mosteiro de Montecassino, reconstrución |
Leovixildo reprime unha sublevación dos vascóns e funda Victoriaco para celebralo.
Zotto de
Benevento asedia Neapolis
pero non a pode conquistar, destrúe Aquinum
e captura Venafrum, cuxo clero fuxe cara
Neapolis; ataca e saquea Montecassino
e os monxes beneditinos que sobreviven foxen a Roma pero pasado o perigo volven
ao lugar para reconstruír o mosteiro.
Taspar
Qaghan asedia Chersonesos
Taurica (Ucraína), no mar Negro, e a súa cabalería segue a saquear as
estepas de Crimea (ata 590).
febreiro, 13: Yang Jian, emparentado por matrimonio coa dinastía Zhou, executa a Jing Di (8 anos) e 58 parentes máis en Chang’an, e funda así a dinastía Sui.
Adopta o nome de Wen Di. En
principio foi un golpe incruento pero tivo que enfrontarse inmediatamente a
unha rebelión encabezada por Gao Jiong, e só despois de derrotalo puido
consolidar a súa posición. O obxectivo é agora conquistar o sur e unificar
China.
Hormizdas IV declara a guerra aos bizantinos. O seu xeneral Bahram
Subin vencera os turcos un ano antes.
Mauricio derrota a
Bahram Subin en Constantina.
A raíz disto, Bahram Subin é humillantemente destituido.
Mauricio, apoiado polo ghassánida al-Mundhir III, non logra conquistar Ctesiphonte. Mauricio acusa de traizón a Mundhir, quen é enviado a
Constantinopla para ser xulgado. Tiberio
II trátao con respecto e permítelle a el e á súa familia vivir nunha
residencia confortable.
al-Un’man IV, fillo de Mundhir, rebélase contra os bizantinos, pero
estes acaban co reino como tal entidade.
morre Gogon e
os novos conselleiros de Austrasia
encabezados por Aegidius, bispo de
Reims, e co acordo de Ursion, Berthefriedo e Gontran Boson rompen o tratado con Gontran e asinan unha nova alianza con Chilperico I, polo que Childeberto
II (11 anos) é recoñecido como herdeiro seu. Loupo, duque de Champaña, fiel a Brunequilda, debe fuxir onde Gontran. A xente de Austrasia non concorda coa nova alianza.
Enius
Mummolus rompe con Gontran e retírase a Avignon,
baixo a protección de Childeberto.
Childeberto de Austrasia confía ao duque Gundulf a conquista da rexión de
Marsella e reinstaurar ao bispo Teodoro,
quen estaba en conflito co prefecto de Gontran Dynamius, que o fixo prisioneiro. Gundulf consegue o seu obxectivo
pero cando marcha Dynamius consegue de novo que a cidade se revolva contra o
control de Austrasia e a favor de
Gontran.
o duque Didier
entra en Aquitania por encargo de
Chilperico, que aproveita a discordia entre Childeberto e Gontran para
apoderarse de Agenais e Perigord, posesións de Gontran.
Chilperico envía ao duque Bladastes contra os vascóns ao sur dos Pirineos. Derrotado, deixa
que as tropas sobreviventes se vaian libres.
Aella conquista Deira
dos britanos e faise rei.
morre Arslan
Tobo-Khan (Taspar) e o seu
sucesor Shetu Baga Ishbara
enfróntase cos turcos occidentais baixo Qara-Chrui
Turk Bogiu, o que supón a fin do primeiro reino turco unificado.
comeza o interregno no imperio turco ao haber varios
candidatos ao trono: Talopien (o
candidato do khagan morto), Ishbara
(o candidato de Kurultay) e Tardu (yabgu occidental). Ishbara logra
imporse.
Mauricio escribe o strategikon,
un tratado de arte militar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario