Amosando publicacións coa etiqueta Anastasius II (basileus). Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Anastasius II (basileus). Amosar todas as publicacións

venres, 5 de xuño de 2015

719

arrecaballo.es/ xinetes musulmáns contra francos
paz entre Carlos Martelo e Eudes de Aquitania, que domina todos os territorios ao sur e leste do Loira, a excepción de Turena. Eudes recoñece a soberanía de Carlos sobre Neustria e Austrasia e entrégalle a Chilperico II, que é feito prisioneiro.

marzo - abril: al-Samh, gobernador de Corduba e al-Andalus logo do asasinato de al-Hurr. Reconstrúe a vella ponte romana e os muros da cidade. Non presta atención aos 'rebeldes asturianos', emprendendo expedicións alén dos Pireneos, en Septimania. Conquista Narbo (Arbouna para os musulmáns), antes de atacar Tolosa, onde morren moitos defensores e civís.

maio: morre Clotario IV e Carlos Martel decide sacar da cadea a Chilperico II, facéndoo rei de todos os territorios francos. Inda así, moitos nobres francos non recoñecen a autoridade central e gobernan territorios independentes.

cae Lisboa en mans musulmás.

os cristiáns nubios pasan da obediencia ortodoxa á copta.

Anastasius II inicia unha revolta contra León III cun gran exército, incluíndo auxiliares búlgaros aportados por un pacto con Tervel, pero o seu ataque á capital fracasa, sendo capturado e decapitado por orde do basileus.

Carlos Martelo derrota a Radbod, rei frisio: penetra alén do Rhin, ata as marxes do río Vlie.

Grimoaldo é duque único de Baviera, logo das mortes dos irmáns Theodberto, Theodaldo, e Tassilo II; reunifica o ducado logo da guerra civil e fai de Salzburgo a súa capital.

en Exipto prodúcense conversión masivas ao islam coa consecuencia da diminución drástica de ingresos. O wail solicita ao califa que os musulmáns se sometan tamén ás cargas impositivas, pero este négase.

xoves, 2 de abril de 2015

715

moeda coa efixie de Teodosio III
es.wikipedia.org
febrero, 23: morre al-Walid I, sucedido por Sulayman ibn Abd al-Malik.

Tariq e Musa son obxecto de graves acusacións en Damasco e non poden volver a al-Andalus.

Bactriana, Samarcanda e Fergana reciben axuda Xuan Zong e conteñen os avances de Sulayman.

abril, 9: o bispo Constantino I morre en Roma.

maio: Anastasio II inicia reformas militares pero varios xenerais rebélanse e asedian a capital. Anastasio II acobárdase e retírase a un mosteiro.

as tropas de Rhodas nomean basileus a Teodosio III, outro funcionario. Impera a anarquía.

maio, 10: tratado comercial entre Luitprando e o porto de Comacchio. Regúlase o comercio da sal. Demostrase que a vila relaciónase co Levante.

maio, 19: Gregorio II, bispo de Roma.

xuño, 24: morre Dagoberto III. Ragenfrido e Plectruda non coronan ao fillo de Dagoberto III, Teuderico IV, e colocan no trono a Chilperico II, fillo do anterior rei Childerico II, supostamente recluído nun mosteiro á morte de seu pai.

Carlos Martelo escapa e ponse á fronte de Austrasia e obriga a Plectruda a recoñecelo como mordomo de palacio de Austrasia. Derrota a Neustria.

o mordomo de palacio de Neustria Raganfrido alíase cos frisóns de Ratbod contra Carlos. Os saxóns pasan a fronteira.

agosto, 11: Germanos I, novo patriarca de Constantinopla, elixido por Teodosio III. Organiza un concilio no que promove of dyothelitismo e tenta mellorar relación coa igreza apostólica armenia.

setembro, 26: Theudoaldo, mordomo de Neustria, é derrotado por Raganfrid que o vence na batalla de Compiegne.

Antenor de Provenza tamén se desliga do reino franco. O bispo Savarico de Auxerre logra impoñerse en Orleáns, Nevers, Avallon e Tonnere.

Qutaiba ibn Muslim rebélase en Khorassan contra os umayyad pero é derrotado e morto.

Genshō, 44º emperador de Xapón, en sucesión de Gemmei.

Milo, sucede a seu pai Liutwin como bispo de Treverorum.

contraofensiva chinesa dirixida por Ming Huang contra os musulmáns en Fergana; ocupan Tachkent e logra que se rebelen Bukhara e Samarcanda.

batalla de Wooden’s Burg: os reis Ine de Wessex e Ceolred de Mercia enfróntanse.

o rei Nechtan mac Der-llei convida os cregos de Northumbria para establecer o cristianismo entre os pictos.

mércores, 25 de marzo de 2015

713

'sólido' coa efixie de Anastasio II, emperador
febreiro, 18: primeiras leis de Liutprando.

febreiro, 28: tremor de terra en Syria.

os árabes dominan o sur de Hispania, excepto a zona controlada por Teodemir (actuais provincias de Alicante e Murcia aproximadamente), que pacta en Orihuela (abril, 5) unhas capitulacións con Abd al-Azid, fillo de Musa, conservando autonomía política a cambio de pagar tributos.

xuño, 3: Philippicus Bardanes perde o seu prestixio e é capturado por soldados do Opsikion en Thracia, cegado e abandonado no hipódromo baleiro. Elixen basileus a Anastasius II, un alto funcionario, que restaura a orden e executa a todos os oficiais sospeitosos de participar na conxura contra o seu antecesor.

Ealdwulf sucede a Aelfwald en East-Anglia.

xuño, 30: ocupación de Emerita. O emir Musa ibn Nusayr, marcha cara Toletum, onde conflúe con Tariq ibn Ziyad.

morre o cuarto imam, Ali Zain al-Abidin e os xiítas divídense: os zaiditas elixen a Zaid ibn Ali e os ismailitas a Muhammad al-Baqir.

tropas baixo al-Abbas ibn al-Walid, fillo do califa al-Walid I, saquean Antioquía en Pisida, que nunca se volve recuperar.

tropas godas (quizás ao mando de Roderico, reaparecido) son derrotadas na batalla de Segoyuela.

as revoltas nas cidades do sur de Hispania son reprimidas sen problemas.

Xuan Zong vence unha loita de poder contra súa irmá, a princesa Taiping, executa moitos partidarios dela e obrígaa a suicidarse.

publicación do primeiro xornal do que se ten constancia escrita, en seda, o Kaiyuan Za Bao (‘boletín da corte’).