martes, 3 de marzo de 2015

703

plano de Messis, antiga Mopsuestia (1879)
www.commons.wikipedia.org
Xisulfo de Benevento dona un oratorio abandonado (asociado na lenda a Constantino I) a tres monxes de Farfa, que fundan o futuro mosteiro de Volturno (chronicon vulturnense, s. XII).

Abdallah ibn Abd al-Malik captura Mopsuestia (Cilicia) dos bizantinos e refortifica a praza.

Musa ibn Nusayr constrúe unha flota para atacar a armada bizantina e conquistar as illas de Ibiza, Mallorca e Menorca.

Faroald II, duque de Spoleto, ataca o exarcado de Ravenna en Italia logo da morte de seu pai Thrasimundo I. Ariperto II, rei dos lombardos, rexeita axudalo ao desexar manter boas relacións co imperio e o bispo de Roma.

Loingsech mac Óengusso é derrotado contundentemente por Cellach mac Rogallaig cando invade Connacht (Hibernia); morre no ataque.

Wilfrid viaxa a Roma de novo e é apoiado polo bispo na súa reclamación da sé de Eboracum. De regreso a Britannia visita a Willibrord en Frisia.

Elias I, novo khatolikos de Armenia.

comezo dos annales mosellani, sobre os reinos francos e con información ata 798.

Ningún comentario:

Publicar un comentario