santa Comba de Bande www.travellersbook.net |
aprox., construción de Sta. Comba de Bande.
os jázaros empurran os búlgaros cara territorios
bizantinos, establecéndose no delta do Danubio. Constantino IV monta
unha operación terrestre e naval que suma 25000 homes para contelos e ataca a
base búlgara en Dobruja.
Constantino IV é derrotado na batalla de Ongal: a cabalería búlgara esfarela as
liñas bizantinas mentres o emperador está en Nesebar para ser atendido de dores nas pernas.
Asparuch atravesa o Danubio
coa súa horda, toma portos como Odessos
e domina Moesia.
Georgios I, novo patriarca de
Constantinopla, en sucesión de Theodoros
I.
Constantino IV asina un tratado de paz con Mu’awiyya
(estipúlanse 30 anos sen agresións mutuas) pola que o califa paga 3000 nomismata (libras de ouro), 50 cabalos e
50 escravos. Os musulmáns retiran as súas posicións nas costas bizantinas e
incluso abandonan Chipre e Rhodas.
Aethelred de Mercia casa coa princesa Osthryth,
irmá de Ecgfrith de Northumbria.
Adomnan, crego e avogado,
novo abade de Iona.
os tibetanos controlan a conca do Tarim logo da batalla de Ta-fei-tch’ouan.
decembro, 23: Dagoberto II, rei de Austrasia, é asasinado por instigación
de Pipino de Heristal durante unha cacería cerca de Stenay-sur-Meuse. Os catro fillos varóns do rei morreran antes que
el. Theuderico III é agora rei de todos os territorios francos.
Pipino de Heristal é fillo de Begga, filla de
Pipino de Landen, e Ansexisal, que sucedera ao de Landen como
mordomo de palacio.
asemblea de Duvno
coa presenza de Agathon e Constantino IV que deciden a creación de dous
bispados diferentes para croatas e serbios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario