Amosando publicacións coa etiqueta Aethelred de Mercia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aethelred de Mercia. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de marzo de 2015

704

representación dun cabaleiro xázaro
www.pinterest.com
morre o rei tibetano Khri-hdus-song.

Xustiniano II, desfigurado e cheo de odio, busca contactar cos xázaros (está casado cunha das súas princesas) desde o seu exilio de Quersonea.

marzo, 30: os monxes do norte de Hibernia renuncian aos seus antigos usos litúrxicos para adoptar os de Roma.

Düsong Mangpojé, morto en combate despois dunha campaña contra os Jang de Yunnan. Ábrese unha loita sucesora, na que resultará vencedora a opción de Mes-ag-tshoms (sete anos e fillo seu) baixo a rexencia de súa avoa Thrimalö.

Cenred sucede a Aethelred como rei de Mercia, que profesa nun convento en Bardney. Cenred é sobrino de Aethelred e fillo de Wulfhere.

Abdallah ibn Abd al-Malik (fillo do califa Abd al-Malik ibn Marwan) invade Armenia para someter a revolta anti-árabe coa axuda de seu tío Muhammad ibn Marwan.

Xustiniano II escapa do seu exilio coa axuda do khan xázaro Busir.

outono: Tiberio III tenta comprar a Busir e manda dous asasinos xázaros, Papatzys e Balgitzin, para acabar con Xustiniano, que é avisado pola súa muller e pode fuxir onde os búlgaros, asegurándose a axuda de Tervel, a cambio de consideracións financeiras.

Heraclius, irmán de Tiberio III, derrota e destrúe un exército musulmán (10000) en Sisium, levando numerosos prisioneiros encadeados a Constantinopla.

decembro, 14: morre Aldfrith de Northumbria, sucedido por Eadwulf I. Wilfrid viaxa a Driffield para manifestar o seu apoio ao novo rei pero é rexeitado.

inverno: Abdallah ibn Abd al-Malik é chamado de Armenia para facerse cargo de Exipto. Instrúe que a lingua de traballo administrativo sexa o árabe en lugar do copto. As fames e a corrupción arruínan o seu mandato.

xoves, 18 de decembro de 2014

691

Gallia a finais do s. VII e inicios do s. VIII
es.wikipedia.org
morre Theuderico III, sucedido polo seu fillo Clodoveo IV (9 anos), que non pasa de ser un foi fainéant en mans de seu tío Pipino de Heristal, mordomo de palacio de Austrasia.

II concilio Trullano en Constantinopla no que Serxio I recoñece os dogmas impostos por Xustiniano II.

morre Ilteris Khagan pero o imperio turco segue a fortalecerse co seu sucesor Kapagan Khagan.

III concilio de Caesaraugusta.

complétase a construción da ‘cúpula da Rocha’ en Xerusalem.

outubro, 11: Abd al-Malik ibn Marwan derrota en Maskin, sobre o pequeno Tigris, aos rebeldes de Mesopotamia encabezados polo gobernador Musab ben az-Zubayr, irmán do califa disidente Abd Allah ben az-Zubayr.

Abd al-Malik marcha sobre Kufa e volve a Syria; envía o xeneral Al-Hajjaj ben Yusef, nomeado novo gobernador de Mesopotamia, contra Abd Allah en Hedjaz.

Wilfrid, abade de Ripon, tenta ser bispo de toda Northumbria pero Aldfrith faise con moitas das propiedades da abadía para fundar alí un bispado; Wilfrid é exiliado e foxe cara Mercia, onde Aethelred o fai bispo de Leicester.

rebelión dos kahridjitas en Bahrein.

Pipino de Heristal derrota os bretóns e sitúa a Agatheus, un conde franco, como gobernador da marca de Bretaña e, tamén, bispo de Rennes. A Bretaña baixa permanece independente dos francos.

Begga, nai de Pipino de Heristal, funda un mosteiro en Andenne, onde se retira.

domingo, 14 de decembro de 2014

688

tremises de Cuniperto
it.wikipedia.org
maio, 15: inicio das sesións do XV concilio de Toledo, no que Vicente é mencionado como bispo de Dumio.

morre asasinado Pertarito nunha conxura e sucédeo o seu fillo Cuniperto.

Alahis, duque de Brescia, inicia unha guerra civil e asedia a Cuniperto nunha illa do lago Como; Cuniperto logra romper o cerco.

Domnall, sucesor de Maelduin como rei de Dal Riata.

Caedwalla, rei de Wessex, abdica e inicia unha peregrinación cara Roma; a causa son as feridas sufridas durante o ataque a Wight. Ine, fillo dun curmán segundo, Coenred de Dorset, é o sucesor.

Aethelred de Mercia utiliza a súa influencia no SO de Britannia para entronizar a Oswine, membro menor da familia real e primo segundo de Eadric, como rei de Kent. Ao príncipe Swaefheard de Essex concédeselle a porción oeste de Kent.

K’inich B’aaknal Chaak, soberano da cidade maia de Toniná.

Wigbert, anglo-saxón, inicia a ‘evanxelización’ dos frisios.

Xustiniano II marcha a Thracia, onde restaura a autoridade bizantina e traslada moitos búlgaros e eslavos prisioneiros ao thema de Opsicia (Anatolia).

Eadberht, nomeado bispo de Lindisfarne, onde constrúe un altar ‘sagrado’ en memoria do seu predecesor Cuthbert; un lugar que se converterá en lugar de peregrinación frecuente.

687

Egica Rex
codex emilianensis
es.wikipedia.org
abril: a rebelión xiíta de al-Mukhtar en Kufa é reprimida por Musab inb Zobair, irmán de Abd Allah ibn Zobair.

xuño: batalla de Tertry na que Pipino de Heristal vence de xeito decisivo, coa alianza dalgúns nobres de Neustria a Berthario, mordomo de Neustria e Burgundia, que morre pouco despois. Theuderico III e o seu tesouro son postos baixo vixianza e Pipino reunifica o goberno de todos os territorios francos. Nomea a Nordeberto, conde de París, mordomo de Neustria, e intenta que a súa autoridade sexa efectiva en todo o reino pero esta é nula ao sur do Loira e en Burgundia.

Kent rebélase contra a soberanía de Wessex e o rei imposto Mul é queimado vivo. Caedwalla víngase arrasando o reino e Aethelred de Mercia aproveita a situación para estender os seus dominios.

Xustiniano II sela un novo tratado cos musulmáns, polo que estes pagan tributo e el acolle a 12000 maronitas de Líbano, que resistían duramente o asedio árabe; son trasladados a Thracia, Cilicia e Pamphilia. Acorda tamén repartirse os impostos de Armenia, Chipre e Iberia

Xustiniano reforza a flota bizantina en Chipre e transfire tropas de cabalería de Anatolia a Thracia.

Paulos III, novo patriarca en Constantinopla.

inicio das obras da mesquita de Umar en Xerusalem.

morre Ervixio, que apunta ao seu xenro Exica como posible sucesor.

novembro, 24: inicio oficial do reinado de Exica, que tamén era sobriño de Wamba. Declarara a intención de reconciliar ambas familias pero o novo rei, coa autorización do XV concilio de Toledo, deslígase do xuramento prestado a súa muller e repúdiaa.

decembro, 15: Serxio I é elixido como sucesor de Conon. Aparece en escena outro candidato, Pascual I.

Xustiniano II rompe o tratados cos búlgaros e ataca os eslavos pero é atrapado nunha emboscada e debe negociar un novo tratado.

Adomnan, abade de Iona, vista Northumbria para tentar liberar prisioneiros irlandeses capturados nunha incursión en Hibernia.

Cuthbert, bispo de Lindisfarne, abandona o bispado e retírase como eremita en Inner Fame, onde morre logo dunha grave e penosa enfermidade.

morre Romualdo, duque de Benevento, sucedido por Xisulfo.

o iussio de Xustiniano II confirma que Septem e Cerdeña posúen bases militares bizantinas importantes. Tamén quizás nas Baleares, segundo Nicolás Oikonomides, que aparece recollido na ‘listaxe árabe de al-Djarmi’ (s. IX).

martes, 9 de decembro de 2014

679

santa Comba de Bande
www.travellersbook.net
aprox., construción de Sta. Comba de Bande.

os jázaros empurran os búlgaros cara territorios bizantinos, establecéndose no delta do Danubio. Constantino IV monta unha operación terrestre e naval que suma 25000 homes para contelos e ataca a base búlgara en Dobruja.

Constantino IV é derrotado na batalla de Ongal: a cabalería búlgara esfarela as liñas bizantinas mentres o emperador está en Nesebar para ser atendido de dores nas pernas.

Asparuch atravesa o Danubio coa súa horda, toma portos como Odessos e domina Moesia.

Georgios I, novo patriarca de Constantinopla, en sucesión de Theodoros I.

Constantino IV asina un tratado de paz con Mu’awiyya (estipúlanse 30 anos sen agresións mutuas) pola que o califa paga 3000 nomismata (libras de ouro), 50 cabalos e 50 escravos. Os musulmáns retiran as súas posicións nas costas bizantinas e incluso abandonan Chipre e Rhodas.

Aethelred de Mercia casa coa princesa Osthryth, irmá de Ecgfrith de Northumbria.

Adomnan, crego e avogado, novo abade de Iona.

os tibetanos controlan a conca do Tarim logo da batalla de Ta-fei-tch’ouan.

decembro, 23: Dagoberto II, rei de Austrasia, é asasinado por instigación de Pipino de Heristal durante unha cacería cerca de Stenay-sur-Meuse. Os catro fillos varóns do rei morreran antes que el. Theuderico III é agora rei de todos os territorios francos.

Pipino de Heristal é fillo de Begga, filla de Pipino de Landen, e Ansexisal, que sucedera ao de Landen como mordomo de palacio.

asemblea de Duvno coa presenza de Agathon e Constantino IV que deciden a creación de dous bispados diferentes para croatas e serbios.

678

Agathon
ojoscuriosos.com
abril, 11: morre Donus.

xuño, 27: Agathon, novo bispo de Roma; o primeiro que non paga o tributo debido a Constantinopla logo de ser elixido.

Ebroino e Neustria vencen as tropas de Austrasia en Bois-du-Fay.

Aethelred de Mercia derrota a Ecgfrith de Northumbria onde o río Trent. Theodoro, arcebispo de Canterbury, media entre os dous, e Aethelred acepta pagar ‘weregild’ para evitar reiniciar hostilidades. Aelfwine de Deira morre na batalla, co que Bernicia e Deira unifícanse definitivamente como Northumbria.

Wilfrid, bispo de Eboracum, posúe amplas propiedades por todo Northumbria. Logo de rexeitar unha división da sé, Ecgfrith e Theodoro deciden obrigalo a marchar ao exilio. Bosa sucédeo como bispo de Eboracum.

en Xapón, planifícase o culto nacional aos deuses do ceo e da terra. Tenmu escolle a súa filla Tōchi como Saiō para facerlle servir os deuses. Sen embargo, a princesa enferma repentinamente e morre.

Munmu de Silla ordena a construción do complexo Beomeosa en Geumjeong-gu.

outubro, 2: nobres de Neustria torturan e executan a Leodegario de Autun en Fécamp (Normandía).

domingo, 7 de decembro de 2014

676

Donus
en.wikipedia.org
xuño, 17: morre Adeodatus II, que combatera novamente o monotelismo aproveitando a debilidade imperial.

verán: Mu’awiyya envía reforzos a Yazid ao mesmo tempo que os eslavos atacan Thesalonicca e os lombardos o exarcado de Ravenna.

Clodoveo III e Ebroino invaden Borgoña, controlada por Theuderico III. Waimer, duque de Champaña e os bispos Diddon de Chalon e Bobbon de Valentia, aliados con Aldarico de Alsacia asedian Autun.

Clodoveo III é asasinado con consentimento de Ebroino e Wilfrid e Wulfoald apoian a Dagoberto II, fillo de Sixiberto III, como novo rei franco de Austrasia.

novembro, 2: Donus, novo bispo de Roma.

Aethelred de Mercia invade Kent nun intento de reforzar a súa soberanía e diminuír a influencia de Kent en Surrey e Londinium. Os seus exércitos destrúen a sé de Rochester e arrasan o territorio.

morre Aescwine de Wessex e sucédeo Centwine, fillo de Cynegils.

Silla unifica Korea logo da retirada das tropas chinesas.

sábado, 6 de decembro de 2014

675

libro de Durrow
en.wikipedia.org
xaneiro, 5: en Xapón constrúen unha plataforma para que os astrólogos observen as estrelas.

marzo, 16: o emperador Tenmu decreta o final da servidume; tamén decreta que non se cedan máis terras a nobres, ministros ou templos.

abril, 1: Hlothhere de Kent restablece a súa soberanía sobre Londinium.

Tenmu decreta o exilio para varios ministros que se opoñen ás súas medidas.

Wamba rexeita un ataque musulmán en Alxeciras.

Aethelred sucede a seu irmán Wulfhere como rei de Mercia.

Konstantinos I, patriarca de Constantinopla.

outono: morre asasinado Childerico II xunto coa súa muller Bilichild e o seu fillo Dagoberto (5 anos) mentres está a corte de cacería nun bosque ao oeste de París. Os nobres rebeldes autores do magnicidio teñen que fuxir a Austrasia.

III concilio de Bracara, presidido por Leodexisius, no que se promulgaron oito decretos, todos eles demandando máis simplicidade e maior respecto cara a relixión, tanto por parte dos fieis como do propio clero.

entre os principais acordos están: non ofrecer sacrificios de leite ou uvas mais de pan e viño mesturado cun chisco de auga; no usar obxectos sagrados para fins profanos baixo pena de excomungación e privación do oficio para os cregos; prohibición para os curas de ter mulleres nas casas excepto súas nais; prohibición de que os bispos sexan levados en cadeira durante posibles procesións; prohibición dos castigos corporais para os novos sacerdotes agás en casos moi graves; prohibición de aceptar doazóns para sacramentos santos e de usar o traballo de servos en beneficio propio.

Theuderico III sucede ao seu irmán en Neustria e Burgundia, pero Austrasia prefire a Clodoveo III, fillo ilexítimo de Clotario III.

novembro, 7: inicio das sesións do XI concilio de Toledo, onde se formula unha reforma da disciplina eclesiástica.

libro de Durrow, cos catro evanxeos e ornamentación de inspiración celta; a súa orixe pode ser Northumbria ou Iona.