Amosando publicacións coa etiqueta Guntamundo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Guntamundo. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xullo de 2013

496

batalla de Tolbiacum
www.diomedia.com
Paulus, cónsul único.

febreiro, 14: Xelasio promove o día de Valentín na súa tentativa de abolir e prohibir as lupercalia.

os godos acaban cunha usurpación en Hispania: Burdunelus proclámase augustus; (podemos deducilo de “tyranidem assumit”: describíndose coma tyrannus, probablemente se autotitularía coma augustus) pero é abandonado polos seus partidarios e levado a Tolosa, onde o queiman vivo dentro dun boi de bronce.

morre Guntamundo (46 anos), sucedido por seu irmán Trasamundo, que casa pouco despois con Amalafrida, irmá de Teodorico o amalo. É culto, afeccionado á poesía e teólogo (ariano). Tivo problemas continuos cos mauros.

os francos depredan Saintes.

os alamanos séntense ameazados por Teodorico I e deciden penetrar en territorios francos e burgundos. Clodoveo usa o argumento da defensa propia para pasar ao ataque. Prodúcese unha encarnizada batalla en Tolbiacum (Zülpich), que gañan os francos con grandes perdas e a morte do líder alamano Xibuldo. A zona entre Neckar, Alb e Main pasa ao reino franco.

Khavad I é deposto, encarcerado e exiliado a Susiana logo de que fracasara no intento de quebrar o poder dos magnates. Sucédeo seu irmán máis novo Zamaspes.

novembro, 21: morre Xelasio I e elixen a Anastasius II, que decide restablecer os vínculos entre Roma e Constantinopla.

Anastasius depón e excomunga a Euphemius e envíao ao exilio. O seu sucesor como patriarca de Constantinopla é Makedonios II.

co decretum gelasiarum elabórase unha listaxe de libros prohibidos pola igrexa.

mércores, 17 de xullo de 2013

494

representación das "lupercalia"
lupercalia-edmonton.com
Rufius e Praesidius, cónsules.

febreiro, 15: Xelasio I impulsa a candelaria (festa de purificación) para substituír as pagás da lupercalia.

Xelasio I envía unha carta a Anastasius onde expón por primeira vez a súa teoría das “dúas espadas,” unha imaxe que expresaría o papel do estado e da igrexa.

Latakia, cidade portuaria en Siria, é destruída por un tremor de terra.

Clodoveo I ataca territorios aquitanos baixo control godo.

Xelasio distingue os textos canónicos dos apócrifos.

esculturas budistas das grutas de Longmen, próximas a Luoyang.

Xiao Wen Di comeza adoptar políticas de sinicización: fai do chinés a lingua oficial da corte e ordena que os seus nobres adopten nomes chineses. Casa con Feng Qing e muda a capital de Datong a Luoyang.

os godos entran en Hispania e interveñen nas dinámicas sociais de certas cidades do norte; por exemplo, Caesaraugusta.

agosto, 10: Guntamundo decide reabrir os templos católicos e permitir o retorno dos bispos católicos.

en Arabia comezan hostilidades, que durarán 40 anos, entre as tribos Tamim e Taghlib.

mércores, 3 de xullo de 2013

484

Alarico II
wikipedia.common.org
Venantius e Teodorico o Amalo, cónsules.

xaneiro, 14: eclipse total de sol en Asia Menor.

febreiro, 24: Hunerico publica un decreto que establece un prazo (xuño, 1) para que os católicos se convertan ao arianismo; os bispos son retirados das súas sés, algúns son exiliados a Córcega, outros martirizados, incluíndo o anterior procónsul imperial Victoriano e Frumentius, xunto con outros mercadores. Son axustizados en Hadrumetum logo de rexeitar a conversión.

Vitor de Vita conta que a poboación de Tipassa embarca e fuxe cara Hispania.

maio, 20: en Pentecostés revolta samaritana en Cesarea e Nablus (Palestina). Zenón reprímeos e ordena edificar a construción da igrexa de monte Garizim, consagrada a María, non emprazamento do templo samaritano.

xullo, 19: Illus e Verina rebélanse contra Zenón, que envía un exército baixo o xeneral isauro Leontius, pero os rebeldes conseguen que este cambie de bando e proclámano augustus en Tarsus. Verina solicita apoio nas dioceses do leste e en Exipto. Fixan a sede imperial en Antioquía.

xullo, 28: Fiz II excomunga a Acacius de Constantinopla e Pedro III de Alexandría, polo papel que xogaron no henotikon dous anos antes. Considera o edicto unha herexía e o cisma entre Roma e Constantinopla aumenta (cisma acaciano, ata 519).

Illus libera a Marcianus e envíao a Italia para conseguir apoio de Odoacro. Zenón emprega os federados xermánicos para derrotar os inimigos. Persuade aos rugos para que ataquen a Odoacro e un exército baixo Iohannes Skytha e Teodorico é enviado ao leste. Esta forza aparta a Illus de Antioquía logo de tela no seu poder de só 12 días (agosto, 8). Iohannes cerca a Illus en Papirius. Verina morre durante o asedio.

os hunos hephtalitas invaden Persia, Peroz I reúne un gran exército e deixa a seu irmán Vologases como rexente en Ctesifonte; morre na batalla de Herat, onde os persas son emboscados e arrasados. O corpo de Peroz é devolto aos persas que o soterran con todos os honores. Vologases sube ao trono, iniciándose un período de anarquía.

no tratado de Nvarsak Vahan Mamikonian, xefe armenio en rebeldía dende 480, obtén liberdades políticas e relixiosas (o cristianismo é recoñecido como relixión oficial de Armenia) a cambio de axuda militar. É nomeado gobernador.

Blosius Aemilius Dracontius compón en Carthago un panexírico sobre un soberano non ariano, supostamente Zenón, que lle vale pena de prisión.

Gundobado proclama a lex burgundionum, un código legal que recolle normas sobre casamentos, herdanzas, o weregild e outras cuestións.

Eurico constrúe unha protección para Carcassona nunha curva do río Aude.

Clodoveo goberna os francos salios (na ribeira do río Salia) e Sixeberto o resto, os ripuarios. Clodoveo apela ao orgullo franco para combater a Siagrius (rex romanorum).

a Notitia Provinciarum et Civitatum Africae, documento vándalo, menciona tres bispados en Baleares e os seus bispos (Macario, Minorca – Helias, Maiorica – Opilio, Evuso); sendo tamén mencionada a súa vinculación metropolitana a Caralis; sería a nomina episcoporum insulae Sardiniae. A organización eclesiástica territorial tardía correspóndese coa civil e administrativa.

no sínodo de Beth-Lapat impóñense as teses nestorianas no ámbito cristián en territorios sasánidas.

decembro, 23: morre Hunerico, sucedido polo seu sobriño Guntamundo, que proxecta deter as persecucións contra os católicos e estabilizar a economía dos seus dominios.

decembro, 28: morre Eurico, que é sucedido polo seu fillo Alarico II.

Jayavarman, rei de Fou-nan, envía unha embaixada ao Qi en China para solicitar axuda contra o reino de Lin Yi (centro do actual Vietnam); ao parecer a embaixada non tivo éxito.