'sólido' coa efixie de Anastasio II, emperador |
febreiro, 18: primeiras
leis de Liutprando.
febreiro, 28:
tremor de terra en Syria.
os árabes
dominan o sur de Hispania, excepto a
zona controlada por Teodemir
(actuais provincias de Alicante e Murcia aproximadamente), que pacta en
Orihuela (abril, 5) unhas capitulacións con Abd al-Azid, fillo de Musa,
conservando autonomía política a cambio de pagar tributos.
xuño, 3: Philippicus
Bardanes perde o seu prestixio e é capturado por soldados do Opsikion en Thracia, cegado e abandonado no hipódromo baleiro. Elixen basileus a Anastasius II, un alto funcionario, que restaura a orden e executa a
todos os oficiais sospeitosos de participar na conxura contra o seu antecesor.
Ealdwulf sucede a Aelfwald
en East-Anglia.
xuño, 30:
ocupación de Emerita. O emir Musa ibn Nusayr, marcha cara Toletum, onde conflúe con Tariq ibn Ziyad.
morre o
cuarto imam, Ali Zain al-Abidin e os xiítas
divídense: os zaiditas elixen a Zaid ibn Ali e os ismailitas a Muhammad
al-Baqir.
tropas
baixo al-Abbas ibn al-Walid, fillo
do califa al-Walid I, saquean Antioquía en Pisida, que nunca se volve recuperar.
tropas
godas (quizás ao mando de Roderico,
reaparecido) son derrotadas na batalla de Segoyuela.
as
revoltas nas cidades do sur de Hispania
son reprimidas sen problemas.
Xuan Zong vence unha loita de poder
contra súa irmá, a princesa Taiping,
executa moitos partidarios dela e obrígaa a suicidarse.
publicación
do primeiro xornal do que se ten constancia escrita, en seda, o Kaiyuan Za Bao (‘boletín da corte’).