sólidus de Mauricio |
Hermenegildo rebélase abertamente contra seu pai co apoio,
principalmente, da aristocracia e clero católico e os suevos. Leovixildo recruta un gran exército e
toma Emerita (Mausona é arrestado e exiliado durante tres anos) e Badaxoz.
Despois de asegurarse a neutralidade dos romanos planifica o ataque a Hispalis.
Leovixildo envía aos hispanorromanos Florentius e Exuperius
como embaixadores aos reinos francos de Childeberto
II e Chilperico I, con cuxa
filla Rigunthis propoñen un
casamento para Recaredo.
os godos asedian os exércitos suevos en Baetica, onde estes foran a apoiar a
Hermenexildo e son obrigados a capitular e volver a Callaecia, onde Miro, o rei, chega enfermo.
Leovixildo asedia Hispalis
e conquista prazas próximas: Osset e Italica.
agosto, 13: Tiberio
II presente que morre, posiblemente envelenado, casa a Mauricio coa súa filla Constantina e noméao herdeiro.
agosto, 14: morre Tiberio (48 anos, posiblemente
envelenado) e Mauricio é o novo emperador.
en tempos de
Mauricio o officium ducis consta de: un consiliarius ou asessor
en materia legal, un cancelarius, que dirixía a chancelería provincial,
un chartularius, encargado dos rexistros, varios scholastici, ou
xuristas, algúns scribones, oficiais destacados das ringleiras dos excubitori,
para controlar a administración militar, e un maiordomus, que gobernaba
a casa ducal. En 633 o dux Numidae Pedro conta tamén coa colaboración dun sacellarius,
probablemente, membro do sacrum cubiculum, e, por tanto, ligado á
xestión financeira dos dominios imperiais da provincia.
outono: Mauricio
nomea a Xoán Mystacon magister militum per Orientem e envíao
un exército a Arzanene (Armenia) onde
loita onde o río Nymphius (río
Batman) contra o xeneral persa Kardarigan,
quen o derrota debido á traizón e defección do legado Cours.
os avaros baixo khagan
Bayan I, xunto con auxiliares
eslavos, ocupan Sirmium logo de tres
anos de asedio. Establecen unha base de operacións no imperio desde a que
lanzarán incursións de saqueo aos Balcáns.
Gontran
Boson urde para que Gondovaldo, suposto fillo ilexítimo de Clotario I, chegue a Marsella con financiamento bizantino para reclamar
parte da herdanza de seu pai, nomeadamente as cidades de Poitiers e Tolosa. Sen
embargo, Chilperico I ten un fillo
varón e Gondovaldo perde apoios e debe reembarcar e volver a Constantinopla.
Gontran Boson fai deter ao bispo Teodoro
de Marsella nun intento de desviar a atención sobre o seu papel na
usurpación fallida.
conversión forzosa de xudeus nos dominios de Chilperico
I.
un exército persa
baixo Tamkhosrau cruza o Éufrates e
ataca Constantina (Turquía), pero é
derrotado e aniquilado, incluído o seu comandante.
primavera: Xuan Di (52 anos) morre e é sucedido
polo seu fillo Houzhu, incompetente,
novo emperador da dinastía Chen.
Wen Di, dinastía Sui, ordena a
construción dunha nova capital, bautizada Daxing
(gran prosperidade), nunha localización ao surleste de Chang’an (actual Xi’an).
Iohannes Nesteutes, patriarca de Constantinopla.
o imperio turco divídese definitivamente en dúas
confederacións: oriental,
que se extendía ao norte de China; e occidental,
ata Sogdiana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario