|
arte-historia.com
interior de Apolinar o Novo |
Patricius e Hypatius,
cónsules.
batalla de Mons
Badonicus: “os romanos” (unha coalición de britanos e celtas) vencen os
anglosaxóns, contendo a penetración destes ás zonas interiores de Britannia. O ano é aproximado e o lugar
pode ser a zona de Bath. O líder xermano podería ser Aelle de Sussex ou Cerdic de
Wessex; o lider romano, segundo lendas posteriores, sería o que daría lugar
á lenda de Artús.
Britannia estaría xa dividida en sete reinos (heptarquía).
ao parecer, un grupo de emigrantes escotos parte de Dál Riata (norte de Hibernia), conducidos por Fergus Mor, e aséntase nas costas
occidentais de Caledonia, que tamén se considera parte do reino, polo que é coñecido
tamén como Dál Riata. Non sendo os primeiros escotos no lugar si
son os primeiros que logran unha organización alén do simplemente tribal. A
existencia histórica de Mor é cuestionable (Anais
de Tigernach)
o reino de Munster en Hibernia
pasara xa o seu período de maior apoxeo e agora divídese en dúas partes (Desmond,
norte e Thomond, sur) gobernadas por dúas ramas da familia real de
Munster (os Eoghan Mor): os MacCarthy en Desmond e os O'Brien
en Thomond.
constrúese o monumento coñecido como “pedras de Ale” en
Suecia.
o imperio chinés está gobernado pola dinastía Qi. Ao
norte, o reino bárbaro de Wei fai de protección frontes aos ataques de varios
pobos, especialmente os Yuan-Yuan. Ao sur o imperio chinés apoia ao reino Fu-nan
coa esperanza de que domine o reino de Shampa, pero os intentos resultan
infrutuosos.
Xuan Wu Di, novo emperador do norte.
aparecen os primeiros teóricos da literatura: Liu Xie
escribe o Dragón cravado no corazón da literatura, onde combate o preciosismo
e defende que o obxectivo da literatura é describir situacións e sentimentos
reais, á vez que proporciona criterios “obxectivos” para xulgar unha obra.
en Roma, e outros lados, xa non hai necesidade de
esconderse e cesan de producirse máis enterramentos en catacumbas.
Trasamundo casa con Amalafrida,
irmá viúva de Teodorico, que aporta
unha gran dote e unha tropa goda de elite de 5000 homes.
mercadores árabes establécense no norte de Etiopía.
Persia e India están conmocionadas polos hunos, se ben Khavad
está facéndose co control do imperio grazas á axuda dos propios hunos.
os cristiáns de Persia, Armenia e o reino árabe de Hira adoptan
o nestorianismo. Os nestorianos difunden novamente a cultura grega a Persia, antes
erradicada polos sasánidas.
aparece o mazdeísmo, creado por Mazdak, que propón unha doutrina semellante ao maniqueísmo, un modo
de vida ascético e comunista. Denuncia os intereses da nobreza e o poderío dos
sacerdotes, co que se gañou a animadversión de ambos sectores.
o declive huno en occidente tamén permite a expansión dos
eslavos, que asimilan parte dos invasores asiáticos e deixan de ser os campesiños
dóciles que foran baixo os cimerios, sármatas, godos e hunos. Mudan en
guerreiros, pero sen deixar as prácticas campesiñas. Mentres os xermanos só
eran guerreiros e escravizaban os traballadores dos territorios conquistados,
os eslavos conquistan un territorio e forman familias, labran a terra e absorben
os nativos.
colonizan lentamente o territorio dende os Balcáns ata as
actuais Rusia e Ucraína, e a poboación desas zonas “eslavízase” completamente.
ocupan territorios xunto ao Danubio e son a nova ameaza
bárbara para a pars orientis.
o clima, relativamente estable e favorable desde 300, empeza a cambiar no
este do Mediterráneo cara circunstancias máis desfavorables. É un cambio
gradual que cubre case un século. Secan as fontes e son cubertas por dunas de
area.
este cambio produce un desastre económico, xa que o sistema se basea na
agricultura, que comeza a colapsar en áreas que dependían da auga: as chuvias
decrecen e o aumento de anos de seca leva ao empobrecemento das terras, a fame
e o abandono de terras. A poboación volve a unha economía que se basea máis no
pastoreo. Este proceso afecta primeiro e máis directamente aos grandes
asentamentos. Os anos prolongados de seca e os factores políticos producen
cambios que terminan por causar o abandono final de moitos asentamentos.
nunha carta a un tal Xerome de Elusa,
amigo seu, Procopio de Cesarea describe
como as raíces das viñas están expostas ao aire por culpa dunha combinación de
seca e ventos inclementes en Gaza.
Roma non forma parte do imperio pero os seus habitantes
seguen a denominarse romanos. Constantinopla é a nova Roma, o latín é a lingua
administrativa inda que o poboación fala grego e as institucións eran as
tradicionais, modificadas pola adopción do cristianismo como relixión oficial.
a polémica máis importante á que sen enfronta Anastasius é a pugna entre catolicismo e
monofisismo. Exipto e Asia Menor, liderados polos patriarcas de Alexandría e Antioquía,
mudaron monofisitas para oporse ao patriarca de Constantinopla, e na capital o clero
estaba dividido. Desde un punto de vista político, o dilema era que apoiar o monofisismo
supuña conseguir a lealdade das provincias, pero tamén a ruptura con occidente
(totalmente católico) e, por conseguinte, cerraba as portas a unha posible
reconstrución do Imperio; por outra parte, apoiar o catolicismo podía facilitar
que a poboación occidental se puxera de parte dos exércitos imperiais se lograban
ocupar un territorio, pero a costa de perigosas tensións internas. Esta
alternativa non era moi prometedora, pois tamén estaba a rivalidade entre o papa
de Roma e o patriarca de Alexandría, rivalidade que non se resolvía inda que
ambas igrexas aceptaran a doutrina católica. Tal vez por iso Anastasius se
decantou polo monofisismo.
alguén, no norte de Italia, escribe o codex argenteus, unha versión da Biblia
traducida ao godo por Wulfila.
a polémica sobre as diferenzas teolóxicas vese
multiplicada por un fenómeno sociolóxico: en Constantinopla popularizáranse as carreiras
de carros. Ao inicio había dous equipos, que se distinguían polas cores das
súas traxes: os vermellos e os brancos, pero a medida que se popularizaban máis
creáronse dous equipos máis: os azuis e os verdes, que finalmente
foron maioritarios e eclipsaron os outros dous. Pero a rivalidade medrou tanto
que se estendeu á política e á relixión; os azuis eran católicos e os verdes
monofisitas.
cando Anastasius apoia o monofisismo atopa media cidade
descontenta, provocando motíns e disturbios, cada vez máis frecuentes.
os xudeus redactaron a Guemará babilónica, comentarios
á Mishná que deron lugar a unha
segunda versión do Talmud, polo que
se distingue entre o Talmud de Xerusalem
e o de Babilonia; este último o máis difundido e o que ten desempeñado un papel
principal na teoloxía xudía.
francos e burgundos libran unha batalla en Aedunense: Gundobado, sen saber do pacto segredo, contaba con reforzos de seu
irmán Godexiselo pero estes non
chegan e é derrotado. Gundobado consegue fuxir e chegar a Avignon. Mentres Clodoveo toma Lugdunum e Vienne. Tropas
de Teodorico móvense cara a Provenza para conter a Clodoveo.
onde e refuxia e consegue que Clodoveo acceda a
recoñecelo rei a cambio de pagarlle tributos.
Gundobado, presionado polo acercamento dos bispos a
Clodoveo, tamén se fai católico xunto co seu fillo Sexismundo. Pasan a gobernar xuntos.
Gundobado derrota a Godexiselo, que é axustizado.
Clodoveo
lexisla (lei sálica: un artigo nega que as mulleres poidan herdar terras, con
repercusións na historia posterior de Europa).
Bieito de Nursia, mozo da aristocracia, decide abandonar Roma, onde
estudara retórica, filosofía e dereito, para retirarse ao deserto de Subiaco,
en Italia, onde o monxe Román, lle impón os hábitos monásticos.
chega a Roma a vivir Dionisio Exiguo.
Alí, como membro educado da curia romana, traduce do grego ao latín 401 canons
eclesiásticos, incluíndo os canons apostólicos e os decretos dos concilios de
Nicea, Constantinopla, Chalcedonia e Sardis, e tamén unha colección das
decretais dos papas dende Siricius
ata Anastasius II. Estas coleccións
tiveron grande autoridade no oeste e inda guían as administracións
eclesiásticas. Dionisio tamén escribe un tratado de matemáticas elementais.
Beda e Félix fixeron del abade inda que Casiodoro,
amigo seu, di nas Institutiones que todavía era monxe ao final da súa
vida.
Fulxencio de Ruspe, de visita en Roma, di: “que marabillosa debe ter sido a Xerusalem do ceo,
cando esta cidade terreal brilla como o fai.” A vida de Roma non sufre gran
alteración: o senado reúnese regularmente e as grandes familias aristocráticas
manteñen en todo o seu estatus e as súas enormes propiedades; celébranse os
xogos no circo; o grao segue a ser distribuído coma sempre; florecen as escolas
e hai unha brillante vida cultural e social.
en Ravenna construción do
baptisterio ariano e de Apolinar o Novo.
setembro, fin: Teodorico I abandona Ravenna
e chega a Roma, onde entra triunfalmente. Publica o edictum theodorici regis, tratando de impor a lei romana a todos os seus
súbditos, independentemente da súa orixe étnica. Restaura a organización
política e administrativa da cidade (senado, prefecto da cidade, gobernadores
provinciais, e curias municipais).
o edictum theodorici regis era incluído pola maioría de autores dentro do dereito ostrogodo,
inda que algúns din que sería visigodo. Consta dun prólogo, 155 capítulos e epílogo e contén disposicións tomadas
do dereito romano tardoantiguo (códigos gregoriano, hermoxeniano e teodosiano).
xunto con outras leis da época xa se distancia do principio de
personalidade e se aproxima ao de territorialidade en canto á súa aplicación,
xa que debía ser observado tanto por “romanos” como “bárbaros”. Trata de
regular problemas territoriais nos lugares onde conviven romanos e bárbaros e
hai problemas de asentamento.
hai teorías distintas sobre a súa autoría. Ata 1953 supúñase que era obra
de Teodorico pero a partir de aí italianos coma Piero Rasi e Giulio Vismara
identifican ao rei coma Teodorico II. Álvaro d’Ors supón que é obra dun
gobernador ou prefecto do pretorio das Galias durante Teodorico II; quizás
Magno de Narbo, de quen se sabe que dictou normas xurídicas aos godos (segundo
Sidonio) e inda que contén costumes xermánicos, está fondamente xermanizado.
expansión das culturas de Perú.
enorme erupción do volcán Barú (Centroamérica).
fundación de Uxmal, cidade maia.