batalla de Tolbiacum www.diomedia.com |
Paulus, cónsul único.
febreiro, 14: Xelasio
promove o día de Valentín na súa tentativa de abolir e prohibir as lupercalia.
os godos acaban cunha usurpación en Hispania: Burdunelus
proclámase augustus; (podemos
deducilo de “tyranidem assumit”:
describíndose coma tyrannus,
probablemente se autotitularía coma augustus)
pero é abandonado polos seus partidarios e levado a Tolosa, onde o queiman vivo
dentro dun boi de bronce.
morre Guntamundo (46 anos),
sucedido por seu irmán Trasamundo,
que casa pouco despois con Amalafrida,
irmá de Teodorico o amalo. É culto,
afeccionado á poesía e teólogo (ariano). Tivo problemas continuos cos mauros.
os francos depredan Saintes.
os alamanos séntense ameazados por Teodorico I e deciden penetrar en
territorios francos e burgundos. Clodoveo
usa o argumento da defensa propia para pasar ao ataque. Prodúcese unha
encarnizada batalla en Tolbiacum
(Zülpich), que gañan os francos con grandes perdas e a morte do líder alamano Xibuldo. A zona entre Neckar, Alb e
Main pasa ao reino franco.
Khavad I é deposto, encarcerado e exiliado a Susiana logo de que
fracasara no intento de quebrar o poder dos magnates. Sucédeo seu irmán máis
novo Zamaspes.
novembro, 21: morre Xelasio I e elixen a Anastasius II, que decide restablecer
os vínculos entre Roma e Constantinopla.
Anastasius depón e excomunga a Euphemius e envíao ao exilio. O seu sucesor como patriarca de
Constantinopla é Makedonios II.
co decretum
gelasiarum elabórase unha listaxe de libros prohibidos pola igrexa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario