Amosando publicacións coa etiqueta Utman ibn Affan (califa). Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Utman ibn Affan (califa). Amosar todas as publicacións

venres, 21 de novembro de 2014

656

Ali ibn Abi-Talib
febreiro, 1: morre Sixeberto III de Austrasia (25 anos), deixando un fillo menor, Dagoberto II (4 anos), pero Grimoaldo envíao en segredo a un mosteiro en Hibernia e afirma que Sixeberto designara sucesor ao seu propio fillo antes de que nacera Dagoberto. O novo rei é, por tanto, Childeberto III. Sen embargo, a nobreza non concorda e o mordomo de palacio e o seu fillo son pronto asasinados coa axuda de Clodoveo II de Neustria e o seu mordomo Ebroino, que volven unificar baixo un só rei todos os territorios francos.

xuño, 20: Utman morre asasinado en Madinat e resulta elixido novo califa Ali ibn Abi-Talib, un dos xenros de Muhammad. Ali traslada a capital a Kufa.

sen embargo, Aisha bint Abi Bark, unha viúva do profeta, encabeza a oposición imputando a Ali a responsabilidade do asasinato do seu predecesor. Gaña para a súa causa Mu’awiyya e iníciase unha guerra civil que detén os avances musulmáns en todos os frentes.

decembro, 1: inicio das sesións do X concilio de Toledo coa asistencia de 17 bispos (tres metropolitanos: Uxío II de Toledo, Frutuoso de Braga e Fuxitivo de Hispalis) máis outros cinco representados. Trátanse as penas polo quebrantamento do xuramento de lealdade ao rei por cregos e leigos; os altos prezos inxustificados polas vendas que fan sacerdotes de escravos cristiáns a xudeus.

tamén se tratan asuntos internos da igrexa como a retirada do bispo Potamio a un mosteiro e o testamento de Ricimero, bispo de Dumium. Este testamento establecera un número excesivo de legados xa que dera ‘demasiado’ aos pobres xa que ‘os pobres non teñen ningunha necesidade inminente’ por iso se declaran nulas as súas doazóns e manumisións.

decembro, 9: ‘batalla do camelo’, en Basra, na que vencen os partidarios de Ali. Detrás deste hai moitos integrantes da nobreza sasánida que logra recuperar a súa influencia; polo tanto, subxace unha loita entre os antigos persas e o núcleo duro musulmán.  Morren 10000 persoas e as dúas partes sofren baixas moi importantes.

Oswiu de Northumbria invade Pengwern e mata a Cynddylan en batalla cerca do río Trent. O seu irmán Morfael e os restos da familia real foxen a Glastening (Wessex).

Oethelwald de Deira é feito abdicar por Oswiu, tío seu, por ter desertado na batalla de Winwaed, e reemprazado por Alhfrith, fillo de Oswiu.

morre Abdullah ibn Sa’ad, gobernador de Exipto.

Saimei de Xapón constrúe un novo palacio en Asuka (prefectura Nara) chamado o ‘canal dos tolos’ pola inxente cantidade xente e recursos desperdiciados na súa construción.

Li Xian, sétimo fillo de Gaozong é designado príncipe herdeiro.

mércores, 19 de novembro de 2014

651

Oswiu de Bernicia
Froia sublévase contra Chindasvinto coa axuda dos vascos; logra asediar Caesaraugusta pero a rebelión é controlada por Recesvinto.

Samuel Taxón sucede a Braulio como bispo de Caesaraugusta ao morrer este; escribirá as sententiae, inspiradas en Gregorio I.

morre Yazdegerd III asasinado cerca de Merv polos seus propios seguidores, cesando así a resistencia persa contra os musulmáns. Peroz III, fillo seu, foxe a China.

os musulmáns ocupan Nobatia e Makuria, pero asinan un tratado de non agresión que recoñece a independencia de ambos reinos cristiáns.

Utman envía unha embaixada a Chang'an encabezada por Sa'd ibn Abi Waqqas; van por mar e son recibidos por emperador Gaozong, que ordena construír a primeira mesquita chinesa.

os musulmáns baixo Abdullah ibn Aamir invaden Afghanistan e capturan Khorasan e Herat, que se rende sen loitar. Os musulmáns pretenden controlar a ‘ruta da seda’ ao longo da Transoxiana.

Grimoaldo I, duque de Benevento, ao morrer Radoaldo.

Abdallah ibn Abi Sarh trata de invadir Nubia desde Exipto.

o Corán, codificado por orden de Utman, pasa a ser o modelo do que se permiten facer copias para promulgar nas cidades que xa controlan os musulmáns.

Oswiu de Bernicia loita contra Oswine de Deira, que recúa a Gilling, onde é traizoado e asasinado polos homes de Oswiu.

Oethelwald sucede a Oswine e alíase con Penda contra Oswiu.

domingo, 16 de novembro de 2014

646

Fructuoso de Braga
santoraltradicional.blogspot.com
abril, 21: eclipse solar total en Exipto e Anatolia.

verán: Taizong destrúe Xueyantuo, en Asia central.

outubro, 18: inicio das sesións do VII concilio de Toledo, que aproba as medidas de Chindasvinto contra os nobres e decreta a excomuñón contra quen conspire contra o rei. Chindasvinto dita leis que pretenden igualar o marco legal de godos co resto da poboación.

novembro, 18: Chindasvinto e Reciberga doan libros ao mosteiro de Compludo segundo un privilegium (que ten sido cuestionado): un Psalterio, os “Diálogos” de Gregorio Magno, un Passionarium ou “Colección de Vidas de Santos” para a súa lectura pública o día do seu aniversario.

Frutuoso chega a Emerita pola vía romana que procedía de Bracara Augusta. Visita o mosteiro de Cauliana, en ruta cara o sur para fundar varios mosteiros en Lusitania e na Baetica (illa de Cádiz e Nono).

Abdullah ibn Saad reconquista Alexandría definitivamente e inicia a construción dunha flota propia por orden de Utman.

Gregorio o patricio, exarca de Africa, inicia unha rebelión contra Constante II e proclámase emperador, sendo apoiado pola poboación local.

Utman funda Jeddah, na costa do mar Vermello; establece un porto para que os peregrinos musulmáns poidan cumprir co rito do hajj en a Meca.

batalla de Nikiou: os musulmáns baixo Amr ibn al-‘As (15000) derrotan unha forza bizantina menor cerca de Nikiou, Exipto.

Kōtoku regula a construción de tumbas, interrompendo o vello costume de sacrificar xente en honor dos mortos e prohibe certos rituais de purificación.

unha gran reforma administrativa en Xapón pretende centralizar toda a administración desde o palacio Naniwa Nagara–Toyosaki, en Osaka, onde vive Kōtoku.

Xuanzang completa un libro sobre occidente, que será unha fonte esencial para o estudo de Asia central e India nesta época.


Radoaldo, duque de Benevento.

sábado, 15 de novembro de 2014

644

Corán do s. ix no Museo Británico
www.biografiasyvidas.com
Valentinus tenta usurpar o trono imperial; sen embargo, resulta linchado polo propio populacho.

Oswine, fillo de Osric de Deira, consegue afianzarse como rei de Deira, apoiado pola xente, co que o reino de Northumbria é novamente dividido.

novembro, 6: morre Umar I, gravemente ferido tres días antes na mesquita de Madinat por un escravo persa. No seu leito de morte designa un comité que elixirá o novo califa, que resulta ser Utman ibn Affan, dunha familia de a Meca, os omeyas.

existen, cando menos, catro edicións do Corán, con diferenzas abondo para provocar disputas e interpretacións diverxentes; Utman nomea unha comisión que prepara unha única versión oficial, obrigatoria para todos os musulmáns. As demais versións son destruídas. O Corán consta de 144 suras (capítulos) ordenadas pola súa lonxitude, desde a máis longa ata a máis breve, salvo a primeira, que é máis curta pero contén os dogmas fundamentais do islam.