representación dun cabaleiro xázaro www.pinterest.com |
morre o rei tibetano Khri-hdus-song.
Xustiniano II, desfigurado e
cheo de odio, busca contactar cos xázaros (está casado cunha das súas
princesas) desde o seu exilio de Quersonea.
marzo, 30: os monxes do norte de Hibernia renuncian aos seus antigos usos
litúrxicos para adoptar os de Roma.
Düsong Mangpojé, morto en combate
despois dunha campaña contra os Jang de Yunnan.
Ábrese unha loita sucesora, na que resultará vencedora a opción de Mes-ag-tshoms
(sete anos e fillo seu) baixo a rexencia de súa avoa Thrimalö.
Cenred sucede a Aethelred
como rei de Mercia, que profesa nun
convento en Bardney. Cenred é sobrino
de Aethelred e fillo de Wulfhere.
Abdallah ibn Abd al-Malik (fillo do califa Abd
al-Malik ibn Marwan) invade Armenia
para someter a revolta anti-árabe coa axuda de seu tío Muhammad ibn Marwan.
Xustiniano II escapa do seu exilio coa axuda do khan xázaro Busir.
outono: Tiberio III tenta comprar a Busir
e manda dous asasinos xázaros, Papatzys e Balgitzin, para acabar
con Xustiniano, que é avisado pola súa muller e pode fuxir onde os búlgaros,
asegurándose a axuda de Tervel, a cambio de consideracións financeiras.
Heraclius, irmán de Tiberio
III, derrota e destrúe un exército musulmán (10000) en Sisium, levando numerosos prisioneiros encadeados a Constantinopla.
decembro, 14: morre Aldfrith de Northumbria,
sucedido por Eadwulf I. Wilfrid viaxa a Driffield para manifestar o seu apoio ao novo rei pero é rexeitado.
inverno: Abdallah ibn Abd al-Malik é chamado de Armenia para facerse cargo de Exipto. Instrúe que a lingua de traballo
administrativo sexa o árabe en lugar do copto. As fames e a corrupción arruínan
o seu mandato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario