Amosando publicacións coa etiqueta Moreno Resano. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Moreno Resano. Amosar todas as publicacións

venres, 10 de agosto de 2012

epistula honorii

codex rotensis
no que transmitiu a
epistula honorii

xunto con edicións do texto (Kulikowski – Sivan – Jones) inclúense datos e dúas interpretacións (Kulikowski – Moreno Resano) sobre este documento único e enigmático. Mentres Kulikowski pon case todo en cuestión sobre a epistula honorii (EH), Moreno Resano constataría certezas.

(Kulikowski, ZPE 122 [1998] 247-251):
incipit . sacra honorii imperatoris . quam de roma detulit
militie . urbis pampilonensis . cum sauiniano patricio quidem
tempore erede prelatus in spaniam profectus est . ob infestatione
diuersarum gentium barbarorum : honorius imperator glosus perpetuus
triumfator . semper agustus : uniuersis militibus nostris . senioribus . iunioribus (05)
speculatoribus . ac britanicis . gaudentes sanctissimi . comilitones nostri
conmunium remuneratione meritorum et omnis iuxta exultatione
gaudentes . his enim maxime est splendor . inluxtris . qui pari cunc
tos luce perfudit : a quos uos magnifice comites . hac magistri
utriusque militiae ad similitudine nostre clementie constituti : consti (10)
tuta sit . uobis stipendia galliganarum . que constitutioni uestre
porreximus ut eandem uis esset forma uirtutis . quibus exellens . una
deuotio est . proinde instructissimi in eque nobis cuncta subdita sit
in spania et amplica congruum et dignitatis augmentum que
serenitas nostra aurias prestiterit usibus gratanter agnoscimus : (15)
ut ubi <ubi> uiuendi . degendique . tempus extiterit omni alacritate
atque uirtute abeatis ospitiiis obsequemini quaproter fore quidem confidi
mus . ut muneris resolutis incitet . potius quam restinguat ardorem :
obtamus conmilitones nostros per multos anos uene agere et alia
manu bene ualete : amen (20)

José María Lacarra publicou este documento en 1945. Ten lagoas e está extremadamente corrupto, polo que a súa interpretación é moi complexa. A EH presérvase no Códice 78, Bibl. Acad. Hist. Madrid, habitualmente coñecido como o rotense. O manuscrito ten 232 folios e está dividido en dúas seccións: a primeira contén un Orosio completo que circulou de xeito independente á segunda metade e o propio rotense, unha miscelánea, que empeza no folio 156v. Entre outras cousas, contén obras de Isidoro, a Crónica de afonso III, a albeldense e varias listaxes de reis e outros laterculi.

de laude pampilone, un dossier de documentos relacionado con Pamplona, inclúe a EH, un texto sobre as murallas da cidade, e un poema laudatorio sobre a raíña Leudegundia (s. x). segundo Díaz y Díaz os documentos sobre Pamplona xa estarían asociados antes da súa aparición no rotense e as corrupcións na EH estaban presentes na copia sobre a que traballou o escriba que o compilou.

a EH ten tres partes: un incipit (ata barbarorum, liña 4), a propia carta (ata agere, liña 19) e unha adición do escriba. Cada parte ten procedencia e data diferentes. Vai dirixida a varias unidades militares (britannici, sen identificar; uns speculatores, difíciles de identificar; e un par de unidades irmáns frecuentes na tardoantigüidade senior/iunior, pero sen nomealas), que están en Hispania, ou de camiño, (in spania, liña 14). Tamén é posible que fose a copia hispana dunha carta enviada a máis dun exército provincial. A misión das tropas é outra cuestión. Só podemos estar seguros que se lles ofrece un augmentum dignitatis, sexa como incentivo polo que van facer ou un premio polo xa feito. Vai implícito que se van licenciar (ubi <ubi> [fortasse alibi] uiuendi degendique tempus), pero tamén podería ser un futurible.

(Sivan, ZPE 61 [1985] 274): De Laude Pampilone Epistula. Incipit sacra Honorii imperatoris quam de Roma detulit militia urbis Pampilonensis cum Saviniano patricio qui eodem tempore, erede praelatus, in Spaniam profectus est ob infestatione diversarum gentium barbarorum. Honorius imperator gloriosus,  perpetuus triumphator, semper Augustus, universis militibus nostris, senioribus, iunioribus, speculatoribus ac Britannicis. gaudeatis sanctissimi commilitones nostri communium remuneratione meritorum, omnes iusta exultatione gaudentes: is enim maxime est splendor inlustris qui pari cunctos luce perfudit. atque vos quos magnifici comites ac magistri utriusque militiae ad similitudinem nostrae clementiae constituti *** constituta sint vobis stipendia Gallicanarum quae constantiae vestrae porreximus, ut eadem virescat forma virtutis quibus excellens una devotio est. proinde instructissimi *** aeque nobis cuncta subdita sint. In Spania et amplica congruum esse dignitatis augmentum quae serenitas nostra vestris praestiterit usibus gratanter agnoscimus. ut ubi alibi vivendi degendique tempus extiterit omni alacritate atque virtute abeatis, hospitiis obsequamini. quapropter fore equidem confidimus ut muneris resolutio incitet potius quam restinguat ardorem. optamus commilitones nostros per multos annos bene agere. et alia manu: bene valete. Amen.

resumo da interpretación de Kulikowski

se se admite coma información o inicio do documento, a carta foi traída dende Roma por soldados de Pampilona cun tal Sabinianus, un patricius que se traslada a Hispania por causa da ocupación bárbara. Todo isto é problemático. Primeiro, o lugar de orixe da carta. Honorio, tense sinalado, visitaba Roma con pouca frecuencia. Estivo a maior parte de 404 e breves períodos en 407, 408, 411, 414, e 416. Os tres primeiros están descartados tendo en conta o de infestatione barbarorum: a chegada dos contixentes bárbaros a Hispania aconteceu no 409. Do mesmo xeito en 411 a autoridade de Honorio non era recoñecida ao oeste dos Alpes. Só as dúas últimas datas son posibles pero ningunha explicable de xeito doado xa que precisamente nestas datas o goberno imperial recrutou a Ataúlfo e Walia para actuar militarmente en Hispania. Incluso se se admiten esas datas hai outra dificultade para aceptar o encabezamento.

o título de Sabinianus,  patricius, é pouco frecuente durante Honorio e só foi ostentado polo futuro emperador Constancio III, un home extremadamente celoso do seu status. Hai tres solucións: que sexa o cognome de Sabinianus, que Flavio Constancio non foi o único que ostentou o título e o compartiu con Sabinianus (non mencionado en ningún outro documento) ou que o encabezamento se escribiu nunha época na que os patricios eran frecuentes e ao autor lle pareceu plausible. Destes tres, a terceira é a máis verosímil.

estas obxeccións teñen consecuencias importantes para o valor histórico do encabezamento. Non pode ser contemporáneo coa carta real de Honorio, xa que tanto o título de Sabinianus como a súa recepción da carta en Roma son dubidosas. Cando se redactou o encabezamento é difícil de determinar, inda que é probable que fora entre mediados de s. v (cando o título de patricius se fixo común) e inicios do s. vii, cando xa perdera o seu significado.

se o encabezamento non é auténtico iso fai sospeitar da militia Pampilonensis. Non hai ningunha outra referencia de tropas romanas na cidade e nada na propia carta a conecta con Pamplona, e o encabezamento por si mesmo non abonda. Polo tanto, non temos contexto para a epistula. Inda que o despacho dun oficial por Honorio ob infestationem barbarorum é plausible, o encabezamento non demostra que así fose. E sen o encabezamento a propia carta non nos di case nada.

que temos? Os mellores comentarios sobre a carta recoñecen todo isto, aceptando que o encabezamento é unha adición posterior de valor incerto. Inda así tíranse conclusións del e algúns tratamentos atrevidos basean reconstrucións completas do hospitium tardorromano utilizando a EH. O encabezamento a xeito de prefacio non é auténtico, pode conter material xenuíno pero non podemos estar seguros.

da propia carta só se pode obter unha información fiable: en algún momento durante Honorio, algunhas unidades do comitatus estiveron en Hispania durante un período indeterminado de tempo. Isto confirma o contido da Notitia Dignitatum, que inclúe un número bastante grande de unidades militares en Hispania e que se referiría, case con toda certeza, ao período de Honorio. Non hai, sen embargo, razón algunha pola que as unidades mencionadas pola Notitia e as mencionadas pola EH sexan as mesmas, ou incluso pertenceran á mesma expedición. Pódese conxecturar sobre cando este exército foi enviado a Hispania pero non hai evidencia algunha que confirme estas conxecturas. O tratamento da EH dado aquí é fundamentalmente insatisfactorio. As fontes do s. v son moi escasas e as que se refiren a Hispania neste século inda máis. O tratamento que aquí facemos supón prescindir dunha destas escasas fontes. Por outra banda, isto é quizás mellor que asumir o contrario, que sabemos máis do que en realidade sabemos.

conxecturas prudentes sobre a EH están nos estudos de Jones e Sivan pero ao ser especulativas non se pode utilizar para facer hipóteses ulteriores sobre o exército tardorromano ou a historia de Hispania nesta época. A única certeza que podemos extraer desta carta é que nalgún momento durante Honorio, comitatenses leais a el estiveron estacionados en Hispania. O feito permite pouco máis, pero é un fundamento máis sólido que o que ata agora ofreceu a EH.

(Jones, LRE, 3.36): cum Savinianus patricius quodam tempore erede praelatus in Hispaniam profectus est ob infestationem diversarum gentium barbararum: Honorius imperator gloriosus, perpetuus triumfator, semper augustus universis militibus nostris, Ascariis senioribus, iunioribus, Sagittariis Neruiis, Speculatoribus, Exculcatoribus iunioribus, Tubantibus, Felicibus senioribus, Invictis senioribus, Victoribus iunioribus, Invictis iunioribus ac Britannicis gaudeatis sanctissimi commilitones nostri communium remuneratione meritorum, et omnes iuxta exultatione gaudeatis. hic enim maxime est splendor inlustris qui pari cunctos luce perfundit. ad vos quoque magnifici comites ac magistri utriusque militiae ad similitudinem Galliarum sunt provisione nostrae clementiae constituti. constituta sint vobis stipendia Gallicanorum, quae constantiae vestrae porreximus ut eorundem una esset forma virtutis quibus excellens una devotio est. proinde instructis simul atque nobis cuncta subdita sunt in Hispania, et amplificationem annonarum congruam et dignitatis augmentum quae serenitas nostra vestris praestiterit usibus gratanter agnoscemus. ut ubi otio vivendi degendique tempus extiterit omni alacritate atque virtute oblatis hospitiis obsequamini; qua propter fore quidem confidimus ut muneris resolutio incitet potius quam restinguat ardorem. optamus conmilitones nostros per multos annos bene agere. et alia manu. Bene ualete.

resumo da interpretación de Moreno Resano

en virtude da EH, Honorio concedía a todos os corpos do exército romano establecidos en Hispania os stipendia Gallicanorum (un salario superior ao ordinario que non se pode precisar en cifras), o hospitium (o dereito de recibir aloxamento e manutención a cargo de priuati alí onde se estableceran as tropas e non houbera cuarteis) e a muneris resolutio, é dicir, a exención de contribucións públicas de varia índole (munera).

se os termos da carta son claros abondo, non ocorre o mesmo coas circunstancias da súa redacción, recepción e publicación. Grazas ao incipit, sábese que esta foi enviada dende Roma ata Pampilona polo destacamento destinado á cidade (a militia urbis Pampilonensis) cando Sabiniano foi enviado a Hispania co título de patricius e mando sobre as tropas imperiais ob infestatione diuersarum barbarorum gentium. Ao non conservarse a data orixinal da carta, tense deducido da crítica interna do texto. J. M.ª Lacarra e Demougeot identificaron a concesión do privilexio á militia Pampilonensis coa sublevación de Dídimo e Veriniano de 409; non se decataron de que o incipit aludía á presenza de bárbaros en terras hispanas e que o levantamento nada tiña que ver coas invasións bárbaras. Siván datouna entre 418 e 419, bienio no que o comes Asterius impuxo a autoridade romana aos suevos. F.J. Sanz propón que a EH se librara cara 420, relacionándoa coa reorganización administrativa provincial executada por Constancio, e particularizando neste caso a acción política en “neutralizar a potencia bélica dos vándalos, e probablemente dos suevos nunha fase posterior, seguindo coa política que ata ese momento levara a cabo na península, a saber, a destrución dos pobos bárbaros alí instalados.” Esta situación histórica é real, pero resulta máis oportuno datar a epistula entre 422 e 423, no intervalo no que Sabiniano houbo de exercer o cargo de patricius, inmediatamente ou pouco despois de que o fixera Constancio, segundo K.F. Stroheker. Segundo esta interpretación, Honorio, finado o magister utriusque militiae Constancio, quixera proseguir a súa política administrativa de restitución da orden provincial da diocesis Hispaniarum, enviando alí a Sabiniano con efectivos militares abondo para poder controlar a totalidade do territorio. E, pois era necesarios conferir prioridade ás accións militares, tamén era preciso atribuírlles facultades extraordinarias, para facilitar as operacións e motivar aos soldados con maiores stipendia.

a EH, sen embargo, carecía de valor normativo cando foi empregada para a composición da loa a Pamplona, da que forma parte no rotense. O propio imperio tiña desaparecido, e con el, o protocolo reservado á figura do emperador e á lectura dos documentos que procederan da súa chancelería. A carta de Honorio foi extractada en época visigoda, xa non interesaban as disposicións que non se teñen conservado, nin sequera a título de curiosidade histórica.

a carta, tal e como se conserva actualmente no rotense, é o resultado de cinco redaccións diferentes: o documento orixinal, o seu traslado cum commentariis aos gesta publica de Pampilona no momento da súa recepción, o seu extracto en época visigoda, a súa glosa e a súa copia definitiva dentro do codex rotensis no s. x. cada unha delas responde á propia evolución institucional da cidade. Pampilona recibiu a epistula como ciuitas romana privilexiada polo príncipe. Durante o reinado visigodo, cando as disposicións normativas xa perderan toda a súa vixencia, o texto foi adoptado como monumento recordatorio do pasado romano dos cidadáns de Pamplona. Finalmente a comezos do s. x a carta foi glosada en De laude Pampilone epistola para representar a continuidade institucional entre o imperio e o regnum pampilonense, e como tal foi copiada no codex rotensis.

REFERENCIAS:
DEMOUGEOUT, E. “Une letter de l’empereur Honorius sur l’hospitium des soldats” (1956)
KULIKOWSKI, Michael “The Epistula Honorii, Again” (1998)
LACARRA, J.M. “Textos navarros del códice de Roda” (1945)
SANZ HUESMA, F.J. Hispania en el siglo V d.C.: bárbaros y romanos (2003)