Amosando publicacións coa etiqueta Xoán V. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xoán V. Amosar todas as publicacións

sábado, 13 de decembro de 2014

686

Conon, bispo de Roma
en.wikipedia.org
morre Waratton, mordomo de Neustria e Burgundia, sucedido polo seu xenro Berthario, que aconsella a Theuderico III romper o tratado con Pipino de Heristal e atacar Austrasia.

Caedwalla de Wessex establece a súa supremacía sobre Essex e invade Kent por segunda vez. Eadric é expulsado e substituído por Mul, irmán de Caedwalla. Berthun e Andhun son asasinados e Sussex acaba sendo vasalo de Wessex.

abril, 3: Yuknoom Yich’aak K’ak’ sucede a seu pai Yuknoom Ch’een II no trono da cidade maia de Calakmul.

Caedwalla conquista Surrey e extermina os xutos de Wight, executa o rei Arwald e os seus dous irmáns. Caedwalla tamén somete os xutos da rexión do val do Meon.

Ubayd Allah ibn Ziyad, anterior gobernador de Mesopotamia, tenta retomar o control da súa provincia, en poder de varias tribos musulmás da rexión de Kufa que combaten entre si.

Abd al-Malik ibn Marwan apresa e tortura o patriarca Mar Khnanishu I; é o primeiro califa que esixe tributos aos cristiáns.

agosto, 2: Xoán V morre en Roma.

outubro, 1: morre Tenmu de Xapón, sucedido pola súa viúva (e sobriña), a emperatriz Jitō.

outubro, 21: inicio do pontificado de Conon como bispo de Roma. Theodoro II é elixido como ‘antipapa’.

outubro, 25: o príncipe Ōtsu, fillo de Tenmu, é falsamente acusado de traizón e obrigado a suicidarse xunto coa súa dona Yamanobe.

unha peste mata a case todos os monxes do mosteiro bieito de Monkwearmouth en Jarrow; sálvanse so o abade Ceolfrith e un mozote, de nome Beda.

Wilfrid, bispo de Eboracum, é novo conselleiro de Caedwalla e é enviado a Wight a cristianizar a poboación.

ofensiva musulmá contra os bérberes en Africa.

accións iconoclastas en Exipto; as igrexas deben ser gravadas con inscricións musulmás.

685

Xustiniano II
es.wikipedia.org
febreiro, 5: Clotario de Kent vencido e morto polo seu sobriño Eadric, que se apropia do poder coa axuda de Sussex.

maio, 7: morre Marwan I, sucedido polo seu fillo Abd al-Malik, que reorganiza a administración, tanto civil como militar, nos territorios que controla tentando colocar árabes en todos os postos relevantes.

maio, 8: morre Bieito II e sucédeo Xoán V que aproveita o baleiro provisional da sucesión en Constantinopla para comezar a exercer sen a autorización imperial.

os pictos rebélanse contra Northumbria. Cuthbert, bispo de Lindisfarne, aconsella non invadir o territorio inimigo pero Ecgfrith desóeo e chega a Dunnincen.

maio, 20: batalla de Dun Nechtain, na que Bridei III mac Bili, rei picto, derrota e mata a Ecgfrith e os anglo-saxóns deben retroceder ata o río Forth.

Ecgfrith é sucedido por Aldfrith, medio irmán seu, que sae de Iona, onde profesaba.

Kuber, irmán de Asparukh, derrota os avaros en Pannonia, e diríxese con 70000 búlgaros cara Macedonia.

batalla de ‘Ayn al-Warda: un exército umayyad (20000 homes) baixo Husayn ibn Numayr derrota a Ras al-‘Ayn en, partidario dos xiítas de Kufa.

Wu Zetian exila a Zhong Zong e a súa familia na illa de Fang Zhou.

Wu Zetian envía unha parella de pandas xigantes ao emperador Tenmu.

setembro: morre Constantino IV Pogonato en Constantinopla de disentería, sendo sucedido por seu fillo Xustiniano II (17 anos), que toma iniciativas en política exterior: asina unha nova paz cos musulmáns para poder centrarse no problema eslavo e mellora a relación cos jázaros, casando cunha princesa desa etnia; tamén se inician labores de repoboación en rexións despoboadas a causa das guerras.

Xoán Maron, primeiro patriarca maronita, un novo cisma na igrexa a raíz do sucedido no concilio ecuménico de Constantinopla.

Eadric rebélase contra Hothlere, tío seu; vénceo e mátao.

Caedwalla, sucesor de Centwine de Wessex. O novo rei reunifica os territorios e ataca cun gran exército Sussex e mata o rei Aethelwealh na batalla de South Downs. É expulsado por Berthun e Andhun, ealdormen de Aethelwealh, que reinan en Sussex xuntos. Caedwalla ataca agora Kent e logra levarse un gran botín cando se retira.

outubro, 18: rebelión xiíta en Kufa encabezada por Mukhtar al-Thaqafi.

Hassan ibn an-Nu’man, comandante musulmán en Africa.

os musulmáns logran controlar a revolta de Kabul matando ao principal dirixente rebelde.

Gregorios I Mamikonian, príncipe de Armenia, morre en combate contra os jázaros, que invaden o norte do país. Achot II Bagratouni é designado sucesor polo califa.

revolta dos kharidjitas, que elixen califa a Nagdah ibn Amir, que controla o leste de Arabia.

erupción do Vesubio.