francos e estes axuden á cidade contra os lombardos arianos mediante unha alianza entre o Imperio e os francos.

peste no sur de Gallia e no levante hispano.

expedición militar de Aidan, rei de Dal Riada (Escocia), contra as Orcadas.

Clodoveo, fillo e herdeiro de Chilperico I, despois da morte dos tres fillos de Fredegunda por enfermidade, é encarcerado en Noisy, e logo apuñalado por orden desta. En Mans, tamén fai que asasinen a Audovera, súa nai, e que violen e encerren a Basina, irmá de Clodoveo, no mosteiro de santa Cruz de Poitiers.

lumes cerca de Burdigalia e Aurelianum; tremor de terra en Burdigalia; inundacións en Limaña en outono; enchentas do Ródano e o Saona eu outubro: inundación de Lugdunum e dos suburbios de Arelate, onde o circo é devastado e nunca máis será rehabilitado.

Gregorio de Tours debe comparecer ante un sínodo de bispos acusado de difamar a Fredegunda.

os eslavos seguen migrando masivamente aos Balcáns. Os avaros baixo Bayan I invaden o baixo Danubio (moderna Bulgaria).

asedio de Sirmium: os avaros marchan ao longo da ribeira dereita do Save e asedian a cidade.

os lombardos acaban cos últimos redutos ostrogodos nos Alpes. Os duques adoptan títulos, nomes e tradicións romanas.

Aethelberht sucede a Eormenric como rei (bretwalda) de Kent.

os inquisidores cristiáns atacan un templo segredo de Zeus en Antioquía. O sacerdote suicídase pero o resto de pagáns son arrestados. Todos os prisioneiros, incluído o vicegobernador Anatolio, son torturados e enviados a Constantinopla para comparecer en xuízo. Son sentenciados a morte devorados polos leóns, pero como non lles atacan as feras son finalmente crucificados e os cadáveres arrastrados nas rúas pola chusma cristián e depositados nun vertedoiro sen ningún tipo de rito funerario.

nace Máximo Confesor nunha vila de Palestina, Hesfin, ao leste do Lago Tiberias coma resultado dunha relación adúltera entre un samaritano e unha escrava persa. Bautizárono coma Moschion.

primavera – verán: o rei ghassánida al-Mundhir é recibido por Tiberio II en Constantinopla para mediar e tentar reconciliar monofisitas e partidarios de Calcedonia e parar as persecucións contra os monofisitas.

verán: Mauricio dirixe a súa segunda campaña militar.

an-Numan III, soberano dos lahkmidas.

a dinastía Zhou, asentada no río Wei, domina o norte de China; só a dinastía Chen, no sur, é rival abondo.

Ye (Henan) é completamente destruída por Yang Jian (futuro emperadorr Sui), que derrota aos resistentes ao mando de Yuchi Jiong.

os pagáns de Helipolis (Syria) sublévanse e atacan a comunidade cristián. Fanse sacrificios a Zeus en Edessa.

morren Martiño de Dumio e Paulo Silenciario (poeta bizantino).

domingo, 10 de agosto de 2014

571

triente de Leovixildo
www.maravedis.net
Leovixildo prosegue a súa campaña contra os bizantinos en Baetica e conquista Asidonia (Medina Sidonia) grazas á traizón dun tal Framidaneo e executa a todo o continxente militar; tamén conquista Baza.

Benevento, ducado lombardo autónomo baixo Zotto.

logo das tentativas de reconcilialos na ortodoxia os monofisitas renovan as súas condenas do credo de Calcedonia.

marzo, 12: Xustino II comeza a persecución dos monofisitas coa publicación dun programma (ou segundo henotikon) para tentar resolver a crise e ordena a todos os bispos que subscriban o edicto; os que non o fan son feitos presos e as igrexas monofisitas clausuradas.

marzo, 30: a Armenia persa, dirixida por Vardan II Mamikonian, sublévase contra os sasánidas coa axuda bizantina; reiníciase a guerra entre os dous imperios.

tratado entre Constantinopla e os avaros, que obteñen de Xustino II os territorios anteriormente ocupados polos xépidos, excepto Sirmium.

os lombardos invaden de novo a Provenza. Eunius Mummolus, prefecto galoromano e home de Gontran e fillo de Poeonius de Auxerre, derrótaos en Mustias Calmes, cerca de Embrun e obrígaos a retirarse polos Alpes. Os bispos Salonius de Embrun e Saxitarius de Gap, irmáns, participan na batalla.

abril, 15: morre Kimmei, 29 emperador de Xapón

Cautinus, bispo de Auvernia.

(ata 605) Mausona, bispo de Emerita, sucede a Fidel.

Wuffa, primeiro rei de East-Anglia.

batalla de Badcanford: os anglo-saxóns baixo Cuthwulf loitan contras os britanos e conquistan os asentamentos de Aylesbury, Benson, Eynsham e Limbury (crónica Anglo-saxona).

Aggabodhi I, rei de Ceilán.