triente de Leovixildo www.maravedis.net |
Leovixildo prosegue a súa campaña contra os bizantinos en Baetica e conquista Asidonia
(Medina Sidonia) grazas á traizón dun tal Framidaneo
e executa a todo o continxente militar; tamén conquista Baza.
Benevento, ducado lombardo autónomo baixo Zotto.
logo das tentativas de reconcilialos na ortodoxia os monofisitas renovan as
súas condenas do credo de Calcedonia.
marzo, 12: Xustino II comeza a
persecución dos monofisitas coa publicación dun programma (ou segundo henotikon)
para tentar resolver a crise e ordena a todos os bispos que subscriban o edicto;
os que non o fan son feitos presos e as igrexas monofisitas clausuradas.
marzo, 30: a Armenia persa, dirixida por Vardan II Mamikonian, sublévase contra os sasánidas coa axuda
bizantina; reiníciase a guerra entre os dous imperios.
tratado entre Constantinopla e os avaros, que obteñen de Xustino II os
territorios anteriormente ocupados polos xépidos, excepto Sirmium.
os lombardos invaden de novo a Provenza. Eunius Mummolus, prefecto galoromano e
home de Gontran e fillo de Poeonius de Auxerre, derrótaos en Mustias Calmes, cerca de Embrun e obrígaos a retirarse polos
Alpes. Os bispos Salonius de Embrun
e Saxitarius de Gap, irmáns,
participan na batalla.
abril, 15: morre Kimmei, 29
emperador de Xapón
Cautinus, bispo de Auvernia.
(ata 605) Mausona,
bispo de Emerita, sucede a Fidel.
Wuffa, primeiro rei de East-Anglia.
batalla de
Badcanford: os anglo-saxóns baixo Cuthwulf loitan contras os britanos e conquistan os asentamentos de
Aylesbury, Benson, Eynsham e Limbury (crónica
Anglo-saxona).
Aggabodhi I, rei de Ceilán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario