Amosando publicacións coa etiqueta Dagoberto II. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dagoberto II. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de decembro de 2014

679

santa Comba de Bande
www.travellersbook.net
aprox., construción de Sta. Comba de Bande.

os jázaros empurran os búlgaros cara territorios bizantinos, establecéndose no delta do Danubio. Constantino IV monta unha operación terrestre e naval que suma 25000 homes para contelos e ataca a base búlgara en Dobruja.

Constantino IV é derrotado na batalla de Ongal: a cabalería búlgara esfarela as liñas bizantinas mentres o emperador está en Nesebar para ser atendido de dores nas pernas.

Asparuch atravesa o Danubio coa súa horda, toma portos como Odessos e domina Moesia.

Georgios I, novo patriarca de Constantinopla, en sucesión de Theodoros I.

Constantino IV asina un tratado de paz con Mu’awiyya (estipúlanse 30 anos sen agresións mutuas) pola que o califa paga 3000 nomismata (libras de ouro), 50 cabalos e 50 escravos. Os musulmáns retiran as súas posicións nas costas bizantinas e incluso abandonan Chipre e Rhodas.

Aethelred de Mercia casa coa princesa Osthryth, irmá de Ecgfrith de Northumbria.

Adomnan, crego e avogado, novo abade de Iona.

os tibetanos controlan a conca do Tarim logo da batalla de Ta-fei-tch’ouan.

decembro, 23: Dagoberto II, rei de Austrasia, é asasinado por instigación de Pipino de Heristal durante unha cacería cerca de Stenay-sur-Meuse. Os catro fillos varóns do rei morreran antes que el. Theuderico III é agora rei de todos os territorios francos.

Pipino de Heristal é fillo de Begga, filla de Pipino de Landen, e Ansexisal, que sucedera ao de Landen como mordomo de palacio.

asemblea de Duvno coa presenza de Agathon e Constantino IV que deciden a creación de dous bispados diferentes para croatas e serbios.

domingo, 7 de decembro de 2014

676

Donus
en.wikipedia.org
xuño, 17: morre Adeodatus II, que combatera novamente o monotelismo aproveitando a debilidade imperial.

verán: Mu’awiyya envía reforzos a Yazid ao mesmo tempo que os eslavos atacan Thesalonicca e os lombardos o exarcado de Ravenna.

Clodoveo III e Ebroino invaden Borgoña, controlada por Theuderico III. Waimer, duque de Champaña e os bispos Diddon de Chalon e Bobbon de Valentia, aliados con Aldarico de Alsacia asedian Autun.

Clodoveo III é asasinado con consentimento de Ebroino e Wilfrid e Wulfoald apoian a Dagoberto II, fillo de Sixiberto III, como novo rei franco de Austrasia.

novembro, 2: Donus, novo bispo de Roma.

Aethelred de Mercia invade Kent nun intento de reforzar a súa soberanía e diminuír a influencia de Kent en Surrey e Londinium. Os seus exércitos destrúen a sé de Rochester e arrasan o territorio.

morre Aescwine de Wessex e sucédeo Centwine, fillo de Cynegils.

Silla unifica Korea logo da retirada das tropas chinesas.

venres, 21 de novembro de 2014

656

Ali ibn Abi-Talib
febreiro, 1: morre Sixeberto III de Austrasia (25 anos), deixando un fillo menor, Dagoberto II (4 anos), pero Grimoaldo envíao en segredo a un mosteiro en Hibernia e afirma que Sixeberto designara sucesor ao seu propio fillo antes de que nacera Dagoberto. O novo rei é, por tanto, Childeberto III. Sen embargo, a nobreza non concorda e o mordomo de palacio e o seu fillo son pronto asasinados coa axuda de Clodoveo II de Neustria e o seu mordomo Ebroino, que volven unificar baixo un só rei todos os territorios francos.

xuño, 20: Utman morre asasinado en Madinat e resulta elixido novo califa Ali ibn Abi-Talib, un dos xenros de Muhammad. Ali traslada a capital a Kufa.

sen embargo, Aisha bint Abi Bark, unha viúva do profeta, encabeza a oposición imputando a Ali a responsabilidade do asasinato do seu predecesor. Gaña para a súa causa Mu’awiyya e iníciase unha guerra civil que detén os avances musulmáns en todos os frentes.

decembro, 1: inicio das sesións do X concilio de Toledo coa asistencia de 17 bispos (tres metropolitanos: Uxío II de Toledo, Frutuoso de Braga e Fuxitivo de Hispalis) máis outros cinco representados. Trátanse as penas polo quebrantamento do xuramento de lealdade ao rei por cregos e leigos; os altos prezos inxustificados polas vendas que fan sacerdotes de escravos cristiáns a xudeus.

tamén se tratan asuntos internos da igrexa como a retirada do bispo Potamio a un mosteiro e o testamento de Ricimero, bispo de Dumium. Este testamento establecera un número excesivo de legados xa que dera ‘demasiado’ aos pobres xa que ‘os pobres non teñen ningunha necesidade inminente’ por iso se declaran nulas as súas doazóns e manumisións.

decembro, 9: ‘batalla do camelo’, en Basra, na que vencen os partidarios de Ali. Detrás deste hai moitos integrantes da nobreza sasánida que logra recuperar a súa influencia; polo tanto, subxace unha loita entre os antigos persas e o núcleo duro musulmán.  Morren 10000 persoas e as dúas partes sofren baixas moi importantes.

Oswiu de Northumbria invade Pengwern e mata a Cynddylan en batalla cerca do río Trent. O seu irmán Morfael e os restos da familia real foxen a Glastening (Wessex).

Oethelwald de Deira é feito abdicar por Oswiu, tío seu, por ter desertado na batalla de Winwaed, e reemprazado por Alhfrith, fillo de Oswiu.

morre Abdullah ibn Sa’ad, gobernador de Exipto.

Saimei de Xapón constrúe un novo palacio en Asuka (prefectura Nara) chamado o ‘canal dos tolos’ pola inxente cantidade xente e recursos desperdiciados na súa construción.

Li Xian, sétimo fillo de Gaozong é designado príncipe herdeiro.